A cidade de Islamabad (en urdú ‏اسلام آباد que significa: "Cidade do Islam") é a capital de Paquistán. Está situada ao nordés do país, no Territorio da Capital Islamabad. Historicamente parte do territorio formaba parte da rexión do Punjab e outra parte de Khyber Pakhtunkhwa. Ten unha poboación de 1 151 868 habitantes (resultados preliminares do censo de 2011) [1].

Modelo:Xeografía políticaIslamabad
اسلام آباد‬‎ (ur) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoIslam e -abad Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 33°41′56″N 73°02′13″L / 33.6989, 73.0369
EstadoPaquistán
División administrativaTerritório da Capital Islamabad (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Paquistán (1966–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.014.825 (2017) Editar o valor en Wikidata (1.120,12 hab./km²)
Xeografía
Superficie906 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude490 m-620 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1960 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoSheikh Ansar Aziz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal44000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico051 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webislamabad.gov.pk Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5747818

Historia

editar

En 1958 decidiuse escoller unha comisión para elixir unha nova capital do novo estado que substituíra a Karachi a ao ano seguinte decidiuse por unha zona a 15 km ao nordés de Rawalpindi. Un grupo de urbanistas, baixo a dirección do grego Constantinos A. Doxiadis, foi encargado do deseño da nova urbe. O 24 de febreiro de 1960 [2] o goberno paquistaní decidiu darlle o nome de Islamabad e no ano 1961 comezaron as obras.

No ano 1967, Islamabad converteuse xa oficialmente na capital do Paquistán. En 1970 remataron os traballos de construción.

En outubro de ano 2005 a cidade viuse afectada polo terremoto que sacudiu o subcontinente indio.

Xeografía e clima

editar

Islamabad está situada no altiplano de Pothohar, a unha altura entre 457 m e 610 m, ao sur dos Altos de Margalla, a uns 15 km da cidade de Rawalpindi (antiga capital do país entre 1959 e 1968) e tamén cerca da de Gakhar.

O clima está en parte regulado por tres lagos artificiais (Rawal, Simli e Khanpur), mais é con todo un clima extremo, con veráns moi calorosos e con choivas monzónicas en xullo e agosto; os invernos son moi fríos con nevaradas frecuentes sobre os altos e máis raras na cidade. As temperaturas oscilan entre un mínimo de -3,9 °C en xaneiro e un máximo de 46,1 º no mes de xullo.

Demografía

editar
  • Censo de 1981 - 204.364 habitantes .
  • Censo de 1998 - 529.180 habitantes (censo oficial)
  • Cálculos para 2006 - 794.531 habitantes.
  • Resultados preliminares do censo de 2011 1 151 868 habitantes

Turismo

editar
  • Área Azul, o centro financeiro de Islamabad.
  • Avenida da Constitución.
  • Monumento Nacional, preto de Shakarparian.
  • Mesquita de Faisal, un dos monumentos emblemáticos de Islamabad's most; unha grande mesquita, agasallo do rei Faisal da Arabia Saudita.
  • Altos de Margalla, outeiros que arrodean a cidade.
  • Museo Lok Virsa.
  • Museo de Historia Natural do Paquistán.
  • Museo de Islamabad.
  • Galería Nacional de Arte.
  1. "Pak population increased by 46.9% between 1998 and 2011". The Times of India. 29 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2013. 
  2. Doxiadis, Constantinos. "Projects- Islamabad the Capital of Pakistan" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2007. Consultado o 8 de setembro de 2013. 
  NODES
multimedia 1
os 35
text 1
todo 2
web 1