Iván Romero

futbolista español

Iván Romero de Ávila Araque, coñecido como Iván Romero, nado en La Solana o 10 de abril de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Levante, da Segunda División.

Modelo:BiografíaIván Romero
Biografía
Nacemento10 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
La Solana, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formouse como futbolista nas canteiras do Albacete e do Sevilla. Na tempada 2019/20 debutou co Sevilla Atlético na Segunda División B, nun empate sen goles ante o Recreativo Granada, e na seguinte campaña subiu definitivamente ao filial, pechando o campionato con 12 goles.[1]

O 15 de agosto de 2021 produciuse a súa estrea co primeiro equipo do Sevilla na Primeira División, substituíndo a Fenando nos minutos finais dunha vitoria por 3-0 sobre o Rayo Vallecano.[2][3]

Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Tenerife, da Segunda División.[4] Marcou o seu primeiro gol na categoría o 24 de setembro, nun empate a dous goles contra a Ponferradina. Foi un habitual nos onces titulares de Ramis e completou a tempada cun total de 35 encontros e 5 goles.

En agosto de 2023 asinou por tres anos co Levante, tamén de Segunda.[5]

  1. "Recreativo Granada - Sevilla Atlético (0-0): Un punto y muy poca fe" (en castelán). 26 de outubro de 2024. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  2. "El 'calor' del Sevilla". Marca (en castelán). 16 de agosto de 2021. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  3. "Iván Romero y Fran García debutan en Primera" (en castelán). 16 de agosto de 2021. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  4. "IVÁN ROMERO SE MARCHA CEDIDO AL CD TENERIFE" (en castelán). 31 de agosto de 2022. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  5. "El Levante UD apuntala su delantera con Iván Romero" (en castelán). 12 de agosto de 2023. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  NODES
todo 1