Jaime de Armiñán

Jaime de Armiñán Oliver, nado en Madrid o 9 de marzo de 1927 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 2024,[1] foi un escritor, novelista, autor teatral, director e guionista de cinema e televisión español.

Modelo:BiografíaJaime de Armiñán

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) J’aime de Armiñán Oliver Editar o valor en Wikidata
9 de marzo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 2024 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, dramatic game (en) Traducir, dirección de cine e realização de televisão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, dramaturgo, escritor, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElena Santonja (1956–2016), morte Editar o valor en Wikidata
FillosEduardo Armiñán Santonja Editar o valor en Wikidata
PaisLuis de Armiñán Editar o valor en Wikidata  e Carmen Oliver Cobeña Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0035529 Allocine: 56622 Allmovie: p87008
BNE: XX870496 Dialnet: 505870 Discogs: 3793104 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Armiñán naceu no seo dunha familia de artistas, políticos e escritores. A súa avoa e a súa nai foron respectivamente as actrices Carmen Cobeña e Carmita Oliver; o seu avó materno o dramaturgo e escultor Federico Oliver; o seu avó paterno, o político Luis Armiñán Pérez e o seu pai o xornalista e gobernador civil Luis de Armiñán Odriozola.[2] Educado no Colegio Estudio,[3] licenciouse en dereito pola Universidade de Madrid.

Os seus primeiros pasos no mundo da arte foron como redactor de artigos en publicacións como Fotos e Dígame, á vez que escribía as súas primeiras obras de teatro, Eva sin manzana (1953), coa que gañou o premio Calderón de la Barca, Sinfonía acabada (1955) ou Nuestro fantasma (1956), que recibiu o premio Lope de Vega.

Comezou no mundo da televisión desde as súas primeiras emisións en 1957, e foiun dos principais responsables de programas de ficción durante case dúas décadas. Tamén escribiu guións para o cinema, sobre todo co director José María Forqué, como os de La becerrada (1962) ou Yo he visto la muerte (1965).

A finais da década dos sesenta, Armiñán debutou como director cinematográfico con Carola de día, Carola de noche (1969), e foi consolidando o seu propio estilo ata estrear Mi querida señorita (1971), filme escrito xunto a José Luis Borau, que foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. O filme aborda o tema do amor heterodoxo e as vidas marxinais, elementos comúns ao longo da súa filmografía e que se repetiron en filme como El amor del capitán Brando (1974), Al servicio de la mujer española (1978), El nido (1980), de novo candidata ao Óscar, ou Stico (1984), filme en que se expón o conflito dun catedrático de dereito romano que, incapaz de vivir con certa autonomía a súa vida diaria, se ofrece como escravo a un dos seus peores alumnos.

A finais da década de 1980 volveu á televisión con series populares e de éxito como Juncal (1988) e Una gloria nacional (1992), interpretadas por Francisco Rabal. Despois de rodar Al otro lado del túnel (1994), que supuxo a despedida do cinema de Fernando Rey, e El palomo cojo (1995), regresou á dirección en 2008 con 14, Fabian Road, que protagonizaron Julieta Cardinali, Ana Torrent e Ángela Molina e que apenas tivo percorrido comercial.

Continuou o seu labor como articulista, principalmente nos xornais ABC e El Mundo.[4][5][6][7]

Vida persoal

editar

En 1956 casou con Elena Santonja (1932-2016), que foi a presentadora de televisión do popular programa gastronómico Con las manos en la masa na segunda metade dos anos oitenta, e coa que tivo tres fillos, Álvaro (1959), Eduardo (1962) e Carmen. Álvaro e Eduardo tamén son profesionais da dirección no cinema e na televisión.[8] A súa cuñada Carmen Santonja foi unha das integrantes dol dúo musical Vainica Doble.

Filmografía

editar
Ano Filme Director Guionista Notas
2008 14, Fabian Road Si Si
1995 El palomo cojo Si Si
1994 Al otro lado del túnel Si Si
1991 El día que nací yo Si Dirixido por Pedro Olea
1989 Juncal Si Si Serie de televisión
1987 Mi general Si Si
1985 La hora bruja Si
1984 Stico Si
1982 En septiembre Si Si
1980 El nido Si Si
1978 Al servicio de la mujer española Si Si
1977 Nunca es tarde Si Si
1976 El bengador gusticiero y su pastelera madre Si Dirixido por Antonio Fraguas
1975 Jo, papá Si Si
1974 El amor del capitán Brando Si Si
1973 Un casto varón español Si
1972 Mi querida señorita Si Si
1970 La Lola, dicen que no vive sola Si
1969 Carola de día, Carola de noche Si Si
1968 Solos los dos Si Dirixido por Luis Lucia Mingarro
1967 Un diablo bajo la almohada Si Dirixido por José María Forqué
1967 Yo he visto a la muerte Si Dirixido por José María Forqué
1965 Whisky y vodka Si Dirixido por Fernando Palacios
1964 La muerte viaja demasiado Si Dirixido por José María Forqué
1964 Piso de solteros Si Dirixido por Alfonso Balcázar
1964 Tengo 17 Años Si Dirixido por José María Forqué
1964 Playa de Formentor Si Dirixido por Germán Llorente
1963 El juego de la verdad Si Dirixido por José María Forqué
1963 La becerrada Si Dirixido por José María Forqué
1962 El secreto de Mónica Si Dirixido por José María Forqué

Obra literaria

editar
  1. Javier Zurro (10 de abril de 2024). "Muere el director de cine Jaime de Armiñán a los 97 años". elDiario.es (en castelán). 
  2. "Cine de la Flor: Cine multiuso". Diario ABC. 2 de agosto de 1998. Consultado o 2 de decembro de 2012. 
  3. "15 - Curso 2008/2009 - Centenario de Carmen García del Diestro (1908/2001)". Biblioteca Colegio Estudio. 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2016. 
  4. "Carmita Oliver". Diario ABC. 27 de marzo de 1991. Consultado o 2 de decembro de 2012. 
  5. "Chinorris". Diario ABC. 5 de maio de 1993. Consultado o 2 de decembro de 2012. 
  6. "Cine de la Flor: La Carbonerita". Diario ABC. 19 de marzo de 1993. Consultado o 2 de decembro de 2012. 
  7. "Cine de la Flor: La película de la semana". Diario ABC. 8 de setembro de 1997. Consultado o 2 de decembro de 2012. 
  8. ""Las cámaras también tienen las patas negras y dan cornadas"". Diario ABC. 4 de maio de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2012. 
  9. Biografía del circo
  10. Juncal
  11. Cine de la flor
  12. Diario en blanco y negro
  13. La dulce España
  14. Catalina Buezo (Ed.), Eva sin manzana / La señorita / Mi querida señorita / El nido, Jaime de Armiñán, Madrid, Cátedra, Letras Hispánicas, 2003.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 2