Jean Negulesco
Jean Negulesco ou Jean Negulescu, nado o 26 de febreiro de 1900 en Craiova, (Romanía) e finado o 18 de xullo de 1993 en Marbella (España), foi un director e guionista de cine de orixe romanés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1900 Craiova, Romanía (pt) |
Morte | 18 de xullo de 1993 (93 anos) Marbella, España |
Educación | Carol I National College (en) |
Actividade | |
Ocupación | guionista, pintor, director de cinema, actor, realizador |
Familia | |
Cónxuxe | Dusty Anderson (1946–1993) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarNado en Romanía trasladouse en 1915 a Viena e catro anos despois a Bucarest onde comezou a adicarse á pintura e incluso chegou a traballar como decorador de escenarios en París.
En 1927 trasladouse a Nova York co gallo dunha exposición da súa obra e quedou a vivir alí.
No ano 1934 comezou a traballar na industria do cine, primeiro coma artista de sketches e máis tarde coma produtor executivo. Poucos anos despois comezou a súa carreira de director e guionista.
A primeira película que dirixiu foi Singapore Woman no ano 1941.
En 1948 foi nomeado aos Premios Oscar por Belinda. Non gañaría a estatuilla, porén si a acadaría a actriz protagonista do filme, Jane Wyman.
En 1955 gañou o Premio BAFTA á mellor película por Cómo casarse con un millonario, con Marilyn Monroe e Lauren Bacall.
A finais da década de 1960 trasladouse a vivir a Marbella, onde morreu a causa dun infarto.
Escribiu unha autobiografía titulada Thins I did and things I thing I did.
Filmografía
editar- Singapore Woman (1941)
- The Mask of Dimitrios (1944)
- The Conspirators (1944)
- Three Strangers (1946)
- Nobody Lives Forever (1946)
- Humoresque (1946)
- Deep Valley (1947)
- Road House (1948)
- Johnny Belinda (1948)
- The Forbidden Street (1949)
- Under My Skin (1950)
- Three Came Home (1950)
- Take Care of My Little Girl (1951)
- The Mudlark (1951)
- Lydia Bailey (1952)
- Lure of the Wilderness (1952)
- Phone Call from a Stranger (1952)
- Scandal at Scourie (1953)
- Titanic (1953)
- How to Marry a Millionaire (1953)
- Three Coins in the Fountain (1954)
- Woman's World (1954)
- The Rains of Ranchipur (1955)
- Papá pernas longas (1955)
- The Dark Wave (1956)
- A serea e o delfín (1957)
- A Certain Smile (1958)
- The Gift of Love (1958)
- Count Your Blessings (1959)
- The Best of Everything (1959)
- Jessica (1962)
- The Pleasure Seekers (1964)
- Hello-Goodbye (1970)
- The Invincible Six (1970)