Jerry Rice
Jerry Lee Rice, nado en Starkville (Mississippi) o 13 de outubro de 1962, é un ex xogador profesional de fútbol americano, que competiu como wide receiver na National Football League entre 1985 e 2005, principalmente para os San Francisco 49ers. Tamén xogou para os Oakland Raiders (2001–2004), os Seattle Seahawks (2004) e, aínda que en 2005 asinou polos Denver Broncos non chegou a debutar. En agosto de 2006 os 49ers volvérono contratar para un partido a modo de homenaxe, no cal foi retirado o seu dorsal 80.
(2010) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1962 (62 anos) Starkville, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Moor High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de fútbol americano, autor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1985 - 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Compañeiro profesional | Willie Totten (pt) : Satellite Express (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Wide receiver (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Jerry Rice, Jr, Brenden Rice | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | jerryricefootball.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarRice posúe récords en case todas as categorías estatísticas para xogadores da súa posición, incluíndo o de recepcións, recepcións de touchdown e iardas de recepción. Alén diso, anotou máis puntos que calquera outro xogador da historia (sen contar a posición de kicker) con 1.256. Foi escollido para a Pro Bowl en trece ocasións (1986–1996, 1998, 2002) e nomeado All-Pro en doce das súas vinte temporadas. Tamén posúe tres aneis de campión da Super Bowl. Alén diso posúe máis de 100 récords da NFL, máis que ningún outro xogador na historia por unha ampla marxe de diferenza. Seleccionado para o Pro Football Hall of Fame en 2010 e o College Football Hall of Fame en 2006, está considerado como un dos mellores wide receivers da historia do fútbol americano, senón o mellor.[1]
Notas
editar- ↑ "Jerry Rice". Encyclopædia Britannica. Consultado o 5 de febreiro de 2019.
whom many consider the greatest wide receiver in the history of the National Football League
.