Jesús González Guisande
Jesús González Guisande, nado en Vigo o 6 de xaneiro de 1959 e finado o 3 de setembro de 2017, foi un remeiro galego, que competiu en dous Xogos Olímpicos (Moscova 1980 e Os Ánxeles 1984).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1959 Vigo, España |
Morte | 3 de setembro de 2017 (58 anos) |
Actividade | |
Ocupación | remeiro |
Deporte | remo |
Participou en | |
1984 | rowing at the 1984 Summer Olympics – men's quadruple sculls (en) |
1980 | rowing at the 1980 Summer Olympics – men's quad sculls (en) |
Traxectoria
editarComezou a remar no Liceo Marítimo de Bouzas, pasando logo ao Club Natació Banyoles.[2] En 1978 en Mequinensa gañou os seus dous primeiros Campionatos de España absolutos, un deles no dobre scull xunto a Fernando Climent e outro na modalidade de oito con temoneiro.[3] Revalidou o título de oito en 1979, 1981, 1982 e 1984. Foi tamén campión de España de skiff en 1981; de catro con temoneiro en 1983 e 1984; de catro sen temoneiro en 1983 e de catro scull en 1986 e 1987; ademais de subir en numerosas ocasións máis ao podio.[3]
En 1980 disptuou os seus primeiros Xogos Olímpicos, os celebrados na capital soviética, Moscova. Fíxoo na proba do catro scull, xunto a Joan Solano, Manuel Vera e Julio Oliver, e acadou a quinta praza final, e con ela o diploma olímpico.[4] Repetiu participación na seguinte cita olímpica, Os Ánxeles 1984, co mesmo equipo excepto Solano, que foi substituído por Luis Miguel Oliver. Conseguiu de novo un diploma olímpico, sendo o seu resultado desta vez a sexta praza.[5]
Notas
editar- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ Cobas, Franco (4 de setembro de 2017). "La última regata hacia el cielo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Campionatos de España de Remo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Rowing at the 1980 Moskva Summer Games: Men's Quadruple Sculls". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Rowing at the 1984 Los Angeles Summer Games: Men's Quadruple Sculls". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do remeiroen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinalArquivado 18 de abril de 2020 en Wayback Machine. (en inglés).
- Datos do remeiro Arquivado 06 de agosto de 2021 en Wayback Machine. no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo (en inglés).