Johann Friedrich Blumenbach
Johann Friedrich Blumenbach, nado o 11 de maio de 1752 e finado o 22 de xaneiro de 1840, foi un antropólogo, médico e psicólogo alemán. Foi o creador da chamada antropoloxía física, que se ocupaba do estudo a morfoloxía dos diversos grupos humanos segundo o método da anatomía comparada.
Obra
editarAntropoloxía física
editarUnha das súas principais contribucións á antropoloxía clásica consistiu na defensa da teoría da unidade da especie humana fronte á posición científica predominante na época que postulaba a existencia dunha variedade de especies animais segundo as características morfolóxicas propias dos diferentes pobos.
Blumenbach afirmaba que había unha única orixe etolóxica, estando a especie humana con todo conformada por cinco divisións principais segundo os distintos pobos: caucásicos, mongoloides, malaios, americanos e etíopes ou negroides. Estas divisións estaban relacionadas segundo Blumenbach con determinadas características tanto físicas como psicolóxicas. Para a realización deste estudo baseouse na análise craneométrica de individuos pertencentes a poboacións diversas.
Os seus resultados recóllense na obra máis representativa deste autor: Collectionis suae craniorum diversarum gentium illustratae decades. Outra das súas obras máis significativas constituíu a súa tese doutoral en Antropoloxía, a cal recibía o nome de De generis humani varietate nativa.
Anatomía e bioloxía do desenvolvemento
editarA concepción de Blumenbach da anatomía comparada senta as bases da morfoloxía transcendental: a concepción holista do organismo, o interese pola organización interna, polas relacións entre estrutura e función etc.
Blumenbach introduciu o concepto de Bildungstrieb ("forza formadora") para dar conta do desenvolvemento dos animais
Publicacións
editar- 1783-1788 : Medicinische Bibliothek (Göttingen : J. C. Dieterich)
- 1786 : Institutiones physiologicae (Göttingen : J. C. Dieterich)
- 1786 : Introductio in historiam medicinae litterariam (Göttingen : J. C. Dieterich)
- 1787 : D. Jo. Frid. Blumenbachii,... de Nisu formativo et generationis negotio nuperae observationes (Göttingen : J. C. Dieterich)
- 1788 : D. Jo. Frid. Blumenbachii,... Commentatio de vi vitali sanguinis, recitata in consensu sollenni Soc. reg. scientiar. inter semisaecularia Academiae (Göttingen : J. C. Dieterich)
- 1788 : Synopsis systematica scriptorum quibus inde ab inauguratione Academiae Georgiae Augustae d. 17 sept. 1737 usque ad sollemnia istius inaugurationis semisaecularia 1787 disciplinam suam augere et ornare studuerunt professores medici gottingenses, digessit et edidit Jo. Fr. Blumenbach (Göttingen : J. C. Dieterich)
- 1790 : Jo. Frid. Blumenbachii,... Decas I (-VI) collectionis suae craniorum diversarum gentium illustrata (Göttingen : J. C. Dieterich)
- 1795 : De Generis humani varietate nativa (Göttingen : Vandenhoek et Ruprecht)
- 1796-1805 : Abbildunge naturhistorischer Gegenstände (Göttingen : J. H. Dieterich)
- 1798 : Über die natürlichen Verschiedenheiten im Menschgeschlechte... (Leipzig : Breitkopf et Härtel)
- 1803 : Specimen archoeologiae telluris terrarumque imprimis Hannoveranarum (Göttingen : H. Dieterich)
- 1803 : Manuel d'histoire naturelle, traduit de l’allemand par François Artaud de Soulange (deux volumes, Metz : Collignon)
- 1805 : Handbuch der vergleichenden Anatomie (Göttingen : H. Dieterich)
- 1806 : Vergleichende Anatomie und Physiologie den Verdauungswerkzeuge der Säugethiere und Vögel (Berlin)
- 1807 : Geschichte und Beschreibung der Knochen des menschlichen Körpers. Zweyte sehr vermehrte Ausgabe (Göttingen : H. Dieterich)
- 1807 : A Short System of comparative anatomy traduit par William Lawrence (1785-1867) (Londres : Longman, Hurst, Rees et Orme)
- 1808 : Specimen historiae naturalis, antiquae artis operibus illustratae, eaque vicissim illustrantis (Göttingen : H. Dieterich)
- 1810 : Abbildunge naturhistorischer Gegenstände (Göttingen : H. Dieterich)