John Wesley Harding

John Wesley Harding é o oitavo álbum do músico estadounidense Bob Dylan, publicado o 27 de decembro de 1967 a través do selo Columbia Records. Producido por Bob Johnston, o disco marcou o regreso de Dylan á música acústca e as súas raíces tradicionais, despois de tres traballos de rock eléctrico. John Wesley Harding comparte moitos toques estilísticos, e foi gravado no mesmo tempo, que as prolíficas series de gravacións caseiras realizadas con The Band, que finalmente serían editadas en 1975 como The Basement Tapes.

John Wesley Harding
Álbum de Bob Dylan
Publicado27 de decembro de 1967
Gravaciónoutubro - novembro de 1967
Duración38:24
Xénero(s)folk rock, country
Selo(s)Columbia Records
ProdutorBob Johnston
Cronoloxía
Bob Dylan's Greatest Hits John Wesley Harding Nashville Skyline
Na rede
Spotify: 2KzCDxKpgLqBffHu1IZ7Kn Discogs: 4129 Allmusic: mw0000189848 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John Wesley Harding foi excepcionalmente ben reciido pola crítica e conseguiu boas vendas, acadando o número 2 nas listas estadounidenses e o número 1 nas británicas. Menos de tres meses despois do seu lanzamento o álbum foi certificado ouro pola RIAA. "All Along the Watchtower" converteuse na súa canción máis popular tras ser versionada por Jimi Hendrix o ano seguinte.

Listaxe de cancións

editar

Todos os temas compostos por Bob Dylan.

Cara 1
  1. "John Wesley Harding" – 2:58
  2. "As I Went Out One Morning" – 2:49
  3. "I Dreamed I Saw St. Augustine" – 3:53
  4. "All Along the Watchtower" – 2:31
  5. "The Ballad of Frankie Lee and Judas Priest" – 5:35
  6. "Drifter's Escape" – 2:52
Cara 2
  1. "Dear Landlord" – 3:16
  2. "I Am a Lonesome Hobo" – 3:19
  3. "I Pity the Poor Immigrant" – 4:12
  4. "The Wicked Messenger" – 2:02
  5. "Down Along the Cove" – 2:23
  6. "I'll Be Your Baby Tonight" – 2:34
  NODES
Todos 1