José Ferreiro Pardiñas
político galego
José Ferreiro Pardiñas, nado en 1947 e finado en Oza-Cesuras o 21 de febreiro de 2008, foi un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 |
Morte | 21 de febreiro de 2008 (60/61 anos) Oza-Cesuras, España |
Alcalde | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Unión de Centro Democrático Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarEnxeñeiro técnico agrícola. En novembro de 1975 foi nomeado alcalde do Concello de Cesuras.[1] Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD á alcaldía de Cesuras e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como rexedor nas sucesivas eleccións, co CDS ata 1991 e despois polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. Nas eleccións xerais de 1989 foi candidato do CDS ao Senado, pero non resultou elixido.
Faleceu por mor dun cancro.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 1-11-1975, p. 31.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Falece Ferreiro Pardiñas, un dos alcaldes decano de Galicia con máis de 30 anos na alcaldía de Cesuras (A Coruña)" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe, 21 de febreiro de 2008.
Predecesor: ? |
Alcalde de Cesuras 1975 - 2008 |
Sucesor: Julián Lucas Ramírez |