José Jesús Ramos Ledo
José Jesús Ramos Ledo, nado en Taboada o 28 de abril de 1944, é un mestre,[1] e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1944 (80 anos) Taboada, España |
Alcalde de Taboada | |
1987 – xullo de 2009 (dimisión) – Ramiro Moure Ansoar → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Premios | |
|
Traxectoria
editarMestre, foi director do CPI de Taboada durante 32 anos. Foi tamén director da Cooperativa A Medela e Presidente do Taboada C.F., cargos que ostentaba simultaneamente (xunto co de director do colexio) e que abandonou cando accedeu por primeira vez á alcaldía.
En 1983 presentouse ás eleccións municipais en Taboada encabezando a lista de Coalición Galega, que foi a máis votada conseguindo seis concelleiros, pero unha coalición entre Alianza Popular e o PSOE facilitou a alcaldía para Alianza Popular. En 1987 presentouse por Alianza Popular, obtendo oito concelleiros, a maioría absoluta e a alcaldía. Repetiu a maioría absoluta nas sucesivas eleccións presentándose polo PPdeG. Foi deputado provincial encargado de Educación e Deporte durante máis de oito anos.
En 2002 foi denunciado polo voceiro socialista no consistorio por falsidade documental e ocultación de información,[2] sendo xulgado en 2006.[3]
En xullo de 2009 renunciou á alcaldía para ser Xefe territorial da Consellería de Educación na provincia de Lugo, sendo sucedido por Ramiro Moure.[4] En xuño de 2013 abandonou a presidencia da agrupación local do PP[5] e en 2014 xubilouse.[6]
Predecesor: Antonio García Fontao |
Alcalde de Taboada 1987 - 2009 |
Sucesor: Ramiro Moure Ansoar |
Premios
editar- 2021: Billó de Ouro
Notas
editar- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Ramos Ledo, José Jesús". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 477. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "El alcalde de Taboada se cree atrapado en una campaña para judicializar la política". 1/7/2002. Consultado o 1/3/2021.
- ↑ "Juzgado el alcalde de Taboada por falsedad y ocultación de información". 11/1/2006. Consultado o 1/3/2021.
- ↑ "Ramiro Moure fue elegido nuevo alcalde de Taboada tras la renuncia de José Ramos en un pleno emotivo". 7/7/2009. Consultado o 1/3/2021.
- ↑ "Ramos Ledo deja paso a una nueva directiva del PP local el 29 de junio". 11/5/2013. Consultado o 1/3/2021.
- ↑ "Comida de despedida para Ramos Ledo". 2/10/2014. Consultado o 1/3/2021.