José María Eiros

doutor e microbiólogo galego


José María Eiros Bouza, nado en Mondoñedo o 26 de marzo de 1959, é un microbiólogo e doutor galego, que brevemente foi tamén político.

Modelo:BiografíaJosé María Eiros
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Valladolid (en) Traducir

Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, microbiólogo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De mozo, foi facer o bacharelato ao colexio dos xesuítas de Valladolid, e na universidade desa cidade licenciouse, e despois doutorouse en Medicina e Cirurxía. Dá clase na Universidade de Valladolid, e traballa ao mesmo tempo como microbiólogo no hospital universitario desa cidade, do que chegou a ser xerente.

Formou parte da candidatura do Partido Popular ao Congreso dos Deputados pola provincia de Valladolid nas eleccións xerais de 2015, e saíu elixido[1]. Porén, foi unha lexislatura que non chegou a arrincar propiamente, dado que non se conseguiu formar goberno, e cesou do seu escano como deputado só uns meses máis tarde, na primavera de 2016. Non repetiu como candidato nas listas do PP nos comicios que seguiron[2].

Ademais ten autoeditadas unha serie de obras humorísticas en verso[3], ilustradas por unha compañeira de hospital, compostas en letrilla castellana, ademais de monografías da súa especialidade médica.

  • Vacuna desde la cuna (2015)
  • Gestor con sentido del humor (2015)
  • Asómate a Harambee (2015)
  • Sonría su señoría (2016)
  • Cuestiones esenciales en enfermedades infecciosas (2016)
  1. "Ficha de JM Eiros na web do Congreso dos Deputados". Congreso dos Deputados. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. 
  2. Casanova, Jorge (2019-01-08). ""Si soy algo, soy gallego"". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-01-08. 
  3. López, Carmen M. "“Ser gestor implica tener buen humor, superpoderes y... ¡algo de chispa!”". Gaceta Médica (en castelán). Consultado o 2019-01-08. 
  NODES
todo 1