José Pedro Pérez-Llorca
José Pedro Pérez-Llorca Rodrigo, nado en Cádiz o 30 de novembro de 1940 e finado en Madrid o 6 de marzo de 2019, foi un político, diplomático e xurista español, un do sete pais da actual Constitución española.[1]
Traxectoria
editarTrasladado coa familia a Madrid, alí cursou os seus estudos secundarios e licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense con premio extraordinario fin de carreira. Complementou os seus estudos en diversos países europeos o que lle permitiu ingresar na carreira diplomática e, máis tarde, acceder por oposición ás Cortes Xerais como letrado.
Integrouse na Unión de Centro Democrático (UCD). Na lexislatura constituínte foi escolleito polo seu partido como un dos sete poñentes constitucionais. Posteriormente, Adolfo Suárez nomeouno na I Lexislatura sucesivamente ministro da Presidencia, ministro de Administración Territorial en 1980 e, ese mesmo ano, nunha nova remodelación do goberno, ministro de Asuntos Exteriores, cargo que ocupou tamén tras o errado golpe de estado de 1981 co goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo e até a vitoria electoral do Partido Socialista Obreiro Español no outono de 1982. Foi deputado no Congreso desde 1977 até 1982.
A fin da UCD levoulle a abandonar a actividade política, dedicándose á súa profesión como avogado. Tamén participou en diversas empresas nacionais e internacionais como socio, accionista ou conselleiro (Kuwait Petroleum, Iberia, Loewe), compaxinando dita actividade coa de profesor encargado de Dereito Constitucional na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense de Madrid. Foi doutor honoris causa pola Universidade Nacional de Educación a Distancia en 1991 por ser un do sete relatores, chamados pais da Constitución española de 1978, así como da Universidade Europea e a Universidade Pontificia Comillas en 2018. En outubro de 2012 foi elixido presidente do Padroado do Museo del Prado.[2]
Foi fundador do bufete de avogados Pérez-Llorca.[3] Colaborou coa organización católica Lexionarios de Cristo.[4][5] A súa filla Carmen foi deputada na Asemblea de Madrid e ocupou diferentes cargos durante os gobernos de Esperanza Aguirre.[6]
Distincións honoríficas
editar- Doutor Honoris causa pola UNED (1991)
- Fillo Predilecto da provincia de Cádiz (2013)[7]
- Doutor Honoris Causa pola Universidade Europea (2018)
- Doutor Honoris Causa pola Universidade Pontificia Comillas (2018)[8]
Notas
editar- ↑ Anabel Díez (6 de marzo de 2019). "Muere José Pedro Pérez-Llorca, uno de los padres de la Constitución a los 78 años". Consultado o 6 de marzo de 2019.
- ↑ El Mundo. "Pérez-Llorca, nuevo presidente del Real Patronato del Museo del Prado". Consultado o 25 de octubre de 2012.
- ↑ Carlos García-León (2 de octubre de 2012). "El despacho Pérez-Llorca llega a la milla de oro de los bufetes" (en castelán). Consultado o 11 de enero de 2016.
- ↑ Millán, Agustín (6 de marzo de 2019). "Muere José Pedro Pérez-Llorca, uno de los padres de la Constitución". diario16.com.
- ↑ Melgar, Ricardo (2012). "Los legionarios de Cristo: Red pederasta, poder y corporación empresarial transnacional". IIPSI (en castelán) (Universidad Nacional Mayor de San Marcos) 15 (2): 269. ISSN 1560-909X.
- ↑ Campos, Miguel Ángel (15 de marzo de 2012). "El Ministerio de Economía nombra asesor al hijo menor de Esperanza Aguirre". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2023.
- ↑ Parrilla Amador, Margarita; Pulido Polo, Marta (2016). "Los títulos de “Hijo predilecto” e “Hijo adoptivo”, la historia local de las provincias andaluzas". Estudios Institucionales (Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia) 3 (5): 89–100. ISSN 2386-8694. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2020. Consultado o 07 de agosto de 2023.
- ↑ Universidad Pontificia Comillas: "Doctores Honoris Causa".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Pedro Pérez-Llorca |
Ligazóns externas
editar- Ficha biográfica en la UNED.
- Despacho de abogados Pérez-Llorca Arquivado 07 de xullo de 2023 en Wayback Machine..
- España está ya fracturada Artículo en el ABC.
Predecesor: José Manuel Otero Novas |
Ministro da Presidencia 6 de abril de 1979-3 de maio de 1980 III Goberno Suárez |
Sucesor: Rafael Arias-Salgado Montalvo |
Predecesor: Antonio Fontán |
Ministro de Administración Territorial 3 de maio de 1980 - 9 de setembro de 1980 (III Goberno Suárez) |
Sucesor: Rodolfo Martín Villa |
Predecesor: Marcelino Oreja Aguirre |
Ministro de Asuntos Exteriores 9 de setembro de 1980 - 1 de decembro de 1982 (III Goberno Suárez e Gobierno Calvo-Sotelo) |
Sucesor: Fernando Morán López |