José Solís Ruiz

político español


José Solís Ruiz, nado en Cabra (Córdoba) o 27 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 30 de maio de 1990, foi un político español.[1]

Modelo:BiografíaJosé Solís Ruiz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Cabra, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 1990 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España
11 de decembro de 1975 – 3 de xullo de 1976
← Fernando Suárez González (pt) TraducirÁlvaro Rengifo →
Q5938894 Traducir
13 de xuño de 1975 – 11 de decembro de 1975
← Fernando Herrero Tejedor (en) TraducirAdolfo Suárez →
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
← José Utrera Molina, Fernando Herrero Tejedor (en) Traducir, Fernando Suárez González (pt) TraducirAdolfo Suárez, Álvaro Rengifo →
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 – Torcuato Fernández-Miranda, Enrique García-Ramal (pt) Traducir →
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
← José Luis Arrese (pt) Traducir
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 2 de xullo de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 1 de xuño de 1961
Q5938894 Traducir
25 de febreiro de 1957 – 29 de outubro de 1969
← José Luis Arrese (pt) TraducirTorcuato Fernández-Miranda →
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 15 de maio de 1958
← José Luis Arrese (pt) Traducir
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Civil governor of Gipuzkoa (en) Traducir
8 de xuño de 1951 – 7 de setembro de 1951
← Francisco Sáenz de Tejada y Olózaga (en) TraducirTomás Garicano Goñi (pt) Traducir →
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 23 de marzo de 1949
Gobernador civil da provincia de Pontevedra
15 de xullo de 1948 – 8 de xuño de 1951
← Luis Ponce de León CabelloElías Palao Martialay →
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949
Gobernador civil
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, militar, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1189138

Traxectoria

editar
 
Solís xunto a Franco, en 1950.

Fillo de Felipe Solís Villechenous —alcalde de Cabra durante a ditadura de Primo de Rivera— e Eduarda Ruiz Luna.[2] Realizou estudos de dereito nas universidades de Deusto e Valladolid.[3]

«Camisa vieja» de Falange,[4] chegou a tomar parte na guerra civil en apoio do bando sublevado.[3] Durante o conflito alcanzou o grao de alférez provisional. Ao rematar a guerra ingresou por oposición na Secretaría Técnica Sindical, onde ocupou a praza de secretario da sección sindical central do Sindicato Nacional del Metal.[5] Formou parte do Corpo Xurídico Militar,[6] no que ingresou mediante oposición. Como tal actuou como fiscal no xuízo celebrado en 1941 contra un grupo de anarquistas membros do maquis, aos que Solís acusou de sabotaxe e de querer restaurar a República; finalmente foron condenados a morte e executados.[7] En 1944 incorporouse como secretario á Vicesecretaría xeral de Ordenación Social,[5] organismo de Falange encargado das cuestións sindicais, entre outras. A pesar de que tecnicamente era un falanxista «camisa vieja», Solís fixo boa parte da súa carreira profesional como oficial xurídico do Exército e como burócrata da administración sindical, polo que tivo pouco contacto co movemento fascista orixinal.[8]

Rol nos sindicatos

editar

En 1946 designárono procurador das Cortes franquistas,[9] posición que mantivo durante case toda a ditadura, ata decembro de 1975.[10] Durante ese ano, 1946, desde o seu cargo na Vicesecretaría xeral de Ordenación Social organizou as primeiras eleccións sindicais e tamén o primeiro Congreso Nacional de Trabajadores.[11]

En xullo de 1948 nomeárono gobernador civil de Pontevedra, cesando en 1951 e pasando a ser gobernador civil de Guipúscoa.[12]

Ten escrito unha granc cantidade de folletos; entre outros, os seguintes:

  • 1955, Nuestro sindicalismo. Madrid.[13]
  • 1959, Nueva convivencia española. Madrid.[13]
  • 1961, José Antonio: actualidad de su doctrina.[13]
  • 1963, La gran realidad de nuestro fuero del trabajo. Madrid.[13]
  • 1975, España. Su Monarquía y su futuro. Barcelona.[13]
  1. "José Solís Ruiz, ex ministro franquista, falleció ayer en Madrid" El País, 21/5/1990 (en castelán).
  2. Barea 2014, p. 228.
  3. 3,0 3,1 Alvar Ezquerra 2003, p. 564.
  4. Aínda que o «camisa vieja» José Antonio Girón de Velasco dixo despois que Solís nunca foi un verdadeiro falanxista. Payne 1999, p. 428
  5. 5,0 5,1 Aschmann 1999, p. 238n.
  6. Míguez 1990, p. 70.
  7. Sánchez Agustí et al. 2008, p. 224.
  8. Payne 1999, pp. 437-438.
  9. "Solís Ruiz, José. 58. Elecciones 13.5.1946 Organización Sindical". Buscador histórico de diputados (1810-1977). Congreso dos Deputados. 
  10. "Solís Ruiz, José. 66. Elecciones 16.11.1971 Miembros del gobierno". Buscador histórico de diputados (1810-1977). Congreso dos Deputados. 
  11. Aschmann 1999, p. 238n-239n.
  12. Aschmann 1999, p. 239n.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Rodríguez Puértolas et al. 2008, p. 1012.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Alvar Ezquerra, Jaime (2003) [2001]. Diccionario de historia de España. Tres Cantos (Madrid): Istmo. ISBN 84-7090-366-7. 
  • Sánchez Agustí, Ferrán (2008). "El maquis anarquista en Cataluña". En Aróstegui, Julio (coord.); Marco, Jorge (coord.). El último frente: la resistencia armada antifranquista en España, 1939-1952 (en castelán). Madrid: Los Libros de la Catarata. pp. 211–231. ISBN 978-84-8319-381-5. 
  • Aschmann, Birgit (1999). "Treue Freunde..."?: Westdeutschland und Spanien, 1945 bis 1963. Stuttgart: Franz Steiner Verlag. ISBN 9783515075794. 
  • Barea, Óscar (2014). Heráldica y Genealogía en el Sureste de Córdoba (Ss. XIII-XIX). Bubok Publishing. ISBN 978-84-686-6224-4. 
  • Míguez, Santiago (1990). La preparación de la transición a la democracia en España. Zaragoza: Universidad de Zaragoza. ISBN 84-7733-185-5. 
  • Payne, Stanley G. (1999). Fascism in Spain, 1923–1977. Madison: University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-16560-4. 
  • Rodríguez Puértolas, Julio (2008). Historia de la literatura fascista española (vol II) (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 9788446029304. 

Outros artigos

editar


Predecesor:
Fernando Suárez González
  
Ministro de Traballo
 
1975 - 1976
Sucesor:
Álvaro Rengifo Calderón
  NODES
design 1
orte 21