Josep Pellicer i Bru
Josep Pellicer i Bru, nado o 18 de maio de 1925 en Barcelona e finado o 19 de xaneiro de 2019 en Sant Cugat del Vallès, foi un numismático catalán.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1925. Barcelona, España |
Morte | 19 de xaneiro de 2019 Sant Cugat del Vallès. Cataluña. |
Presidente Asociación Numismática Española | |
1996 – 2019 | |
Vicepresidente Societat Catalana d'Estudis Numismàtics | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Española |
Q89547790 | - Presidente da ANE. - Fundador da SCEN. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Premios | |
- (1965) Premio Javier Conde de Garriga (ANE). - (1978, 1984) Premio Presidencial (ANE). | |
Traxectoria
editarA infancia de Josep Pellicer estivo marcada polos rigores da posguerra española, que lle impediron acadar unha formación máis aló dos estudos básicos. Nesa época comezou o seu interese pola numismática, a partir dun conxunto de moedas regaladas por un familiar.[2]
Pellicer desenvolveu a súa vida profesional no sector téxtil, inicialmente como técnico do algodón e logo participando na creación de varias empresas do sector e con cargos de responsabilidade nalgunhas delas.[3]
A súa carreira numismática estivo moi vinculada á Asociación Numismática Española (ANE). En 1957 afiliouse a esta entidade e dous anos máis tarde entrou na súa xunta directiva como vogal. Accedeu á vicepresidencia en 1975 e presidiuna durante 23 anos, desde 1996 ata o seu pasamento en 2019.[1][3][4]
A partir de 1983 foi, así mesmo, o director da publicación periódica da ANE, Gaceta Numismática.[3]
Pellicer pertenceu tamén a outras entidades de índole numismática. En Cataluña foi un dos membros fundadores da Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos (Instituto de Estudos Cataláns), da que chegou a ocupar a súa vicepresidencia. Ademais, foi nomeado socio de honra da Asociación Numismática de Portugal e membro correspondente do Instituto de Numismática e Historia de San Nicolás de los Arroyos, da Arxentina.[1][3]
Recoñecementos
editar- (1965): Premio Javier Conde de Garriga, da Asociación Numismática Española (ANE), de Barcelona.
- (1978 e 1984): Medalla Presidencial da ANE.
Publicacións
editarJosep Pellicer foi autor prolífico; publicou ducias de artigos en revistas numismáticas do seu tempo, máis de 80 deles en Gaceta numismática, entre os anos 1967 e 2018), e outros en cabeceiras como Acta Numismàtica, Crónica Numismática, Numisma, Revue numismatique, e en obras conxuntas e actas de congresos e simposios. Tamén publicou un bo número de traballos monográficos, entre os que figuran os seguintes[5][6]
- (1965). Los reales de a 5, medios duros acuñados en Cataluña durante la guerra de separación 1640-1659. Asociación Numismática Española (ANE), Barcelona.
- (1971). El medio duro. España, provincias de América e Imperio. X. & F. Calicó, Barcelona.
- (1971). La introducció del marc reial de Barcelona i Sardenya.
- (1975). Glosario de maestros de ceca y ensayadores. Ensayo de ordenación alfabético-cronológica. ANE, Barcelona.
- (1988). Al-Andalus. Las fuentes y la numismática. ANE, Barcelona.
- (1992). Memorial del Pleyto de Mil y Quinientas de Gaspar Ruiz. ANE, Barcelona.
- (1997). Glosario de maestros de ceca y ensayadores (siglos XIII-XX). Museo Casa de la Moneda (MCM), Madrid. ISBN 978-8489157095
- (1997). Repertorio paramétrico-metrológico antiguo. ANE, Barcelona. / MCM, Madrid.
- (1999). Repertorio paramétrico metrológico medieval de los reinos hispánicos. ANE, Barcelona. / MCM, Madrid. ISBN 84-930134-1-2
- (2007). Referencias monetarias en la documentación del archivo de la Catedral de Córdoba, siglo XIV (con M. Nieto et al.). ANE, Barcelona. ISBN 9788493013455
- (2008). Las acuñaciones y quiebras monetarias de Alfonso X y Sancho IV 1252-1284-1295. ANE, Barcelona. ISBN 9788493013462
- (2010): Ensayadores: las emisiones monetarias hispanicas (s. XV-XX). ANE, Barcelona. ISBN 978-8493013479
- (2011). Metrología. Diccionario descriptivo. ANE, Barcelona. ISBN 978-84-93013-48-6
- (2013). Aproximación a la metrología peninsular (siglos IX-XII). ANE, Barcelona. ISBN 978-84-941399-0-1
- (2015). El gran llegat foceu (VI-II aC.). Metrologia monetària i mercadera. ANE, Barcelona. ISBN 978-8494139949
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Josep Pellicer i Bru". Enciclopèdia Catalana.
- ↑ Gómez Ventayol, C. (2019).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Martínez Gallego, J. M. (2014) Arquivado 27 de outubro de 2020 en Wayback Machine..
- ↑ Pellicer i Bru, J.; Casas Plá, J. (2005). ANE 50 aniversario 1955 - 2005. Asociación Numismática Española. DL: B-9713-2005
- ↑ "Bibliografía de Josep Pellicer i Bru". Asociación Numismática Española.
- ↑ "Pellicer i Brú, Josep 1925- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gómez Ventayol, C. (2019). "In Memoriam: Josep Pellicer i Bru, presidente da la Asociación Numismática Española". En Revista DM. 26 de febreiro.
- Martínez Gallego, J. M. (2014). "Pertenecer a la ANE es signo de categoría cultural y numismática Arquivado 27 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". En Numismático Digital. 22 de outubro.