Juan Bautista Santos Ramos
Juan Bautista Santos Ramos, nado en Xaviña (Camariñas) o 27 de marzo de 1943 e finado na mesma parroquia o 3 de xuño de 2023,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Bautista Ramos Santos 27 de marzo de 1943 Xaviña, España |
Morte | 3 de xuño de 2023 (80 anos) Xaviña, España |
Alcalde de Camariñas | |
1983 – 2007 – Manuel Valeriano Alonso de León → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Traxectoria
editarNas eleccións municipais de 1979 formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE en Camariñas, como número 4, e foi elixido concelleiro, sendo a segunda forza máis votada trala UCD, que lograra a maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura socialista e resultou elixido alcalde con maioría absoluta. Porén, anuláronse os resultados nas mesas de Camariñas e Xaviña, polo que se repetiron as eleccións en ditas mesas en novembro de 1983[2] confirmando a maioría absoluta dos socialistas, que incluso aumentaron un concelleiro. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta en 1987, 1991 e 1995.
Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde, pero perdeu a maioría absoluta. Desta forma, gobernou en minoría ata que en abril de 2000 estableceu un pacto de goberno co BNG.[3] Porén volveuse quedar en minoría trala baixa dun edil socialista en novembro de 2000, que incluso chegou a apoiar unha moción de censura do PPdeG, que foi abortada dende os órganos superiores da formación conservadora.[4] Volveu a selo candidato do PSdeG-PSOE nas municipais de 2003 e foi reelixido alcalde recuperando a maioría absoluta. Non se presentou á reelección nas municipais de 2007, retirándose da política.[5]
Predecesor: Jesús Ramos Fuentes |
Alcalde de Camariñas 1983 - 2007 |
Sucesor: Manuel Valeriano Alonso de León |
Vida persoal
editarCasou e tivo 3 fillos.
Notas
editar- ↑ "Falleció el veterano político socialista Juan Bautista Santos, exalcalde de Camariñas". NH Diario. 3 de xuño de 2023.
- ↑ Nova en La Voz de Galicia A Coruña, 6-11-1983 p.1
- ↑ Nova en La Voz de Galicia Carballo, 15-4-2000 p.44
- ↑ El PP de Camariñas presenta una moción de censura que la dirección gallega rechaza
- ↑ Cristina Viu (28 de abril de 2022). "Bautista Santos: «Cando espertei vin a médica e a miña muller con bágoas nos ollos»". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Entrevista a Bautista Santos Ramos, ex-alcalde de Camariñas Arquivado 27 de setembro de 2021 en Wayback Machine.