Julio Guillén Biel
Julio Guillén Biel ou Julián Sergio Guillén Biel,[1] nado en Vigo cara a 1910 e finado en Cabral o 21 de setembro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1910 Vigo, España |
Morte | 21 de setembro de 1940 (29/30 anos) Cabral, España |
Causa da morte | morte en combate |
Actividade | |
Ocupación | maquis, electricista |
Familia | |
Irmáns | Vicente Guillén Biel |
Traxectoria
editarElectricista en Coruxo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro do grupo dos irmáns Rogelio e José García Morales, os Maletas, que actuaban na comarca de Vigo dende 1938. Xulgado en Vigo na causa 934/37 co seu irmán Vicente, acusados de rebelión militar foi declarado en rebeldía.[2] En 1939 presentouse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos,[3] pero fuxiu novamente ao saber que ía ser detido. Foi acusado da morte do garda xurado Manuel Pereiro Bernárdez con José García Morales, Ramón Pereira Antelo e José Luís Quintas Figueroa.[4] Cando a desfeita do grupo dos Maletas era evidente, foi delatado por tres compañeiros, Guillermo Santos Caride "Quique", Manuel Rodríguez Fernández "O Coxo de Cabral" e Delmiro Barreiro Cubeiro. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Cabral o 21 de setembro de 1940, ao parecer suicidouse. Na mesma acción foi detido o seu compañeiro guerrilleiro Jesús Lago González "Petrillas".
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 82. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
editar- A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado Arquivado 21 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine..