Junkers Ju 52
O Junkers Ju 52, alcumado Tante Ju ("Tía Ju") e Eisen Annie ("Annie de ferro"), é un avión de transporte alemán fabricado entre 1932 e 1945 pola compañía Junkers. Tivo tanto uso militar como civil durante os anos 30 e 40. Como avión civil foi usado por 12 aeroliñas, incluídas Swissair e Lufthansa, como avión de pasaxeiros e transporte. No seu rol militar voou coa Luftwaffe como transporte de tropas e de carga e brevemente como bombardeiro medio. O Ju 52 continuou en servizo despois da segunda guerra mundial ata ben entrados os anos 80.
Junkers Ju 52 | |
---|---|
Ju 52 de Lufthansa | |
Tipo | transporte |
Fabricante | Junkers |
Deseñado por | Ernst Zindel |
Primeiro voo | 13 de outubro de 1930 |
Principais usuarios | Luftwaffe |
Produción | 1931–1945 (Alemaña) 1945–1947 (Francia) 1945–1952 (España) |
Unidades construídas | 4.845 |