Kaliningrado
Kaliningrado (en ruso: Калининград, tr. "Kaliningrad", [kəlʲɪnʲɪnˈgrat] (AFI)), Królewiec en polaco, Karaliaučius en lituano, antigamente chamada Königsberg (pronuncia en alemán [ˈkøːnɪçsˌbɛʁk] (AFI)), é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico. A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.
Калининград (ru) | |||||
Alcume | Кёниг e Ворота в Россию | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Mikail Kalinin | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Exclave | Óblast de Kaliningrado | ||||
Urban okrug in Russia (en) | Kaliningrad Urban Okrug (en) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 489.735 (2023) (2.179,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 224,7 km² | ||||
Bañado por | Rio Prególia (pt) | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1255 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Oleg Aminov (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 236000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 4812 | ||||
Identificador OKTMO | 27701000001 | ||||
Identificador OKATO | 27401000000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | klgd.ru |
Historia
editarO Königsberg alemán
editarKaliningrado foi fundada no 1255 polos Cabaleiros teutónicos baixo o nome de Königsberg (a montaña do rei), foi a capital da Prusia ata a unificación de Alemaña, da que pasou a formar parte. Tras a primeira guerra mundial, o territorio prusiano, xunto con Köningsberg, quedou illado do resto de Alemaña polo corredor polaco de Danzig.
Na segunda guerra mundial, libráronse duros combates nos arredores da cidade entre o Exército Vermello e as forzas alemás, que remataron coa vitoria soviética e a captura de case 100.000 soldados alemáns. No final da segunda guerra mundial a poboación sufriu severos bombardeos aliados, que foron seguidos dunha represión intensa dos soviéticos, que tentaron exterminar ou expulsar á poboación.
Kaliningrado na Unión Soviética
editarAo rematar a guerra, Köningsberg foi renomeado como Kaliningrado (do nome do presidente do Comité Central do Partido Comunista, Mikhaíl Kalinin), cando a URSS anexou os territorios da rexión (rexión de Kaliningrado).
Como compensación pola anexión deste territorio, Polonia anexionouse as rexións alemás de Silesia e Pomerania oriental. Á súa vez, Prusia Oriental foi dividida en dúas partes: a meridional que pasou a mans polacas, e a setentrional que foi incluída na Unión Soviética.
A maior parte dos residentes alemáns foron expulsados da cidade. A Unión Soviética seguiu entón unha política de rusificación do territorio, sen incorporar a rexión da República Socialista Soviética de Lituania. Kaliningrado foi unha das principais bases navais soviéticas do Mar Báltico, xunto con Riga e a illa de Kronstadt.
Tras a caída da Unión Soviética e a independencia de Lituania en 1991, o territorio quedou baixo a soberanía rusa e separado do resto do país.
Kaliningrado na Federación Rusa
editarTras a caída da Unión Soviética e a independencia de Lituania no 1991, o territorio quedou baixo a soberanía rusa e separado do resto do país. Kaliningrado converteuse entón nun enclave ruso illado do resto de Rusia, feito que se acentuou aínda máis cando Polonia e Lituania ingresaron na OTAN e máis tarde na Unión Europea. Por estas razóns todos os rusos desta rexión que queren pasar ao resto de Rusia teñen que facelo a través de países membros da OTAN e da UE que lles esixen un visado. O primeiro ministro ruso Vladimir Putin declarou que este requirimento de visado era unha violación da soberanía rusa; ademais, propuxo a creación dunha zona de libre comercio na rexión, para converter Kaliningrado no "Hong Kong do Báltico". Pouco despois, Rusia e Lituania chegaron a un acordo: os rusos que desexen cruzar Lituania recibirán un permiso especial para cruzar as fronteiras ruso-lituanas.[1]
No 2004, Alemaña estableceu a súa primeira misión diplomática na cidade, feito que é interpretado como un símbolo de confianza entre Alemaña e a Federación Rusa.[2]
En xullo de 2007, o viceprimeiro ministro de Rusia Sergéi Ivánov declarou que se os Estados Unidos despregaban un sistema de defensa contra mísiles en Polonia, despregaríanse armas nucleares en Kaliningrado.[3] Kaliningrado é unha importante base naval para Rusia, xa que é o único porto ruso no mar Báltico no que as augas non se conxelan durante o invierno.
Cidades irmandadas
editarKaliningrado está irmandada con:
Notas
editar- ↑ Acordo sobre Kaliningrado. BBC Mundo. Consultado o 16/02/2008.
- ↑ Germany starts Kaliningrad link. BBC News. Consultado o 16/02/2008.
- ↑ Rusia ameaza de novo con mísiles. BBC Mundo. Consultado o 16/02/2008.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kaliningrado |