Karl Pearson
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Carl Pearson ou Karl Pearson, nado en Londres o 27 de marzo de 1857 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 1936, foi un científico, matemático e pensador británico, que estableceu a disciplina da estatística matemática. Desenvolveu unha intensa investigación sobre a aplicación dos métodos estatísticos na bioloxía e foi o fundador da bioestatística.
Foi un positivista radical, na tradición de Berkeley e Ernst Mach. Era partidario da euxenesia[1].
Vida persoal
editarA familia de Karl era disidente e de tendencia puritana. Aos 22 anos Karl rexeitou o cristianismo e adoptou o librepensamento como unha fe non relixiosa que estaba fundada na ciencia, aínda que distinguiu os seus pensamentos dos librepensadores tradicionais.
”Carl” converteuse en ”Karl” inadvertidamente cando a Universidade de Heidelberg cambiou a maneira de escribir o seu nome cando se matriculou en 1879, aínda que usou ambas as variantes do seu nome ata 1884 cando finalmente adoptou “Karl” —presuntamente por Karl Marx, a quen coñeceu en vida— e co tempo chegou a ser coñecido universalmente como “KP”.
Pearson foi tamén un historiador e xermanista de éxito. Estivo gran parte da década de 1880 en Berlín e Viena e escribiu sobre relixión, Goethe, Werther, así como temas relacionados co sexo, como por exemplo, Olive Schreiner.
En 1890 casou con Maria Sharpe, quen estaba relacionada coas familias Kenrick, Reid, Rogers e Sharpe. Estas familias eran non-conformistas de finais do século XVIII e de gran parte do século XIX, moi asociadas con Londres. Entre os numerosos membros da familia atopábanse personaxes ben coñecidas, como o poeta Samuel Rogers, o avogado Sutton Sharpe, o filántropo Samuel Sharpe e John Kenrick.
Karl e Maria coñecéronse no Men and Women’s Club, cofundado por Karl, e que tiña como finalidade permitir a libre discusión entre homes e mulleres. Karl e María tiveron dúas fillas, chamadas Sigrid Loetitia Pearson e Helga Sharpe Pearson. Tamén tiveron un fillo chamado Egon Sharpe Pearson. Maria morreu en 1928 e o ano seguinte Karl casou con Margaret Child, unha colega da Universidade de Londres.
Educación e primeiros traballos
editarKarl Pearson recibiu educación privada na University College School. Foi despois ao colexio polivalente Rauli en Cambridge para estudar matemáticas. Posteriormente, investiu parte de 1879 e 1880 estudando literatura alemá medieval e do século XVI nas universidades de Berlín e Heidelberg. Volveuse suficientemente coñecido nesta área para que lle ofrecesen un posto de estudos xermánicos en Cambridge.
Un novo cambio de carreira chegou coa asociación profesional de I Temple, onde estudou dereito ata 1881, aínda que nunca exerceu como avogado. Tras isto volveu ás matemáticas como profesor no King’s College en Londres, en 1888. En 1891, converteuse en profesor de Xeometría no Gresham College, onde coñeceu a Walter Frank Raphael Weldon, un zoólogo que tiña uns interesantes problemas que requirían solucións. A colaboración que Pearson lle prestou en biometría e teoría da evolución deu froito e durou ata a morte de Weldon en 1906.
Weldon presentara a Pearson a Francis Galton, primo de Charles Darwin, que estaba interesado nos aspectos da evolución, como a herdanza e a euxenesia. Pearson converteuse no protexido de Galton. Despois da morte de Galton en 1911, Pearson embarcouse na produción da biografía de Galton —un traballo de tres volumes de narrativa, cartas, xenealoxías, comentarios e fotografías—, publicada en 1914, 1924 e 1930, con financiamento persoal de Pearson para a impresión. A biografía, segundo Pearson, feita “para satisfacerme a min mesmo e sen observación dos estándares tradicionais, a necesidade das editoriais ou os gustos do público”, exaltaba a vida de Galton, o seu traballo e a súa herdanza persoal. Pearson predixo que Galton, e non Charles Darwin, sería lembrado como o neto máis prodixioso de Erasmus Darwin.
Cando Galton murió, deixou parte da súa herdanza á Universidade de Londres para un posto de investigación en euxenesia. En concordancia cos desexos de Galton, Pearson foi o primeiro ocupante deste posto, onde formou, co apoio financeiro da Drapers’ Company, un departamento de estatística aplicada, no que Pearson incorporou o laboratorio biométrico e o laboratorio Galton. Pearson permaneceu no departamento ata o seu retiro en 1933, e continuou traballando ata a súa morte en 1936.
Einstein e o traballo de Pearson
editarCando Einstein, con vinte e tres anos, comezou un grupo de estudo, a Academia Olimpia, cos seus dous amigos máis novos, Maurice Solovine e Conrad Habicht, suxeriu que o primeiro libro que debían ler fose The Grammar of Science, de Pearson. Este libro trataba sobre varios temas que máis tarde se converteron en parte das teorías de Einstein e doutros científicos. Pearson afirmou que as leis da natureza son relativas á habilidade perceptiva do observador. A irreversibilidade dos procesos naturais, dicía Pearson, é puramente unha concepción relativa. Un observador que viaxa exactamente á velocidade da luz vería un eterno momento, ou unha ausencia de movemento. Especulou que un observador que viaxe máis rápido que a luz podería ver o tempo ao revés, de xeito similar a un filme posto ao revés. Pearson tamén discutiu a antimateria, a cuarta dimensión e as "engurras" no tempo. O seu relativismo está baseado no idealismo, no sentido de ideas ou imaxes para a mente.
Obra
editar- The New Werther (1880)
- The Trinity, A Nineteenth Century Passion Play (1882)
- Die Fronica (1887)
- The Ethic of Freethought (1886)
- The Grammar of Science (1892). Dover Publications 2004 edition, ISBN 0-486-49581-7
- On the dissection of asymmetrical frequency curves (1894)
- Skew variation in homogeneous material (1895)
- Regression, heredity and panmixia (1896)
- On the criterion that a given system of deviations from the probable in the case of a correlated system of variables is such that it can be reasonably supposed to hove arisen from random sampling (1900)
- Tables for Statisticians and Biometricians (1914)
- Tables of Incomplete Beta Function (1934)
- The Life, Letters and Labours of Francis Galton (3 volumes: 1914, 1924, 1930). Dispoñible en galton.org
Notas
editar- ↑ Mendoza, Walter; Martínez, Óscar (1999). "Las Ideas Eugenésicas en la Creación del Instituto de Medicina Social." (PDF). Anales de la Facultad de Medicina (en castelán) (Perú: Universidade Nacional Mayor de San Marcos) 60 (1): 56. Consultado o 14 de setembro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karl Pearson |