Keko Vilariño
Alberto Vilariño Sobrado, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de abril de 1996, é un futbolista galego, máis coñecido como Keko Vilariño, formado na canteira do Club Deportivo Lugo. Xoga de centrocampista. É irmán do tamén futbolista Jacobo Vilariño Sobrado.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1996 (28 anos) A Pobra de San Xiao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Jacobo Vilariño Sobrado |
Traxectoria
editarNado na Pobra de San Xiao, Láncara, foi formado nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. Debuta co primeiro equipo o 16 de outubro de 2013, saíndo como titular na derrota do club galego por 1-0 ante o Recreativo de Huelva nun encontro de Copa do Rei no Nuevo Colombino.[1] O 18 de xullo de 2014 Keko asina polo Levante UD, sendo inicialmente asignado ao equipo xuvenil.[2] Porén, o 1 de setembro do ano seguinte rescinde o seu contrato e regresa ao Lugo cun contrato por cinco temporadas.[3] O 27 de xaneiro de 2016 foi cedido até final de temporada ao Somozas da Segunda División B.[4]
Clubs
editarClub | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Lugo | Segunda | 2015–2016 | 0 | 0 |
Somozas | Segunda B | 2016 | 6 | 0 |
Somozas | Segunda B | 2016–2017 | 25 | 1 |
Notas
editar- ↑ "Joselu da el pase al Recreativo y prolonga la racha del Decano". Diario As (en castelán). 17 de outubro de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2015.
- ↑ Cordido, Manuel (18 de xullo de 2014). "Luis Fernández llega cedido por el Deportivo para reforzar el ataque del CD Lugo y el juvenil Keko Vilariño se va al Levante". Fútbol de Lugo (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2015.
- ↑ "Nota informativa. Cantera". CD Lugo (en castelán). 7 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2015.
- ↑ "Keko e Dani Pedrosa, cedidos ao Somozas". El Progreso. 27 de xaneiro de 2016.