La Noche

xornal vespertino galego

La Noche foi un xornal vespertino que se editou en Santiago de Compostela entre 1946 e 1967.

La Noche

Editar o valor en Wikidata
Fundación1 de febreiro de 1946
Linguacastelán
LocalidadeSantiago de Compostela
ISSN1579-1556
Na rede
Galiciana: 7180
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Subtitulado Único diario de la tarde en Galicia, apareceu o 1 de febreiro de 1946.[1] Substituíu a El Compostelano e continuou a súa numeración. O 1 de decembro de 1967 La Noche fusionouse con El Correo Gallego, pertencente tamén á Editorial Compostela. A fusión entre os dous xornais tivo como título El Correo Gallego. La Noche. "Diario de Galicia", e publicouse así ata o 30 de novembro de 1974. A partir do 2 de decembro de 1974 o xornal chamouse só El Correo Gallego. "Diario decano de Galicia", pero na contraportada seguiu aparecendo ata abril de 1984 El Correo Gallego. La Noche. "Diario decano de Galicia".

Estivo dirixido por José Goñi Aizpúrua, Raimundo García Domínguez (Borobó), José Vidal Iborra e Francisco Leal Insua. Entre os seus colaboradores figuraron Antón Fraguas, Xosé Filgueira Valverde, Couceiro Freijomil, Álvaro Cunqueiro, Bouza Brey, Vicente Risco, Varela Jácome, García-Bodaño e Méndez Ferrín.

Entre outubro de 1949 e xaneiro de 1950 incluíu un suplemento semanal, titulado "La Noche. Suplemento del sábado", de carácter literario e económico. Coordinado por Francisco Fernández del Riego (que asinaba como Salvador Lorenzana) e Xaime Isla Couto (que asinaba como Santiago Fernández), a súa tendencia era galeguista e progresista, e incluíu artigos e ensaios sobre literatura, principalmente sobre literatura galega.

Características

editar

Coa creación do vespertino La Noche en 1946, a Editorial Compostela iniciou unha nova aventura periodística. Nacido nun contexto histórico difícil, a súa publicación trouxo un sopro de aire fresco e fértil a unha prensa galega da época asfixiada, estéril.

Criterios económicos e comerciais

editar

Cando apareceu La Noche, a Editorial Compostela xa publicaba El Correo Gallego. Como este era un xornal da mañá, a publicación de La Noche, Único diario de la tarde en Galicia, era un engadido á publicación do xornal irmán. A complementariedade dos dous xornais non só se detivo nese aspecto. De feito, co seu carácter rexional, La Noche tamén complementou o carácter localista de El Correo Gallego:

Para que La Noche fose un xornal para toda Galicia, a empresa baseou o contido das páxinas nun tema prioritario galego. Ademais das páxinas literarias, atópanse páxinas dedicadas ás noticias das diferentes áreas xeográficas de Galicia na sección "Galicia al día": "Santiago", "A Coruña", "Pontevedra", "Vigo", aos que se engadiron a principios dos anos cincuenta "Lugo" e "Orense".

Para levar a cabo o proxecto, a Editorial Compostela contou coa colaboración de ilustres intelectuais e artistas galegos. A presenza destes nas páxinas do xornal, axudou, pola condición de nativo e persoa pública destes colaboradores, a difundir a venda do xornal en todas as cidades de Galicia.

Ideoloxía

editar

Así se prestaba a ideoloxía defendida pola Editorial Compostela nun artigo anónimo do xornal en 1947:

Por lo tanto, pretendemos servir al Catolicismo con todas sus consecuencias, a España en su auténtica realidad social e histórica, y a la continuidad de nuestro pueblo. Queremos el máximo fortalecimiento espitirual, moral y material de España; y para mayor solidez y fundamento de su unidad, el acrecentamiento del vigor de los países que la componen. (...) Somos, pues, amantes de la personalidad de Galicia, pieza importante de España, con todas sus características propias de lengua, arte, derecho, historia, costumbres y paisaje. Sin estorbo para la obra total.
"Nuestro primer aniversario", La Noche, 10-II-1947

La Noche opúxose á política de unificación cultural do réxime franquista (o donostiarra José Goñi Aizpúrua, director do vespertino desde a súa creación ata 1960 -e director do segundo xornal da compañía, El Correo Gallego-, estaba ligado á ideoloxía carlista). E as dúas ideoloxías -carlista e galeguista- atoparon en La Noche a mesma vontade de actuar na reivindicación dos valores culturais de Galicia.

La Noche no contexto político e cultural de Galicia

editar

Ata 1963 os temas galegos era o interese principal das páxinas literarias do xornal, pero a partir de marzo de 1964, estes temas desaparece case por completo.

1964 foi o ano doutra ruptura que se produciu entre as dúas xeracións galeguistas posteriores á guerra.

Culturalismo ou política

editar

A partir de 1941, en Buenos Aires, ao redor das figuras máis destacadas do nacionalismo galego no exilio, Castelao e Suárez Picallo, o Consello de Galicia realizou unha intensa actividade política para defender a identidade galega. Así mesmo, foi Buenos Aires, a partir de 1939, e ata ben entrado os anos 60, a capital cultural de Galicia.

A estratexia culturalista que os galleguistas do interior tomaron en principio nas páxinas de La Noche non se considerou exitosa por parte dos exiliados en América. Aínda que nun principio as diverxencias non foron explícitas, cando se creou a Editorial Galaxia, púidose ver a ausencia de traballos dos exiliados nas súas publicacións. O que se lle criticaba aos intelectuais galegos implicados na acción cultural en España era que a cultura galega se caracterizaba por unha postura excesivamente elitista e ata metafísica, moi orientada á filosofía e á especulación teórica e que apenas se preocupaba polas demandas de tipo máis popular:

Realmente, tampoco la brillantez y la constancia de los escritores vinculados a Galaxia rompía esa barrera angustiosa que separa a los escritores que cultivan el gallego y el pueblo que lo mantuvo a lo largo de los "siglos oscuros". Es difícil que traducciones de Heidegger, poemas existenciales o relatos faulknerianos puedan reducir esa distancia.[2]

A reivindicación cultural que se levou a cabo en La Noche dende 1946, adheríndose o ao galeguismo culturalista, tivo detractores desde o principio e as posicións do "piñeirismo"[3] -e, por extensión, do galeguismo do interior- separáronse das posicións defendidas polos nacionalistas exiliados -que mantiveron unha ideoloxía nacionalista-federalista- ata 1958 cando houbo unha ruptura definitiva entre ambos:

En 1958, despois dunha xuntanza secreta en Santiago de Compostela entre un emisario do Consello de Galiza e a plana maior do galelguismo do interior, produciuse o que podemos considerar a ruptura definitiva, cando menos politicamente, entre exilio pólitico e galeguismo cultural.[4]

Inicio do combate político

editar

A ruptura real coa acción cultural galeguista aconteceu en 1964, coa aparición das primeiras organizacións políticas e socialistas galegas: apareceron a Unión do Pobo Galego (UPG) e o Partido Socialista Galego (PSG), as dúas liñas principais do galeguismo clandestino que froitificaron despois en novos grupos e asociacións.

Cando se produciu a ruptura, os colaboradores da segunda xeración xa non volveron aparecer nas páxinas de La Noche.[5] De feito, as ideas políticas da esquerda e profundamente marxistas non se correspondían coa ideoloxía anti-comunista e anti-marxista que defendía o xornal.

Pero tampouco, de 1964 a 1967, volveu destacarse no xornal a loita cultural que seguiron os galeguistas culturalistas da primeira xeración. Quizais, como a loita cultural pasou a un segundo plano, os administradores do xornal xa non tiñan interese polo asunto:

Además, la reivindicación cultural era una manera para los administradores de La Noche, de ideología fundamentalmente carlista, de oponerse a la unificación del país, pero no pretendían oponerse al Régimen en una lucha política. Por lo cual, en las páginas del vespertino, la acción cultural de los galleguistas fue la bienvenida, hasta cierto punto; se rechazó totalmente la acción política cuando ésa surgió en los años sesenta, como lo demuestra el contenido de las páginas del vespertino.[6]
  1. Marcos Valcárcel (10 de decembro de 2006). "Cen anos de historia cultural. 1946: nace o xornal ‘La Noche’". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. 
  2. Losada Castro 1987, p. 62.
  3. O termo "piñeirismo" adoita empregarse para designar o grupo de galeguistas que se formaron ao redor da figura de Ramón Piñeiro, é dicir, os galeguistas que optaron pola acción cultural logo da guerra civil.
  4. Touriño, R. (Novembro de 1994). "Sempre en Galiza, entre o Partido Galeguista e o Movimento Nacional Popular". Inzar Razóns (10): 18. 
  5. Xosé Luis Franco Grande, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Manuel Beiras Torrado, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Ramón Lugrís Pérez, Xohana Torres, Ángel Blanco Losada, Salvador García Bodaño, Manuel María, Baldomero e Ventura Cores Trasmonte, Gustavo Balboa, Antonio Concheiro Caamaño, Xosé Manuel López Nogueira, Manuel Vidán Torreira, Xosé María Proupín, Uxío Novoneyra, Manuel Perejil Cambón, Antonio Rubal, Ramón Lorenzo Vázquez, Antonio Fernández Chao, Xulio Fernández Pintos, Serafín García Fernández, Camilo González Suárez Llanos, Donato Vázquez Marete, Xosé María Teixeiro, Bernardino Graña, Moncho Silva, Alfonso Álvarez Gándara, Marina Mayoral, Arcadio López Casanova e Francisco Xavier Carro (Só se recollen os nomes dos colaboradores máis asiduos de La Noche entre 1954 e 1967).
  6. Cebrián Alcalde 1997, p. 100.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
admin 2
Idea 1
idea 1
todo 1