La piel que habito
La piel que habito é un filme español dirixido por Pedro Almodóvar que se estreou no 2011.
La piel que habito | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La piel que habito |
Director | Pedro Almodóvar |
Produtor | Agustín Almodóvar Pedro Almodóvar |
Guión | Pedro Almodóvar |
Baseado en | Mygale de Thierry Jonquet |
Intérpretes | Antonio Banderas Elena Anaya Marisa Paredes Jan Cornet Roberto Álamo |
Música | Alberto Iglesias |
Fotografía | José Luis Alcaine |
Montaxe | José Salcedo |
Estudio | El Deseo |
Distribuidora | Warners España Sony Pictures Classics (USA) 20th Century Fox (RU) |
Estrea | 2011 |
Duración | 117 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Suspense e drama |
Orzamento | €10 000 000 |
Recadación | $30 842 353 |
Na rede | |
http://www.lapielquehabito.com/ | |
Sinopse
editarDende que a súa muller sufriu queimaduras en todo o corpo a raíz dun accidente de coche, o doutor Robert Ledgard, eminente cirurxián plástico, adicou anos de estudo e experimentación á elaboración dunha nova pel coa que houbese podido salvala; trátase dunha pel sensíbel ós aloumiños, pero que funciona como unha auténtica coiraza contra toda clase de agresións, tanto externas como internas. Para poñer en práctica este achado revolucionario é preciso carecer de escrúpulos, e Ledgard non os ten. Pero, ademais, necesita unha cobaia humana e un cómplice. Marilia, a muller que o coidou dende neno é a súa fiel cómplice. O problema será atopar á cobaia humana.
Personaxes
editar- Antonio Banderas como Robert Ledgard
- Blanca Suárez como Norma Ledgard
- Marisa Paredes como Marilia
- Roberto Álamo como Zeca
- Jan Cornet como Vicente Guillén Piñeiro
- Elena Anaya como Vera Cruz
- Eduard Fernández como Fulgencio
Galardóns e nomeamentos
editarLocalizacións
editarFoi filmada en Toledo (El Cigarral), Santiago de Compostela e o Pazo de Oca.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)