Ladislau II de Polonia

Gran Duque de Lituania e Rei de Polonia

Jogaila, despois Ladislau II Jagiełło,[1] nado arredor de 1362 e finado o 1 de xuño de 1434, foi gran duque de Lituania (1377-1434) e máis tarde rei de Polonia (1386-1434), primeiro como consorte da súa dona Heduvixes ata 1399, e logo como monarca ata a súa morte. Gobernou Lituania dende o 1377.

Modelo:BiografíaLadislau II de Polonia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Władysław II Jagiełło Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1362 Editar o valor en Wikidata
Vilnius, Lituania Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1434 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Jagiellonian Gord, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Wawel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Polonia
4 de marzo de 1386 (Gregoriano) – 1 de xuño de 1434 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo e mitologia lituana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra Polaco-Lituana-Teutônica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
5 de novembro de 1414Concílio de Constança (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGrand Duke of Lithuania (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Jaguelônica (pt) Traducir e Gediminidas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSofia de Holszany (1422–1434), morte da persoa
Elizabeth Granowska (1417–1420), morte do cónxuxe
Anna of Cilli (1402–1416), morte do cónxuxe
Heduvixes I de Polonia (1386, 1399–), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosElizabeth Bonifacia of Poland
 () Heduvixes I de Polonia
Hedwig Jagiellon
 () Anna of Cilli
Ladislao III Jagellón II
 () Sofia de Holszany
Casimiro IV da Polónia
 () Sofia de Holszany Editar o valor en Wikidata
PaisOlgierd Editar o valor en Wikidata  e Uliana of Tver Editar o valor en Wikidata
IrmánsAgrypina of Lithuania
Alexandra da Lituânia
Švitrigaila
Lengvenis
Kaributas
Demetrius I Starshy
Karigaila
Feodor Olgerdovich
Vygantas
Skirgaila
Andrei of Polotsk
Helen of Lithuania
Hedwig of Lithuania
Maria Jagiellon Editar o valor en Wikidata
ParentesVytautas, male pure masculine first cousin Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
18 de febreiro de 1386matrimonio (Catedral de Wawel (pt) Traducir)
15 de febreiro de 1386bautismo (Catedral de Wawel (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Gediminaitis-11 Find a Grave: 10790929 Editar o valor en Wikidata

Naceu pagán mais, a fin de contraer matrimonio coa raíña de Polonia Heduvixes I, en 1386 converteuse ao catolicismo e foi bautizado co nome de Ladislau (Władysław) en Cracovia; casou entón coa nova raíña Heduvixes, e foi coroado rei de Polonia como Ladislau II Jagiełło.[2] En 1387 converteu Lituania ao cristianismo. O seu reinado en solitario en Polonia comezou en 1399, á morte da raíña Heduvixes, e durou trinta e cinco anos máis, marcando o comezo da unión polaco-lituana. Foi o fundador da dinastía Jagiełło polaca, que leva o seu nome e que anteriormente se coñecía tamén como dinastía xemínida no Gran Ducado de Lituania. A dinastía Jagiełło gobernou Polonia e Lituania ata 1572,[nota 1] e foi unha das máis influentes da Baixa Idade Media e principios da Idade Moderna na Europa Central e Oriental.[3] Durante o reinado de Jogaila, o estado polaco-lituano foi o maior do mundo cristián.[4]

Jogaila foi o último señor pagán da Lituania medieval. Ostentou o título de Didysis Kunigaikštis. Despois de obter o cetro polaco, a raíz da Unión de Krewo, a unión polaco-lituana tivo que enfrontarse ao poderío crecente dos cabaleiros teutónicos. A vitoria de Jogaila na batalla de Grunwald en 1410, seguida da paz de Thorn, asegurou as fronteiras polacas e lituanas e marcou o comezo da puxanza da alianza polaco-lituana en Europa. En tempos de Ladislau, Polonia expandeuse e deu comezo á chamada Idade de Ouro do país.

Mocidade

editar

Lituania

editar

Sábese pouco da mocidade de Jogaila e non se coñece con certeza o ano en que naceu. Anteriormente os historiadores crían que viñera ao mundo en 1352, pero estudos recentes indican que puido facelo máis tarde, contra 1362.[5] Era membro da dinastía xedíminida e é probable que nacese en Vilnius. Os seus pais foron Algirdas, gran duque de Lituania, e a súa segunda muller, Uliana, filla de Alexandre I, gran príncipe de Tver.

O Gran Ducado de Lituania que Jogaila herdou en 1377 era unha entidade política composta de dúas nacionalidades principais, moi diferentes entre si, e de dous sistemas políticos: o da Lituania «étnica» do noroeste do territorio e o das vastas terras rutenas do desaparecido Rus de Kíiv, que modernamente pertencen a Belarús, Ucraína e Rusia occidental.[6] Ao principio, Jogaila —como fixera o seu pai— apoiouse nos territorios orientais e meridionais do ducado, mentres que o seu tío Kęstutis, duque de Trakai, continuaba como señor da rexión noroccidental.[nota 2] A entronización de Jogaila, con todo, pronto suscitou tensións nesta repartición do poder.[2]

 
Representación moderna de Ladislau II Jagiełło.

Ao principio do seu reinado, Jogaila tivo que lidar co malestar que se estendía polas terras do antigo Rus'. En 1377-78, Andrei de Polotsk, o primoxénito de Algirdas, desafiou a súa autoridade e tratou de arrebatarlle o título de gran duque. En 1380, Andrei e outro irmán, Dmitri, tomaron partido polo príncipe Dmitri de Moscova contra Jogaila, que se coligou pola súa banda co emir Mamai, de facto kan da Horda de Ouro.[10] Jogaila con todo deixou só a Mamai, a pesar de acharse preto do campo de batalla en que este sufriu unha grave derrota a mans do príncipe Dmitri na batalla de Kulikovo. A vitoria pírrica dos moscovitas ante a Horda de Ouro tivo a longo prazo unha consecuencia notable: marcou o principio do lento desenvolvemento do Principado de Moscova, que un século máis tarde xa era o principal inimigo de Lituania. No momento, con todo, Moscova quedou moi debilitada polas enormes perdas sufridas na batalla e grazas a iso Jogaila puido centrarse na disputa que o enfrontaba a Kęstutis.

No noroeste, Lituania afrontaba as incursións constantes dos cabaleiros teutónicos, cuxa orde se fundou en 1226 para loitar e converter as tribos bálticas pagás dos prusianos, yotvingios e lituanos. En 1380, Jogaila asinou en segredo o tratado de Dovydiškės contra Kęstutis.[2] Cando este o descubriu, estalou a guerra civil lituana. Kęstutis conquistou Vilnius, depuxo a Jogaila, e proclamouse gran duque.[11] En 1382, Jogaila reuniu un exército de vasalos do seu pai e enfrontouse a Kęstutis preto de Trakai. Kęstutis e o seu fillo Vitautas acudiron a parlamentar ao campamento de Jogaila, pero este apresounos e enviou ao castelo de Kreva, onde Kęstutis faleceu probablemente asasinado, unha semana máis tarde.[11] Vitautas fuxiu á fortaleza teutónica de Mariemburgo e alí foi bautizado co nome de Wigand.[12]

Jogaila rubricou o tratado de Dubysa, en que se comprometeu cos cabaleiros a converterse ao cristianismo e cedeulles a Samoxicia ao oeste do Dubysa, como premio pola súa axuda no conflito con Kęstutis e Vitautas. Con todo, cando Jogaila non ratificou o tratado, os cabaleiros invadiron Lituania no verán de 1383. En 1384, Jogaila reconciliouse con Vitautas prometendo devolverlle as súas propiedades en Trakai. Entón Vitautas acometeu os cabaleiros, saqueando varias das súas fortalezas en Prusia.[13]

Bautismo e matrimonio

editar

A nai rusa de Jogaila, Uliana de Tver, instouno a casar con Sofía, filla de Dmitri Donskoi, príncipe de Moscova, quen lle esixiu que primeiro se convertese ao cristianismo ortodoxo.[nota 3] Isto, no entanto, probablemente non acabase coas cruzadas teutónicas contra Lituania, xa que os cabaleiros consideraban os cristiáns ortodoxos cismáticos apenas mellores que os pagáns.[2][12] Por conseguinte, Jogaila preferiu aceptar a oferta polaca de converterse ao catolicismo e desposar a raíña de Polonia Heduvixes, que por entón contaba once anos.[nota 4] Os nobres da Pequena Polonia fixéronlle este ofrecemento por diversas razóns: querían eliminar a ameaza que supuña Lituania e obter dela as feraces terras de Galicia-Volinia.[17] Os nobres polacos consideraron o acordo como unha oportunidade para acrecentar os seus privilexios[18] e evitar a influencia austríaca, que se estendeu polo reino grazas á presenza do anterior prometido de Heduvixes, Guillerme, duque de Austria.[19]

O 14 de agosto de 1385 no castelo de Kreva, Jogaila confirmou o seu compromiso matrimonial na chamada Unión de Krewo. Aquel incluía a promesa de converterse ao cristianismo, a de recuperar as terras perdidas por Polonia a mans dos seus veciños, e a de terras suas Lithuaniae et Russiae Coronae Regni Poloniae perpetuo applicare, cláusula que os historiadores interpretan de varias maneiras: dende unha unión persoal entre Lituania e Polonia á incorporación completa de Lituania a Polonia.[20][16] As valoracións do acordo de Kreva van dende as que o enxalzan como visionario ata as que o tachan de aposta desesperada.[nota 5]

Jogaila bautizouse segundo o prometido na catedral de Wawel en Cracovia o 15 de febreiro de 1386 e dende entón utilizou o nome de Ladislau (Władysław) ou versións latinas deste.[7][nota 6] O matrimonio coa raíña polaca celebrouse tres días despois, e o 4 de marzo de 1386 Jogaila foi coroado rei polo arcebispo Bodzanta. Tamén foi adoptado pola nai de Heduvixes, Isabel de Bosnia, para que mesmo se Heduvixes falecía, conservase o trono.[12] O bautismo real suscitou a conversión da maioría da corte de Jogaila e dos nobres lituanos; tamén houbo gran número de conversións nos territorios ribeiregos dos ríos lituanos,[23] o que marcou o principio da cristianización de Lituania. Aínda que a maioría dos novos conversos se reduciu á nobreza lituana —tanto o paganismo como a ortodoxia mantiveron gran cantidade de fieis entre os campesiños—, a conversión do rei e as súas consecuencias políticas tiveron grande importancia para a historia tanto de Lituania como de Polonia.[23]

Soberano de Lituania e Polonia

editar

Ascesión ao trono

editar
 
Polonia e Lituania entre 1386 e 1434.

Ladislau II Jagiełło e a raíña Heduvixes reinaron conxuntamente; aínda que esta probablemente gozaba de escaso poder, participou activamente na política e a cultura polacas. En 1387, dirixiu dúas expedicións militares vitoriosas á Rutenia Vermella, recuperou territorios que o seu pai Lois entregara a Hungría, e someteu a homenaxe a Pedro I, vaivoda de Moldova.[24] En 1390, estableceu persoalmente negociacións coa Orde Teutónica. A maioría de responsabilidades políticas, emporiso, desempeñounas Ladislau, mentres que Heduvixes se dedicou principalmente ás actividades culturais e benéficas polas que aínda é admirada.[24]

Ao pouco de ser entronizado, Ladislau concedeu a Vilnius uns foros similares aos de Cracovia, que seguían o Dereito de Magdeburgo; Vitautas outorgou privilexios a unha comuna xudía de Trakai case iguais aos que recibiran os xudeus de Polonia nos reinados de Boleslao o Piadoso e Casimiro o Grande.[25] Os esforzos de Ladislau por unificar os sistemas legais dos dous países deron froitos parciais, pero tiveron resultados duradeiros.[24] Para cando se asinou a Unión de Lublin en 1569, non existían xa grandes diferenzas entre os sistemas administrativos e xudiciais de Lituania e Polonia.[26]

Unha das consecuencias das medidas aplicadas por Ladislau foi o aumento da influencia dos católicos en Lituania a expensas dos ortodoxos; en 1387 e 1413, por exemplo, os boiardos católicos lituanos recibiron privilexios xudiciais e políticos especiais que non obtiveron os ortodoxos.[27] Este proceso determinou a acentuación das diferenzas entre a Lituania propiamente dita e os territorios de Rus' no século XV.[28]

 
Vitautas o Grande, gran duque de Lituania.

O bautismo de Ladislau non terminou coas cruzadas dos cabaleiros teutónicos, que afirmaban que a súa conversión fora un truco e quizais mesmo unha herexía; redobraron polo tanto as súas incursións co pretexto de que Lituania continuaba albergando pagáns.[12][29][30] Dende entón, con todo, a Orde tivo cada vez maior dificultade para xustificar a cruzada e tivo que afrontar a ameaza crecente que supuña a liga entre Polonia e Lituania.[31][32] Ladislau favoreceu a creación da diocese de Vilnius polo bispo Andrzej Wasilko, que fora o confesor de Sabela de Hungría. O bispado, que abarcaba Samoxicia, por entón dominada fundamentalmente a Orde teutónica, dependía do de Gniezno e non do teutónico de Königsberg.[12] Esta decisión probablemente empeorou as relacións de Ladislado coa Orde, pero serviu para estreitar os lazos entre Lituania e Polonia e achandou a cooperación da igrexa polaca coa lituana.[23]

En 1389, Vitautas de novo alzouse contra Ladislau a causa do favor que este concedía a Skirgaila en Lituania ás súas expensas.[13] Vitautas desatou unha guerra civil en Lituania, coa ambición de proclamarse gran duque. O 4 de setembro de 1390, as forzas conxuntas de Vitautas e do gran mestre teutónico, Konrad von Wallenrode cercaron Vilnius, que defendía en nome de Ladislau o rexente Skirgaila con tropas polacas, lituanas e rutenas.[2] Aínda que os cabaleiros abandonaron o asedio da cidade ao cabo dun mes, arrasaron os seus arrabaldes. O tratado de Ostrow de 1392 puxo fin temporalmente ao conflito: Ladislau entregou o goberno de Lituania ao seu primo para alcanzar a paz; Vitautas gobernou como gran duque (magnus dux) ata a súa morte, sometido á autoridade do «duque supremo» (dux supremus), título que asumiu o soberano polaco.[33] Skirgaila perdeu o goberno do Ducado de Trakai, pero foi nomeado para compensalo príncipe de Kíiv. Vitautas aceptou o pacto durante un tempo, pero logo tratou de independizar Lituania de Polonia.[24][18]

A longa contenda entre os lituanos e os cabaleiros teutónicos acabou o 12 de outubro de 1398 coa firma do tratado de Salynas, que recibiu o nome da illa fluvial do Niemen onde se subscribiu. Lituania cedeu Samoxicia e comprometeuse a colaborar coa Orde teutónica na campaña que esta planeaba para apropiarse de Pskov; pola súa banda, a Orde accedeu a axudar a Lituania a conquistar Nǘvgorod.[24] Pouco despois, algúns nobres coroaron rei a Vitautas; ao ano seguinte, no entanto, as súas forzas e as do seu aliado, o kan Toqtamish da Horda Branca, foron vencidas polas dos timúridas na batalla do río Vorskla, o que desbaratou os seus soños de crear un imperio nos territorios orientais e obrigouno a someterse novamente a Ladislau para obter a súa protección.[2][18]

Rei de Polonia

editar

Primeiras accións

editar

O 22 de xuño de 1399, Heduvixes deu a luz a unha filla á que bautizou como Isabel Bonifacia, pero un mes máis tarde as dúas morreron; Ladislau herdou o Reino de Polonia mais quedou sen herdeiro e con escasa lexitimidade para gobernar o Estado. O falecemento de Heduvixes debilitou os dereitos de Ladislau ao trono, e reavivou as vellas desavinzas entre a nobreza da Pequena Polonia, xeralmente favorable a Ladislau, e a da Gran Polonia. En 1402, Ladislau reaccionou ante o descontento sobre o seu goberno casando con Ana de Celje, unha neta de Casimiro III; esta voda reforzou a súa lexitimidade.

A Unión de Vilnius e Radom de 1401 confirmou a Vitautas como gran duque sometido á autoridade de Ladislau, aínda que o título recaeu á morte daquel nos fillos do rei e non nos de Vitautas: no caso de que Ladislau morrese sen herdeiros, os boiardos lituanos elixirían un novo monarca.[34][35] tanto Vitautas como Ladislau carecían de herdeiros, aínda se descoñecía cal sería o resultado da unión, pero esta en calquera caso estableceu vínculos entre as nobrezas polaca e lituana e unha alianza defensiva permanente entre os dous estados, que fortaleceu a Lituania na nova contenda coa Orde teutónica, na que con todo Polonia non participou oficialmente.[31][18] Aínda que o documento non modificou os privilexios dos aristócratas polacos, si que aumentou os dos boiardos lituanos, cuxos grandes duques poderían actuar sen os límites e molestias aos que si que estaban sometidos os soberanos de Polonia. A Unión de Vilnius e Radom polo tanto proporcionou a Ladislau certa simpatía da nobreza lituana.[24]

A finais de 1401, a nova guerra contra a Orde Teutónica atafegou os lituanos, que tiñan que combater en dúas frontes despois de que estalasen revoltas nas provincias orientais. Outro dos irmáns de Ladislau, Švitrigaila, descontento, aproveitou o momento para atizar rebelións e arrogarse o título de gran duque.[29][30] O 31 de xaneiro de 1402, acudiu a Mariemburgo e obtivo a colaboración dos cabaleiros teutónicos a cambio de concesións similares ás que Jogaila e Vitautas lles outorgaran nas disputas anteriores polo poder no gran ducado.[34]

Enfrontamentos coa Orde Teutónica

editar
 
Selo real de Ladislau II Jagiełło.

O tratado de Raciąż puxo fin á guerra o 22 de maio de 1404. Ladislau aceptou ceder Samoxicia e participar nos plans da Orde contra Pskov; a cambio, Konrad von Jungingen accedeu a vender a Polonia a disputada rexión de Dobrzyń e a cidade de Złotoryja, arrendada á Orde por Ladislau de Opole, e colaborar nos novos intentos de Vitautas por apoderarse de Novgorod.[34] Ambas as partes tiñan razóns para asinar o tratado naquel momento: a Orde necesitaba tempo para fortificar as súas novas adquisicións; aos polacos e lituanos convíñalles a paz para lidar cos problemas que tiñan no leste e en Silesia.

Tamén en 1404, Ladislau tratou en Breslavia con Venceslau IV de Bohemia, que ofreceu devolver Silesia a Polonia se aquel o apoiaba nas súas ambicións no Sacro Imperio Romano Xermánico.[36] Ladislau, con todo, rexeitou a proposta co beneplácito dos nobres polacos e silesios, xa que era remiso a involucrarse en novas guerras no oeste.[37]

Guerra polaco-lituano-teutónica

editar
 
Batalla de Grunwald, 1410. Pintura de Jan Matejko

En decembro de 1408, Ladislau e Vitautas reuníronse no castelo de Navahrudak, onde decidiron fomentar unha revolta en Samoxicia contra a Orde teutónica para obrigala a retirar as súas forzas de Pomerelia. A cambio da súa axuda, Ladislau prometeulle a Vitautas que recuperaría Samoxicia cando se asinase a paz.[38] A revolta, que estalou en maio de 1409, ao principio non preocupou moito aos cabaleiros, que aínda non construíran castelos en Samoxicia para consolidar a súa autoridade; en xuño os seus diplomáticos na corte de Ladislau, por entón en Oborniki, trataban de convencer os nobres do inconveniente de que Polonia se vise envolta no conflito entre Lituania e a Orde.[39] Ladislau, con todo, pasou por alto a opinión da aristocracia polaca e advertiu ao novo gran mestre Ulrich von Jungingen que se os cabaleiros trataban de esmagar a revolta en Samoxicia, Polonia interviría. Isto precipitou a declaración de guerra contra Polonia do 6 de agosto, que Ladislau recibiu en Nowy Korczyn o día 14.[39]

Os castelos que protexían a fronteira setentrional polaca estaban en tan malas condicións que os cabaleiros teutónicos conquistaron facilmente os de Złotoryja, Dobrzyń e Bobrowniki —capital da rexión de Dobrzyń—; ademais os burgueses alemáns de Bydgoszcz (en alemán, Bromberg) entregáronlles a cidade. Ladislau acudiu á rexión a finais de setembro, recuperou Bydgoszcz nunha semana, e pactou unha tregua coa Orde o 8 de outubro. Durante o inverno, os dous exércitos aprestáronse a retomar as hostilidades. Ladislau instalou un almacén de subministracións en Płock en Mazovia e mandou construír unha ponte de pontóns que trasladou ao norte polo Vístula.[40]

Namentres, ambos os bandos realizaron manobras diplomáticas. Os cabaleiros enviaron misivas aos monarcas europeos, predicando como habitualmente a cruzada contra os pagáns;[41] pola súa banda, Ladislau contraatacou enviando tamén cartas nas que acusaba a Orde de planear conquistar o mundo enteiro.[42] Estas epístolas atraeron numerosos cabaleiros aos dous bandos. Venceslau IV de Bohemia asinou un tratado defensivo cos polacos contra a Orde; o seu irmán, Sexismundo de Luxemburgo, pola contra, aliouse coa Orde e declarou a guerra a Polonia o 12 de xullo, aínda que os seus vasalos húngaros se negaron a participar nela.[43]

Batalla de Grunwald

editar
 
O castelo teutónico en Mariemburgo.

Cando a guerra se renovou en xuño de 1410, Ladislau penetrou no territorio teutónico ao mando dun exército composto por vinte mil xinetes achegados pola nobreza, quince mil peóns e dous mil xinetes bohemios mercenarios. Tras cruzar o Vístula polos pontóns en Czerwińsk, as súas hostes uníronse ás de Vitautas, que chegara con once mil xinetes de cabalaría lixeira, lituanos, rutenos e tártaros.[44] Pola súa banda, o exército teutónico formábano aproximadamente dezaoito mil xinetes, case todos alemáns, e cinco mil peóns. O 15 de xullo, os polaco-lituanos obtiveron unha vitoria esmagadora na batalla de Grunwald, unha das maiores e máis feroces que se libraron na Idade Media;[2][45] o exército teutónico foi virtualmente aniquilado, incluídos os seus xefes principais, como o gran mestre Ulrich von Jungingen e o gran mariscal Friedrich von Wallenrode. Os dous bandos sufriron miles de mortos.[44]

A vitoria franqueou o camiño dos polaco-lituanos á capital teutónicá de Marienburg, que se achaba indefensa; pero, por razóns que as fontes non aclaran, Ladislau dubidou en aproveitar a oportunidade para conquistala.[45] O 17 de xullo, o seu exército emprendeu un lento avance; chegou a Mariemburgo o 25 de xullo, pero para entón o novo gran maestre, Heinrich von Plauen, alistara a defensa da fortaleza.[46][47] A aparente desgana dos sitiadores, que abandonaron o asedio o 19 de setembro, atribuíuse a distintas causas: o inexpugnable da praza;[46] as copiosas baixas sufridas polos lituanos; a reticencia de Ladislau a perder máis homes ou o seu desexo de debilitar pero non eliminar a Orde para non desbaratar o equilibro de poder entre Polonia (á que beneficiara sobre todo a desaparición dos teutónicos) e Lituania; a falta de documentos impide dar unha explicación concluínte.[48]

Anos finais

editar

Desavinzas

editar
 
Principais batallas no conflito polaco-lituano coa Prusia teutónica, 1377-1434.

A guerra rematou en 1411 coa paz de Thorn, na que nin Polonia nin Lituania aproveitaron a vantaxe obtida nos combates, o que desgustou os nobres polacos. Polonia recuperou Dobrzyń; Lituania, Samoxicia; e Mazovia, un reducido territorio alén do Wkra. A Orde Teutónica conservou a pesar de todo o groso dos seus territorios, incluídas algunhas cidades que na contenda se renderon aos polaco-lituanos. Ladislau liberou entón varios destacados cabaleiros e funcionarios teutónicos a cambio de modestos rescates. O total destes, con todo, resultou moi oneroso para a Orde.[36] Esta incapacidade para aproveitar a vitoria na contenda desgustou os nobres e atizou o descontento contra Ladislau a partir de 1411; á paz insatisfactoria sumáronse ademais a concesión de Podolia a Vitautas, rexión que se disputaban Polonia e Lituania, e a estancia do rei en Lituania, que se prolongou dous anos.[49]

Para desbaratar a oposición, Ladislau concedeu ao dirixente desta, o bispo Mikołaj Trąba, o arcebispado de Gniezno no outono de 1411 e entregoulle o bispado de Cracovia a Wojciech Jastrzębiec, partidario de Vitautas.[49] Tamén tratou de atraerse máis aliados en Lituania. Na unión de Horodłou, asinada o 2 de outubro de 1413, decretou que o Gran Ducado de Lituania quedaba «ligado ao noso reino de Polonia permanente e irreversiblemente» e concedeu á nobreza católica lituana os mesmos privilexios que os que tiña a szlachta polaca. O documento contiña unha cláusula que prohibía aos nobres polacos elixir un monarca sen o consentimento os lituanos, e a estes escoller un gran duque sen o beneplácito do monarca polaco.[35][50][51]

Últimos conflitos

editar

En 1414 estalou unha breve guerra, coñecida como a guerra da fame pola táctica de terra queimada dos cabaleiros, que arrasaron terras e muíños para estorbar o avance inimigo, o que orixinou logo escaseza na zona; pero como tanto os cabaleiros como os lituanos estaban esgotados pola contenda anterior como para emprender outra guerra, o conflito cesou no outono.[49] Non houbo novos choques até 1419, durante o Concilio de Constanza; entón púxolles fin o legado pontificio, que esixiu que se detivesen.[49]

O concilio de Constanza foi un punto de inflexión para as cruzadas teutónicas, do mesmo xeito que para outros conflitos europeos. Vitautas enviou a el unha delegación en 1415 da que formaban parte tanto o metropolitano de Kíiv como algúns samoxicios; chegaron a Constanza a finais de ano para expresar a súa preferencia por ser «bautizados con auga e non con sangue».[29][30] Os emisarios polacos, entre os que se contaban Mikołaj Trąba, Zawisza Czarny, e Paweł Włodkowic, avogaron pola fin das conversións forzadas e porque concluísen as agresións da Orde contra Lituania e Polonia.[52] Como resultado da actividade da diplomacia polaco-lituana, o concilio, a pesar do escándalo que causou o cuestionamento da lexitimidade da Orde por Włodkowic, negouse a autorizar a petición dos teutónicos para que se predicase unha nova cruzada e confiou a conversión dos samoxicios a Polonia–Lituania.[53]

O concilio foi coetáneo da revolta dos husitas bohemios, que trataban de obter o auxilio de Polonia nas súas loitas con Sexismundo, emperador e novo rei de Bohemia. En 1421, a Dieta bohemia depuxo a Sexismundo e ofreceu a coroa a Ladislau a condición de que aceptase os principios relixiosos dos Catro Artigos de Praga, pero este non se mostrou disposto a cumprir esta condición. Trala negativa de Ladislau, elixiuse in absentia a Vitautas, pero este asegurou ao papa que se opuña aos herexes. Entre 1422 e 1428, un sobriño de Ladislau, Sexismundo Korybut, tratou infructuosamente de implantar unha rexencia na arrasada Bohemia, desgarrada pola guerra.[54][55] Vitautas aceptou a coroa real que Sexismundo lle ofreceu en 1429 —aparentemente co beneplácito de Ladislau— pero forzas polacas apoderáronse dela mentres cruzaba por territorio polaco e a coroación anulouse.[35][56]

En 1422, Ladislau disputou outra contenda, coñecida como a guerra de Gollub, contra a Orde teutónica; venceu en menos de dous meses, antes de que os reforzos imperiais tivesen tempo para chegar en socorro dos teutónicos. No tratado de Melno os cabaleiros abandonaron definitivamente a súa reclamación de Samoxicia e trazouse unha fronteira clara entre Prusia e Lituania. Esta obtivo Samoxicia, co porto de Palanga, pero a Orde conservou Klaipeda.[35] Esta fronteira apenas cambiou nos seguintes cincocentos anos, ata 1920. As disposicións do tratado describíronse non obstante como un revés para Polonia debido a que nel Ladislau renunciou a Pomerania, Pomerelia, e a rexión de Chełmno, a cambio unicamente da cidade de Nieszawa.[57] O tratado de Melno puxo fin a unha etapa de guerras dos teutónicos con Lituania, mais non resolveu as desavinzas con Polonia. Por iso, entre 1431 e 1435 libráronse novas guerras entre a Orde e os polacos.

As diferenzas que xurdiron entre Polonia e Lituania á morte de Vitautas en 1430 permitiron aos cabaleiros entrometerse novamente nos asuntos polacos. Ladislau apoiou as pretensións do seu irmán Švitrigaila ao trono do Gran Ducado de Lituania,[7] pero cando Švitrigaila, co apoio dos teutónicos e de nobres de Rus' desafectos sacudiuse a soberanía polaca,[28] os polacos, acaudillados polo bispo Zbigniew Oleśnicki de Cracovia, ocuparon Podolia, que Ladislau entregara a Lituania en 1411, e Volinia.[35] En 1432, os partidarios dos polacos en Lituania elixiron gran duque a un irmán de Vitautas, Sexismundo, o que desencadeou unha guerra polo trono que perdurou durante anos, mesmo tralo falecemento de Ladislau.[28][35]

Morte e sucesión

editar
 
O sarcófago de Ladislau, na catedral de Wawel.

A segunda muller de Ladislau, Ana de Celje, morrera en 1416, deixando unha filla, Heduvixes. En 1417, Ladislau desposou a Isabel de Pilica, que faleceu en 1420 sen ter fillos; dous anos máis tarde, casou de novo, con Sofía de Halshany, coa que tivo dous fillos varóns. A morte en 1431 da princesa Heduvixes, a última herdeira da liñaxe dos Piastas, permitiulle a Ladislau nomear como tales os fillos que tivera con Sofía de Halshany, aínda que tivo que lograr para iso a aquiescencia dos nobres polacos mediante a concesión de mercés, xa que a monarquía era electiva.

Ladislau faleceu en 1434, deixando Polonia ao seu fillo máis vello, Ladislau III, e Lituania ao benxamín, Casimiro; os dous eran por entón aínda menores de idade.[31][58] A herdanza lituana, aínda así, non era segura. A morte de Ladislau disolveu a unión persoal dos territorios, e non estaba claro que a substituiría.[59]

  1. Ana Jagiełło, a última da liñaxe homónima, faleceu en 1596.
  2. Algúns historiadores describiron este sistema como unha diarquía.[7][8]) Porén, Rowell afirma que a natureza dual do poder «...era un sinal de pragmatismo político; o sistema non cumpría o requisito da diarquía de estar composta de "dúas autoridades independentes", as dúas autoridades non se atopaban en pé de igualdade: o gran duque de Vilnius tiña a primacía».[9]
  3. O historiador John Meyendorff indica que Jogaila puido ser xa ortodoxo: «En 1377, Algirdas de Lituania faleceu e deixou o gran ducado ao seu fillo Jogaila, cristián ortodoxo...»[14]. Dmitri, non obstante, puxo como condición para concederlle a man da súa filla que se «bautizase na fe ortodoxa e que a proclamase ante os homes».[15]
  4. Heduvixes (Jadwiga) ostentaba en realidade o título de rei (rex poloni), porque o sistema político polaco non prevía que pudiese reinar unha muller.[16]
  5. Reflicte a excepcional visión dos grupos dirixentes dos dous Estados», afirmou Kłoczowski.[21]). Polo contrario, para Lukowski e Zawadzki: foi «un intento desesperado de Jogaila de evitar o sometemento, que parecía inevitable».[22]
  6. Nome eslavo que significa aproximadamente «goberno glorioso»; Władysław escríbese habitualmente Ladislau. A elección traía á memoria a Ladislau I de Polonia, bisavó de Heduvixes e unificador do reino en 1320, e a san Ladislau I de Hungría, rei que apoiou o papa contra o emperador Henrique IV d cristianizou Transilvania.[12]
Referencias
  1. academia.gal (ed.). "Nome Ladislau na RAG". Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Bojtár 2000, p. 182.
  3. Bojtár 2000, pp. 180-186.
  4. Boczkowska & 2011, p. 27.
  5. Tęgowski 1999, pp. 124-125.
  6. Stone 2001, p. 4.
  7. 7,0 7,1 7,2 Sruogienė-Sruoga 1987.
  8. Deveike 1950.
  9. Rowell 1994, p. 68.
  10. Plokhy 2006, p. 46.
  11. 11,0 11,1 Bojtár 2000, p. 181.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Rowell 2000, pp. 709-712.
  13. 13,0 13,1 Mickūnaitė 1999, p. 157.
  14. Meyendorff 1989, p. 205.
  15. Dvornik 1992, p. 221.
  16. 16,0 16,1 Stone 2001, p. 8.
  17. Lukowski & Zawadzki 2001, p. 42.
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Dvornik 1992, p. 129.
  19. Lukowski & Zawadzki 2001, p. 37.
  20. Lukowski & Zawadzki 2001, p. 41.
  21. Kłoczowski 2000, p. 55.
  22. Lukowski & Zawadzki 2001, p. 38.
  23. 23,0 23,1 23,2 Kłoczowski 2000, pp. 54-57.
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 24,5 Jasienica 1988, pp. 80-146.
  25. Jasienica 1988, pp. 74-80.
  26. Dvornik 1992, p. 344.
  27. Magocsi 1996, p. 134.
  28. 28,0 28,1 28,2 Plokhy 2006, p. 98.
  29. 29,0 29,1 29,2 Housley 1992, p. 361.
  30. 30,0 30,1 30,2 Rowell 2000, p. 733.
  31. 31,0 31,1 31,2 Sedlar 1994, p. 282.
  32. Turnbull 2004, p. 22.
  33. Rowell 2000, p. 732.
  34. 34,0 34,1 34,2 Jasienica 1988, p. 103.
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 35,5 Stone 2001, p. 11.
  36. 36,0 36,1 Rowell 2000, p. 348.
  37. "Śląsk w polityce Piastów (Silesia within the policies of the Piasts)". Polska Piastów. 2005. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2006. Consultado o 9 de agosto de 2006. 
  38. Karwasińska & Zakrzewski 1935, p. 21.
  39. 39,0 39,1 Jasienica 1988, p. 106.
  40. Turnbull 2003.
  41. Delbrück 1990, p. 526.
  42. Jasienica 1988, p. 108.
  43. Jasienica 1988, p. 110.
  44. 44,0 44,1 Stone 2001, p. 16.
  45. 45,0 45,1 Turnbull 2003, p. 7.
  46. 46,0 46,1 Stone 2001, p. 17.
  47. Turnbull 2003, p. 73.
  48. Jasienica 1988, p. 2.
  49. 49,0 49,1 49,2 49,3 Jasienica 1988, p. 121.
  50. Rowell 2000, pp. 775–6.
  51. Dvornik 1992, pp. 342-343.
  52. Kłoczowski 2000, p. 73.
  53. Housley 1992, pp. 351-361.
  54. Bideleux 1998, pp. 233-235.
  55. Turnbull & McBride 2004, pp. 11-12.
  56. Rowell 2000, p. 353.
  57. Jasienica 1988, p. 130.
  58. Rowell 2000, p. 711.
  59. Stone 2001, p. 15.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
eth 2
jung 3
jung 3
orte 18
Story 11
Todos 1