O lago da Baña (oficialmente Lago de la Baña e denominado Llagu Lla Baña [1] en asturleonés) é unha lagoa de orixe glaciar situada preto de La Baña, Encinedo, na comarca de Cabreira en León. É un espazo declarado "monumento natural" ao norte da serra da Cabreira e da serra da Mina.[2]

Modelo:Xeografía físicaLago da Baña
Imaxe
Tipomonumento natural de España
espazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°15′42″N 6°44′33″O / 42.2617, -6.7425
Características
Superficie731 ha
796,05392 ha Editar o valor en Wikidata
IUCN categoría III: Monumento Natural
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 142953 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1990 Editar o valor en Wikidata

Formouse por erosión glaciar e conta ao redor cun circo glaciar rematado polos cumes de Pena Trevinca (2.127 m) e Pena Surbia, no límite de Galiza. No lago destaca unha morena glaciar formada por laxes de lousa, que se atopa nun bo estado de conservación, malia as actividades de minaría a ceo aberto que se realizan nas súas proximidades.

Na paisaxe da contorna abondan distintas aves de rapina, lobos, xabarís e troitas, así como bidos, acivros e moi diversos tipos de fentos de montaña.

  1. "Llagu la Baña, Monumento Natural". 
  2. Monumentos naturales de Castilla y León, Junta de Castilla y León. (eds.). "Monumento Natural 'Lago de la Baña'". 

Véxase tamén

editar
  NODES
admin 1
todo 1