Lancer Books

editorial dos Estados Unidos de América

Lancer Books foi unha editorial fundada por Irwin Stein e Walter Zacharius que estivo en activo dende 1961 até 1973. Malia que publicou historias de moitos tipos e xéneros, salientou pola publicación en ciencia ficción e fantasía, particularmente a serie de Conan o bárbaro escrita por Robert E. Howard, sendo a primeira publicación de moitas en formato de formato de peto. Tamén publicou a controvertida novela Candy de Terry Southern e Mason Hoffenberg,[1] e a serie The Man from O.R.G.Y. de Ted Mark.[2] Os libros de peto de Lancer tiñan un aspecto distintivo, moitos dos cales tiñan bordos malva ou verde.

Lancer Books
Tipoeditorial
Data de fundación1961
SedeNova York
PaísEstados Unidos de América
editar datos en Wikidata ]
  1. Fowle, Farnsworth. "Two Publishers Vie for Rights To 'Candy' Paperback Edition," New York Times (8 de xaneiro de 1965).
  2. Grimes, William. "Walter Zacharius, Romance Publisher, Dies at 87," New York Times (7 de marzo de 2011).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1