Lawrence Gonzi
Lawrence Gonzi, nado en Pietà o 1 de xullo de 1953, é un político de Malta, primeiro ministro dende o 23 de marzo de 2004, e ministro de finanzas. É o líder do Partido Nacionalista.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1953 (71 anos) A Valeta, Malta |
4º Commonwealth Chairperson-in-Office (en) | |
25 de novembro de 2005 – 23 de novembro de 2007 ← Olusegun Obasanjo – Yoweri Museveni → | |
12º Primeiro ministro de Malta | |
23 de marzo de 2004 – 11 de marzo de 2013 ← Edward Fenech Adami – Joseph Muscat (pt) → | |
11º Finance Minister of Malta (en) | |
23 de marzo de 2004 – 12 de marzo de 2008 ← John Dalli (pt) – Tonio Fenech (en) → | |
Deputy Prime Minister of Malta (en) | |
1999 – 2004 ← Guido de Marco – Tonio Borg (pt) → | |
Speaker of the House of Representatives of Malta (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Malta |
Actividade | |
Ocupación | economista, político |
Partido político | Partido Nacionalista (pt) |
Premios | |
Carreira política
editarEn 1987 Gonzi contestou sen logro as eleccións xerais, xunto con seu partido, o Nacionalista. En 1988 foi indicado líder do parlamento, e en 1992 foi novamente indicado por unanimidade. Gonzi contestou novamente as eleccións en 1996 e desta vez foi ben sucedido. Como membro da oposición no parlamento el actuou como "ministro paralelo" sobre política social, como secretario do bloque nacionalista do parlamento, líder do bloque e despois secretario-xeral do partido. O 1998 el retornou e foi apuntado como Ministro de Política Social. En maio de 1999 el foi indicado como primeiro ministro e líder da casa.
Gonzi foi novamente ben sucedido en 2003, e despois da renuncia de Edward Fenech Adami como primeiro ministro e líder do partido, gañou a disputa do liderado en marzo de 2004. El foi indicado primeiro ministro inmediatamente. Tras 2004, Gonzi tornouse tamén ministro das Finanzas, e como tal, seguiu os criterios do Tratado de Maastricht, conducindo Malta para a Eurozona.
Nas eleccións xerais de 2008 que ocorreran a 8 de marzo, Gonzi foi novamente elixido primeiro ministro. El conduce o país con planos en relación á Europa e tamén para temas locais, planificación e medio-ambiente, asuntos militares, desenvolvemento sustentábel e turismo. Para axudalo, como secretarios parlamentarios están Mario de Marco como Secretario Parlamentario de Turismo, e Chris Said como Secretario Parlamentario para o Diálogo Público e Información. Gonzi foi tamén confirmado como líder do Partido Nacionalista pola 2ª vez en 11 de maio de 2008.