León III, nado en Roma e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 816, foi Papa da Igrexa católica de 795 ao 816.

Modelo:BiografíaLeón III, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Leo PP. III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento750 Editar o valor en Wikidata
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Mortep. 12 de xuño de 816 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
96º Papa
31 de decembro de 795 – 12 de xuño de 816 (Gregoriano)
← Hadrián IEstevo IV → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, escritor, bispo católico Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa12 de xuño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Leo III.
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX827784 WikiTree: Di_Roma-50 Find a Grave: 8821754 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Escolleito Papa o 26 de decembro do 795, cando era cardeal de Santa Susana e responsábel do tesouro pontificio, foi consagrado o día seguinte. Inmediatamente comunicou a súa elección a Carlomagno e mandoulle unha carta coas chaves da tumba de San Pedro e a bandeira de Roma, acción coa cal recoñecía ao rei dos francos como protector da Santa Se.

León pertencía a unha familia modesta e como novo papa non contou co apoio da nobreza romana; unha parte dos seus membros, emparentados co anterior pontífice, organizaron unha emboscada durante unha procesión celebrada o 25 de abril do 799 na cal León resultou ferido, foi formalmente deposto e enviado ao mosteiro de Santo Erasmo, de onde conseguiu escapar e reunirse con Carlomagno en Paderborn, onde lle solicitou axuda. O rei dos francos, logo de recibir unha embaixada romana que acusou a León de adulterio e de falso xuramento, prestou o seu apoio a León non recoñecendo a súa deposición e escoltándoo ata Roma.

O ano seguinte, o 24 de novembro do 800, Carlomagno entrou a Roma onde convocou e presidiu un sínodo para escoitar os argumentos do Papa deposto e dos seus opositores. Durante este sínodo, León, o 23 de decembro, prestou xuramento afirmando que era totalmente inocente dos cargos que se presentaran contra el. Dous días despois, o 25 de decembro do 800, o Papa coroou a Carlomagno como emperador na Basílica de San Pedro. Así, León III colocou a coroa sobre a cabeza do Emperador mentres o pobo o aclamaba coas seguintes palabras:[1]

A Carlos Augusto, coroado por Deus, grande e pacífico emperador dos romanos, vida e vitoria!

Nun concilio celebrado en Aquisgrán o ano 809, prohibiu o uso da cláusula filioque e ordenou que o credo, sen esta cláusula, fose gravado sobre dúas mesas de prata e exposto na Basílica de San Pedro.

Con este acto, León III iniciou unha tradición que continuou ata o ano 1452 coa coroación de Federico III, de coexistencia dun emperador de Oriente e un emperador de Occidente, e supuxo para Roma unha afirmación da súa primacía, pero tamén un recoñecemento da existencia dun poder temporal, diferente do pontificio, que nas seguintes centurias provocou importantes conflitos cos emperadores xermánicos.

O papa León III foi importante para Galicia xa que unha vez descuberto o sepulcro do apóstolo Santiago, outorgou aprobación e veracidade ó achado mediante a epístola Noscat fraternitas vostra.[2]

León III morreu o 12 de xuño do 816 e foi enterrado na Basílica de San Pedro. Foi canonizado polo papa Clemente X, quen no ano 1673, fixo que entrase no Martiroloxio Romano.[3]

  1. Del Hoyo, Javier (1997). Anales del Imperio Carolingio. Clásicos Latinos Medievales 5. Ed. Akal. p. 63. ISBN 84-460-0450-X. 
  2. Udías Iglesias, Juan Carlos (2016). "EL CAMINO DE SANTIAGO POR TIERRAS DE CASTILLA Y CAMPOS: UNA VIA DE INTERCAMBIO EN LA ESPAÑA MEDIEVAL (SIGLOS X-XIV)". Facultad de Filosofía y Letras. Universidad de Cantabria: 18. 
  3. Baring-Gould, Sabine (1874), p. 156

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
iOS 3
mac 2
multimedia 1
os 50
todo 1