Le Mans Sarthe Basket
O Le Mans Sarthe Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Mans, no País do Loira. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 1978 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, gañando o título até en catro ocasións máis, a última en 2018.
Le Mans Sarthe Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A |
Alcume | Les tangos |
Fundación | 1939 |
Historia | SCM Le Mans (1939-1993) |
Cores | Laranxa, gris, branco |
Presidente | Christophe Le Bouille |
Adestrador | Elric Delord |
Vestimenta | Kappa |
Localización | |
Cidade | Le Mans, Francia |
Pavillón | Antarès |
Capacidade | 6 003 |
Inauguración | 1995 |
Campionatos | |
Liga | 5 (1978, 1979, 1982, 2006, 2018) |
Copa | 4 (1964, 2004, 2009, 2016) |
msb.fr |
Historia
editarEn 1928, un industrial francés, Léopold Gouloumés chegou á cidade de Le Mans e fundou a Société des Comptoirs Modernes. Do mesmo xeito que moitas outras industrias do momento, Bernard Gasnal e el, fundaron o seu propio club deportivo en 1938, ao cal chamaron Goulou Club.[1] Porén, en setembro de 1939 estalou a segunda guerra mundial e necesitábanse aos homes para loitar. Coa ausencia dos homes, as mulleres convenceron ao club para a creación dun equipo de baloncesto feminino.
En 1941 o goberno francés prohibiu aos clubs deportivos utilizar o nome dunha industria, polo que o club Goulou cambiou o seu nome polo de Modern Sporting Club. En 1952, as mozas do Le Mans gañaron o campionato nacional. A raíz diso Bernard Gasnal decidiu fundar tamén un equipo masculino. Pouco máis dunha década despois, en 1963, o novo club consegue chegar á máxima categoría. Os anos a partir da temporada 1969−70 foron moi exitosos, gañaron a Copa de Francia en 1964 e a Liga en 1978, 1979 e 1982. Despois da euforia dos partidos europeos, o rumbo do club mudou coa chegada de grandes potencias ao baloncesto francés como o CSP Limoges e o Pau-Orthez. En 1993 o club muda o nome de SCM Le Mans a Le Mans Sarthe Basket. Coa chegada do novo milenio o club converteuse nun dos habituais contendentes polo título, gañando a Copa en 2004, 2009, 2016 e a Liga en 2006 e 2018.
Ano a ano
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa | Leaders Cup | Competición europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005–06 | 1 | Pro A | 1º | 22–12 | Cuartos de final | Campións | 2 ULEB Cup | LR |
2006–07 | 1 | Pro A | 6º | 22–15 | Rolda de 16 | Subcampión | 1 Euroliga | LR |
2007–08 | 1 | Pro A | 3º | 26–9 | Rolda de 16 | Cuartos de final | 1 Euroliga | LR |
2008–09 | 1 | Pro A | 3º | 23–12 | Campións | Campións | 1 Euroliga | LR |
2009–10 | 1 | Pro A | 2º | 26–10 | Rolda de 16 | Cuartos de final | 2 Eurocup | L16 |
2010–11 | 1 | Pro A | 8º | 14–18 | Rolda de 16 | 2 Eurocup | L16 | |
2011–12 | 1 | Pro A | 2º | 23–14 | Cuartos de final | Semifinais | 2 Eurocup | LR |
2012–13 | 1 | Pro A | 6º | 17–16 | Rolda de 32 | Semifinais | 2 Eurocup | LR |
2013–14 | 1 | Pro A | 5th | 19–13 | Cuartos de final | Campión | 2 Eurocup | LR |
2014–15 | 1 | Pro A | 3º | 21–19 | Rolda de 16 | Subcampión | 3 EuroChallenge | CF |
2015–16 | 1 | Pro A | 3º | 25–15 | Campións | Cuartos de final | 2 Eurocup | LR |
2016–17 | 1 | Pro A | 12º | 14–20 | Subcampión | 3 Champions League | R16 | |
2017–18 | 1 | Pro A | 1º | 29–18 | Rolda de 32 | Subcampión | ||
2018–19 | 1 | Pro A | 8º | 20–14 | Subcampión | 3 Champions League | OF | |
2019–20 | 1 | Pro A | 9º | 11–14 | Oitavos de final | |||
2020–21 | 1 | Pro A | 7º | 19–15 | Cuartos de final | |||
2021–22 | 1 | Pro A | 9º | 17–17 | Oitavos de final | 3 Champions League | RC |
Xogadores
editarDestacados
editarTítulos
editar- Campións (5): 1978, 1979, 1982, 2006, 2018
- Subcampións (2): 2010, 2012
- Campións (4): 1964, 2004, 2009, 2016
- Subcampións (1): 2017, 2019
Leaders Cup
- Campións (3): 2006, 2009, 2014
- Subcampións (3): 2004, 2007, 2015
Notas
editar- ↑ "Histoire du MSB / SCM". msb.com (en francés).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en francés)