Leiria

concello e vila de Portugal
(Redirección desde «Leiria, Portugal»)

Leiria é unha cidade portuguesa, situada na rexión Centro e subrexión do Rexión de Leiria, con aproximadamente 65 000 habitantes,[1] capital do concello e do distrito de Leiria.

Modelo:Xeografía políticaLeiria
Imaxe

Localización
Mapa
 39°44′35″N 8°48′25″O / 39.7431, -8.8069
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Leiria Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación126.897 (2011) Editar o valor en Wikidata (224,73 hab./km²)
Xeografía
Superficie564,66 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Lis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1142 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal2400–2420 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico244 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcm-leiria.pt Editar o valor en Wikidata

Foi fundada como vila en 1135, recibindo o primeiro foro de Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, en 1142, baixo o nome de Leirena.

É sede dun municipio con 565,1 km² de superficie e 128.640 habitantes (INE, 2021), subdividido en 18 freguesías.

Ten un clima temperado marítimo, chuvioso, con temperaturas suaves. Experimentou un notábel crecemento demográfico, do 271,2 % con respecto a 1960, así como tamén un acusado envellecemento da súa poboación, aínda que inferior ao da poboación do distrito. Nas últimas décadas, Leiria coñeceu un importante desenvolvemento industrial e cultural, coa creación de escolas e institutos de ensinanza superior que atraen a un gran número de estudantes, incluso doutros distritos.

A poboación activa da cidade traballa maioritariamente en actividades do sector terciario (70,4 %) e secundario (18,6 %). En 2021 tiña 65.000 residentes, repartidos en sete freguesías: Marrazes, Leiria, Pousos, Parceiros, Barreira, Barrosa e cortes.

A cidade está bañada polos ríos Lis e Lena, sendo o castelo de Leiria o seu monumento máis notábel.

  1. Nuno Pires Soares (2021): Uma população que se urbaniza. Uma avaliacção recente. Cidades, 2004. Instituto Geográfico Português Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine..

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
admin 1
todo 1