Leite Río

empresa galega do sector lácteo

Leite Río S.L. é a empresa máis importante dentro do holding empresarial Grupo Galego Leite Río. Factura ao ano máis de 254 millóns de euros só coas vendas de Leyma (adquirida en 2005 a Ebro Puleva) e Leite Río.

Leite Río SL
TipoSociedade Limitada
LocalizaciónRúa da Agricultura, 27003 Lugo Galicia Galiza
FundadorXesús Lence
IndustriaAlimentación
ProdutosLeite e derivados
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
O xogador de baloncesto Jordi Vallmajó, integrante do Club Baloncesto Breogán que foi patrocinado pola empresa durante varias tempadas.

Xesús Lence (Castroverde, 1940), inicialmente perito de profesión, monta no ano 1963 cun crédito de 300.000 pesetas a que sería a súa primeira empresa: unha estación de servizo no Corgo (Lugo).

Debido ás débedas que un transportista de leite tiña con el,[1] faise co seu negocio (dous camións e tres cisternas) e nun par de anos xa transportaba leite de Francia a todas as centrais de España.

Despois do éxito no transporte de leite, lánzase a envasar e comercializar o seu propio produto, co que nace en 1975 a empresa Refrileche. A novidade que implanta esta empresa no sector é o uso de tanques de frío e cisternas, o que supón unha mellora no sistema de recollida e distribución.

Posteriormente, xorde Lácteos Lence S.L. creada no ano 1981, e adicada ao envasado, que constitúe o seguinte paso da compañía cara a integración vertical na produción láctea. No ano 1998 muda de nome e pasa a chamarse Leite Río S.L. Neste período experiméntase un amplo crecemento da produción e a capacidade pasa de 25.000 litros semanais a 700.000 litros semanais.[1]

Tamén comeza a diversificarse cara ós zumes de froitas e cara ó mercado das augas. Ademais, implantáronse melloras no sistema e continúan os convenios con gandeiros (incluíndo novas medidas de hixiene do gando ou subvencións para os tanques de frío).

A modo de curiosidade, como xa ten manifestado en varias ocasións, Xesús Lence chegou ó sector lácteo por casualidade: "Non muxín unha vaca na miña vida". O máis cerca que estivo dunha foi nunha sesión fotográfica para a revista Gigantes cando presidía o Leite Río Breogán. "Pedíronme que me acercase e que lle tocase un corno, pero os cornos dábanme moitísimo medo".

Produtos

editar

Lácteos

editar

Leite Río conta con diversos formatos de produto, e cada un deles desglósase nas liñas de "desnatado, semidesnatado e enteiro".

  • Formato Tetra Pak
  • Leite U.H.T. (botella)
  • Cremosita
  • Solar
  • Río Calcio (soamente desnatado e semidesnatado)
  • Nata (para montar e para cociñar)
  • Río Frutas (Mazá, Mediterráneo e Tropical).

Hostalería

editar
  • Leite U.H.T. Leyma (especial hostalería).

Proceso de elaboración

editar

O proceso de elaboración de Leite Río segue os seguintes pasos:

  • Recepción do leite: o leite é recibido en colectores de distintas capacidades e con temperaturas controladas, xa que se trata de leite previamente refrixerado. Ao chegar á planta compróbase que os parámetros de calidade sexan correctos e unha vez comprobado, comeza a descargarse o leite.
  • Proceso U.H.T.: é un método de esterilización que grazas á velocidade de quecemento e arrefriamento asegura que o sabor e a aparencia do leite se conserven integramente.
  • Proceso homoxeneizador: nesta fase o leite sométese a altas presións, co fin de romper os góbulos de graxa. Posteriormente, o leite pasa a un tanque aséptico.
  • Proceso aséptico de envasado Tetra Pack: significa que o produto tratado por U.H.T. é envasado en condicións asépticas nun envase esterilizado e apartado do aire e da luz.
  • Etiquetaxe, empaquetado e paletizado do produto terminado: os envases son transportados por unha cinta en dirección á máquina de etiquetaxe e deseguida incorpórase a tapa, pasando polas encaixonadoras e o paletizador para finalmente chegar ao almacén de produto terminado.

Grupo Galego Leite Río

editar

Leite Río S.L. é unha empresa láctea galega, líder do sector, sendo a empresa que máis leite ao ano procesa de toda Galicia,[2] que así mesmo é a principal comunidade produtora de leite en España. Trátase da empresa de capital nacional máis importante da provincia de Lugo.

Dende o ano 2005, dispón de catro plantas de envasado, dúas no Polígono Industrial do Ceao (Lugo) outra en Láncara e outra en Arteixo (A Coruña); nas que traballan arredor de 94 persoas.

A facturación de Leite Río tivo unha evolución ascendente que se mantivo ata o ano 2010, cando as vendas se retraeron un 2,6% respecto do ano anterior. A raíz da ampliación da capacidade da súa planta do Polígono do Ceao, a empresa espera acadar unhas vendas 210 millóns de euros.

Outras empresas do grupo

editar

Áreas de servizo:

  • Complexo San Cristóbal, S.L. O Corgo
  • Estación de servizo Repsol-Ceao

Centros de negocios e servizos:

  • Centro de negocios e servizos San Cristóbal (polígono industrial O Ceao).

Hoteis e restaurantes:

  • Hotel Ceao Express (centro de negocios).
  • Rodicio Vía Express

Empresas loxísticas:

  • Logitrans Rio S.L.
  • Transleche S.A.

Envasado de auga:

  • Fonxesta S.L.

Promoción

editar

Breogán é a terceira entidade deportiva de Galicia e transformouse no máximo expoñente lucense do deporte de alta competición.[3]

Leite Río S.L. tamén patrocina ao club de baloncesto C.B. Sarria, o Leite Río Cidade de Lugo de Piragüismo e apoia eventos desta índole xeralmente con sede en Lugo. Ademais de no deporte, tamén colabora con institucións públicas como Cruz Vermella.[4]

  1. 1,0 1,1 http://elpais.com/diario/2008/07/06/galicia/1215339503_850215.html
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  4. Leite Río suministrará al FEGA 21 millones de litros de leche que repartirá la Cruz Roja... La Voz de Galicia (en castelán).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 5
mac 1
os 49
todo 2