Lena Meyer-Landrut
Lena Meyer-Landrut, nada en Hannover o 23 de maio de 1991, é unha cantante alemá.
(2020) | |
Nome orixinal | (de) Lena Johanna Therese Meyer-Landrut |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de maio de 1991 (33 anos) Hannover (Alemaña) |
Outros nomes | Lena |
Educación | IGS Roderbruch (en) Universidade de Colonia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Colonia |
Ocupación | actriz de dobraxe, modelo, actriz de televisión, música, pianista, compositora, actriz, cantante, artista discográfico |
Período de actividade | 2010 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música pop, música independente e indie pop |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Universal Music Group |
Participou en | |
2011 | Festival de Eurovisión 2011 |
29 de maio de 2010 | Festival de Eurovisión 2010 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Mark Forster (2019–) |
Parentes | Andreas Meyer-Landrut, avó |
Cronoloxía | |
29 de maio de 2010 | Festival de Eurovisión 2010 |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Babepedia >>>:Lena Meyer-Landrut |
Sitio web | lena-meyer-landrut.de |
|
Traxectoria
editarLena foi a gañadora do concurso de talentos "Unser Star für Oslo" ("A nosa estrela para Oslo"), cuxa final foi realizada o 12 de marzo de 2010. A vitoria deulle o dereito a representar a Alemaña no Festival da Canción de Eurovisión 2010 coa canción "Satellite" escrita polos compositores Julie Frost e John Gordon. Esta canción, xunto cos temas "Bee" e "Love me" (esta última co escrita por ela mesma xunto a Stefan Raab) ocuparon o tres primeiros lugares no iTunes Store alemán o día despois da final nacional. O día 29 de maio de 2010 proclamouse gañadora do Festival de Eurovisión, celebrado en Oslo, con 246 puntos.
No Festival de Eurovisión 2011 volve representar a Alemaña coa canción "Taken by a stranger".