Lesoto
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2013.) |
Lesoto ou Lesotho[1] cuxo nome oficial é Reino de Lesoto (en sesotho Muso oa Lesotho, "O País dos que falan Sesotho"), é un estado situado no sur de África e encravado dentro de Suráfrica, membro da mancomunidade de nacións británica, este país era coñecido antes como Basutolandia.
Lesotho (st) | |||||
Himno | Lesotho Fatse La Bontata Rona (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Khotso, Pula, Nala» «Peace, Rain, Prosperity» «Мир, дъжд, просперитет» «Y Frenhiniaeth yn yr Awyr» | ||||
Epónimo | Lingua sotho | ||||
Localización | |||||
| |||||
Enclave en | Suráfrica | ||||
Capital | Maseru | ||||
Contén a división administrativa | Butha-Buthe (pt) Distrito de Berea Leribe (pt) Mafeteng (pt) Maseru (pt) Mohale's Hoek (pt) Mokhotlong (pt) Qacha's Nek (pt) Quthing (pt) Thaba-Tseka (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.007.201 (2016) (66,12 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua sotho | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 30.355 km² | ||||
Punto máis alto | Thabana Ntlenyana (pt) (3.482 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Orange (1.400 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1966 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | ||||
• King of Lesotho (en) | Letsie III (1996–) | ||||
• Prime Minister of Lesotho (en) | Sam Matekane (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Lesotho (en) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 2.373.416.269 $ (2021) | ||||
Moeda | Loti | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ls | ||||
Prefixo telefónico | +266 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 114 (pt) e 115 | ||||
Código de país | LS | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gov.ls | ||||
Historia
editarA terra de Basutolandia foi renomeada como reino de Lesoto despois da súa independencia do Reino Unido no 1966. O rei Moshoeshoe exiliouse no 1990. No 1993, o goberno constitucional foi restaurado despois un período de espera de 23 anos durante os que o dirixiron os militares. No 1998, protestas violentas asociadas provocaron a intervención breve, mais sanguenta, do exército surafricano no momento das eleccións. Outra reforma constitucional restableceu a estabilidade do país.
Política
editarDende o 7 de febreiro do 1996, o rei Letsie III reina sobre o Lesoto sucedendo ao seu pai.
Subdivisións
editar- Artigo principal: Subdivisións de Lesoto.
O reino de Lesoto atópase dividido en 10 distritos:
Divisións administrativas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Distritos do país | Distrito | Capital | Superficie (km²) | Poboación (hab.) | Localización dos principais centros urbanos |
1. Berea | Teyateyaneng | 2222 | 300.000 | ||
2. Butha-Buthe | Butha-Bethe | 1767 | 130.000 | ||
3. Leribe | Hlotse | 2823 | 450.000 | ||
4. Mafeteng | Mafeteng | 2119 | 330.000 | ||
5. Maseru | Maseru | 4279 | 500.000 | ||
6. Mohale's Hoek | Mohale's Hoek | 3530 | 310.000 | ||
7. Mokhotlong | Mokhotlong | 4075 | 130.000 | ||
8. Qacha's Neck | Qacha's Neck | 2349 | 110.000 | ||
9. Quthing | Quthing/Moyeni | 2916 | 200.000 | ||
10. Thaba-Tseka | Thaba-Tseka | 4270 | 170.000 |
Xeografía
editarO relevo do Lesoto é moi montañoso, e o país é chamado «Un reino no ceo», o que o describe moito, xa que todo o país está a máis de 1400m de alto. O seu punto cumio é o Tabana Ntlenyana de 3482m de alto.
O inverno é de xuño a agosto, con temperaturas preto dos 0 °C. Entón podes ver a neve sobre das montañas. A estación das choivas comeza en outubro e remata en abril.
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Lesoto.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Demografía
editarMáis do 99% da poboación de Lesoto son etnicamente basotho; outros grupos étnicos inclúen europeos e asiáticos. A poboación do país é 80% cristiá, a maioría deles católicos romanos. Outras relixións son o islam, o hinduísmo e varias crenzas indíxenas. O sesotho e o inglés son os idiomas oficiais, outros idiomas inclúen o zulú e xosa.
Do mesmo xeito que en moitos outros países da África subsahariana, a SIDA converteuse nun auténtico problema. A data de hoxe,[cando?] o 29% da poboación é portadora do virus ou desenvolveu a enfermidade, e os datos de organismos internacionais estiman que a porcentaxe subirá ata o 35% nos próximos anos. A consecuencia máis palpable deste fenómeno é a espectacular caída da esperanza de vida ata os 37 anos.
O goberno nacional tardou en recoñecer a gravidade do problema, e as súas medidas para frear as consecuencias de devandita enfermidade non comezaron a levarse a cabo ata 1999. En devandito ano, organismos gobernamentais finalizaron o seu plan estratéxico contra a SIDA, reforzado nos vindeiros anos con novas propostas tanto no ámbito da educación, a prevención ou o tratamento. A este problema, debe sumarse a falta de persoal médico especializado no país.
Notas
editar- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |