Licenza MIT

licenza de software libre

A licenza MIT (ou licenza X11 ou MIT X)[1] é unha licenza de software libre permisiva.[2] Esta licenza creárona avogados no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) fundamentándose na licenza BSD e facéndoa máis sinxela.[2][3] Como o MIT liberou diversas licenzas a Free Software Foundation refírese a esta licenza chamándoa Licenza X11.[4] Dálle ese nome porque é a licenza do xestor gráfico X Window System.[1] Pola contra a Open Source Iniciative non concorda con iso e chámalle Licenza MIT.[1]

Xa que é unha licenza permisiva, ten poucas limitacións sobre do reuso do software e permite que sexa unha ampla compatible con outras licenzas.[5][6] A licenza sempre inclúe unha declaración sobre do copyright e unha advertencia que indica que o software se distribúe "como está" e que os propietarios non se fan responsables das reclamacións polos erros do emprego dese software.[3] A licenza permite reempregar o código mais mantendo os dereitos de copyright e as notas da licenza. Permite traballos derivados ou modificacións baixo diferentes termos e mesmo sen distribuír o código fonte. Con iso, a licenza MIT permite a reutilización dentro de software privativo, xa que permite as adaptacións a fins comerciais.[1][3]

A licenza MIT tamén é compatible con moitas licenzas de copyleft, como a GNU General Public License (GPL). Grazas a iso o software con licenza MIT pódese integrar en software GPL, inda que non do outro xeito.[4]

En 2018 a licenza MIT foi a máis popular para proxectos de código aberto, xa que dos 2 millóns de proxectos estudados foi a licenza empregada polo 32%.[7] Algúns exemplos de software que emprega está licenza é o X Window System ou as linguaxes de programación Ruby on Rails e Node.js.

Termos da licenza e variantes

editar

A MIT ten varias variantes que se empregan, e de feito a Free Software Foundation se refire á licenza como ambigua por iso. Unha versión común é a denominada "Licenza expat" (expat de "expatriado")[8] e a outra é a "Licenza X11" (ou "Licenza do consorcio MIT/X")[9]. A Licenza X11 é a versión que emprega o xestor de xanelas X11 e que mantén o "consorcio MIT X".[10] A Open Source Initiative publica a versión da "Licenza MIT" tal e como é a "licenza expat".

A forma máis habitual da licenza é a publicada pola OSI, a "Licenza expat". Esta di:

Copyright (c) <ano> <titulares dos dereitos de autor>

De aquí en diante dáselle permiso, sen custe ningún, a que calquera persoa que obteña unha copia deste software e dos ficheiros de documentación asociados (o "Software"), de empregalos en Software sen restricións, mesmo sen que exista unha limitación dos dereitos de para usar, copiar, modificar, fusionar, publicar, distribuír, sublicenciar e/ou vender as copias do Software; e permíteselle as persoas que obtiveron o Software que o fornezan do mesmo xeito, estando suxeitos ás seguintes condicións:

O SOFTWARE OFRÉCESE "TAL É COMO ESTÁ", SEN QUE HAXA GARANTÍAS DE NINGÚN TIPO, EXPLÍCITAS OU IMPLÍCITAS, INCLUÍDAS MAIS SEN LIMITALAS ÁS GARANTÍAS COMERCIAIS, DA IDONEIDADE PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR E QUE NON SUPOÑA INFRACCIÓNS. EN NINGÚN CASO OS AUTORES OU TITULARES DOS DEREITOS DE AUTOR SE FARÁN RESPONSABLES DE NINGUNHA RECLAMACIÓN, DOS DANOS OU DOUTRA RESPONSABILIDADE, BEN SEXA COMO CONDICIÓN CONTRACTUAL OU DE NEGLIXENCIA OU OUTRA CONDICIÓN, DERIVADA DE, CAUSA DE OU LIGADA AO SOFTWARE OU AO SEU USO OU RELACIÓN CON OUTROS.[11]

A expat non é idéntica á do código fonte do xestor de xanelas X, que a editou o consorcio que o mantén X11 e que é unha versión intermedia con algunha modificación.[12]. A Licenza X11 di:

Copyright (C) <data> X Consorcio

De aquí en diante dáselle permiso, sen custe ningún, a que calquera persoa que obteña unha copia deste software e dos ficheiros de documentación asociados (o "Software"), de empregalos en Software sen restricións, mesmo sen que exista unha limitación dos dereitos de para usar, copiar, modificar, fusionar, publicar, distribuír, sublicenciar e/ou vender as copias do Software; e permíteselle as persoas que obtiveron o Software que o fornezan do mesmo xeito, estando suxeitos ás seguintes condicións:

Que as notas sobre do dereito de autor e esta nota de permisos ten que estar incluída en todas as copias ou nas partes importante do Software.

O SOFTWARE OFRÉCESE "TAL É COMO ESTÁ", SEN QUE HAXA GARANTÍAS DE NINGÚN TIPO, EXPLÍCITAS OU IMPLÍCITAS, INCLUÍDAS MAIS SEN LIMITALAS ÁS GARANTÍAS COMERCIAIS, DA IDONEIDADE PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR E QUE NON SUPOÑA INFRACCIÓNS. EN NINGÚN CASO O CONSORCIO X SE FARÁ RESPONSABLE DE NINGUNHA RECLAMACIÓN, DOS DANOS OU DOUTRA RESPONSABILIDADE, BEN SEXA COMO CONDICIÓN CONTRACTUAL OU DE NEGLIXENCIA OU OUTRA CONDICIÓN, DERIVADA DE, CAUSA DE OU LIGADA AO SOFTWARE OU AO SEU USO OU RELACIÓN CON OUTROS.

Agás para o uso neste aviso, o nome do Consorcio X non se pode empregar en publicidade ou con finalidade comercial de ningún tipo que promova a venda, o uso ou outras cuestións que estean relacionada co uso do Software salvo que haxa unha autorización expresa do Consorcio X que o permita.

X Window System é unha marca rexistrada de Consorcio X, Inc.[11]

Outro caso de variante da licenza é a que emprega ncurses, unha libraría para xestor de interfaces gráficas.

Comparación con outras licenzas

editar

A licenza BSD orixinal inclúe unha cláusula que prega que cando haxa promoción do software se lle dea crédito aos autores. Esta cláusula de promoción, e que desaconsellou a UC de Berkeley[13], incluíuse noutras versións da MIT, como a que emprega a XFree86.

A "Licenza da Universidade Illinois/Licenza de código aberto NCSA" combina texto da licenza MIT e de licenzas BSD. A introdución da licenza e a advertencia recolléronse da licenza MIT.

A "Licenza ISC" contén similitudes coa MIT e as licenzas simplificadas da BSD. A súa maior diferenza é que se omite algunha sentenza que a Convención de Berna considerou como innecesaria.[14][15]

Acollida

editar

Segundo webs de posicionamento[16] e o uso en Github[17] en 2018 a licenza MIT foi a máis empregada das licenzas libres, por diante da GPLv2.

Entre os proxectos máis destacados que a empregan están Ruby on Rails e Node.js, jQuery ou Lua.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Margaret Rouse (Marzo de 2011). tech_target.com, eds. "MIT License (X11 license or MIT X license)". 
  2. 2,0 2,1 Lawrence Rosen (2004). Prentice Hall PTR, eds. Open Source Licensing: Software Freedom and Intellectual Property Law (1 ed.). ISBN 0131487876. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Kiuwan (eds.). "A Comparison Of The Most Popular Open Source Licenses". Arquivado dende o orixinal o 15/01/2018. Consultado o 9/01/2018. 
  4. 4,0 4,1 GNU Operating System, Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Various Licenses and Comments about Them". 
  5. Hanwell, Marcus D. (28/01/2014). opensource.com, eds. "Should I use a permissive license? Copyleft? Or something in the middle?". As licenzas permisivas simplifican as cousas. Unha razón polo que o mundo empresarial, en cada vez máis e máis desenvolvedores [...], prefiren as licenzas permisivas é a súa facilidade para ser reusadas. A licenza polo xeral só é aplicable ao código fonte e e non expón condicións que afecten a outras compoñentes, e grazas a iso non hai a necesidade de definir que constitúe un traballo derivado. Ademais nunca teño visto unha táboa de compatibilidade de licenzas para as licenzas permisivas; parece que todas son compatibles. 
  6. joinup.ec.europa.eu (eds.). "Licence Compatibility and Interoperability". Open-Source Software - Develop, share, and reuse open source software for public administrations. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. As licenzas para distrubuír o código aberto e libre (FOSS) divídense en dúas familias: as permisivas e as copyleft. As licenzas permisivas (BSD, MUT, X11, Apache, Zope) son polo xeral compatibles e combinables con case todas as demais licenzas, aceptando as unións, as combinacións ou as melloras que o código permite e son redistribuibles baixo moitas licenzas (incluídas as licenzas non-libre ou "privativas"). 
  7. backducksoftware.com (eds.). "Top open sources licenses". Consultado o 9/01/2018. 
  8. Free Software Foundation (eds.). "Various Licenses and Comments about Them: Expat License". Consultado o 19/01/2018. 
  9. Free Software Foundation (eds.). "Various Licenses and Comments about Them: X11 License". Consultado o 19/01/2018. 
  10. Open Source Initiative (eds.). "Open Source Initiative OSI – The MIT License: Licensing". Consultado o 19/01/2018. 
  11. 11,0 11,1 Esta tradución da licenza é orientativa e non foi revisada por ningún tradutor ou experto en lexislación.
  12. The XFree86 Project, eds. (Marzo de 2004). "3.3. X Consortium: 3. X/MIT Licenses". 
  13. University of California, Berkeley, eds. (22/07/1999). "To All Licensees, Distributors of Any Version of BSD". [Ligazón morta]
  14. "Copyright Policy". OpenBSD. The ISC copyright is functionally equivalent to a two-term BSD copyright with language removed that is made unnecessary by the Berne convention. 
  15. Theo de Raadt (21/04/2008). "Re: BSD Documentation License?". Lista de correo 'openbsd-misc'. 
  16. Black Duck Software, eds. (19/01/2018). "Top 20 licenses". Arquivado dende o orixinal o 19/07/2016. Consultado o 19/01/2018. 1. MIT License 32%, 2. GNU General Public License (GPL 2.0) 18% 
  17. Balter, Ben (09/03/2015). github.com, eds. "Open source license usage on GitHub.com". 1 MIT 44.69%, 2 Other 15.68% 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
admin 1
Project 1
todo 1