Lidia Litviak

piloto de caza soviética

Lidia Vladimirovna Litviak (en ruso: Лидия (Лилия) Владимировна Литвяк), tamén coñecida como Lilia Litviak, nada en Moscova o 18 de agosto de 1921 e finada o 1 de agosto de 1943, foi unha piloto de caza da Forza Aérea Soviética durante a segunda guerra mundial. As súas accións na Batalla de Stalingrado valéronlle o seu alcume: o Lirio Branco de Stalingrado.

Modelo:BiografíaLidia Litviak

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Лидия Владимировна Литвяк Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1921 Editar o valor en Wikidata
Moscova (República Socialista Soviética Federativa de Rusia) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1943 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Kozhevnya (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, morto en combate Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDmytrivka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFighter unit (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpiloto de guerra, as da aviación, oficial, aviadora militar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1942 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Rama militarForza Aérea Soviética Editar o valor en Wikidata
Rango militarjunior lieutenant (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAleksey Solomatin Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm11128830 Editar o valor en Wikidata

Con doce vitorias en solitario e entre dúas a catro compartidas, foi unha das únicas dúas ases de combate femininas da historia militar mundial, xunto á súa camarada Katia Budanova.[1][2] Litviak ostenta na actualidade o récord de derrubamentos en combate real por unha única muller. Desapareceu en acción durante a batalla de Kursk. Polos seus méritos en combate foi recoñecida postumamente como Heroína da Unión Soviética.

Traxectoria

editar

Formación

editar

Nada en Moscova, gustáballe a aviación dende pequena. Aos 14 anos uniuse a un aeroclub popular soviético e aos 15 pilotou un avión por primeira vez. Obtivo a licenza de piloto deportiva aos 16 anos e a finais dos anos 30 recibiu a licenza de instrutora de voo.[3]

Segunda guerra mundial

editar
 
Un avión de caza soviético Lavochkin La-5, o modelo co que Lidia obtivo as súas primeiras vitorias

Ao comezar a invasión nazi da Unión Soviética en xuño de 1941, quixo unirse como voluntaria a unha unidade de aviación militar, pero foi rexeitada pola súa falta de experiencia. Tras esaxerar o seu historial de preguerra en 100 horas de voo, logrou que a admitisen no 586º Rexemento de Cazas (586 IAP), creado por Marina Raskova e composto unicamente por mulleres. Alí adestrou aos mandos dun caza Iakovlev Iak-1.

Vitoriosa no rexemento dos homes

editar

Levou a cabo as súas primeiras misións de combate durante o verán de 1942 sobre Saratov. En setembro asignárona —xunto a Katia Budanova e outras mulleres, tanto pilotos como persoal de terra— ao 437 IAP, un rexemento masculino corrente que loitaba en Stalingrado, onde estaban a sufrir perdas cuantiosas. Alí pilotou un caza Lavochkin La-5 e o 13 de setembro de 1942 logrou derrubar as súas dúas primeiras aeronaves inimigas sobre Stalingrado. A súa primeira caza, conseguida na segunda misión que realizaba, foi un bombardeiro Junkers Ju 88 ou un Heinkel He 111, en cooperación co comandante do rexemento.

Minutos despois alcanzaba a súa primeira vitoria en solitario, facendo caer un caza Messerschmitt Bf 109 G-2 "Gustav". Estaba pilotado polo sarxento Erwin Maier da 2ª Staffel, Jagdgeschwader 53, un ás alemán con once vitorias conseguidas e condecorado tres veces coa Cruz de Ferro. Maier puido saltar en paracaídas e foi capturado polas tropas soviéticas. Pediu que lle permitisen coñecer ao ás ruso que fora capaz de derrubalo. Cando lle presentaron a Lidia, unha rapariga miúda de aspecto infantil que acababa de cumprir 21 anos, Meier cría que os seus captores lle estaban gastando unha broma.[4]

 
Bombardeiro nazi Junkers Ju 88. Lidia derrubou polo menos dúas destas unidades, probablemente tres

O 27 de setembro comezou a chamar a atención dos seus superiores abatendo outro bombardeiro Junkers Ju 88 en solitario e un Messerschmitt Bf 109 xunto a Raisa Beliaieva. Entón Lidia, á que chamaban Lili ou Lilia (en ruso: Лилия, lirio), fixo pintar un lirio branco no seu avión como distintivo. Así naceu a lenda do Lirio Branco de Stalingrado, a rapaza de 21 anos que facía fuxir a aviación nazi ao distinguiren a flor na fuselaxe. Cara a finais de 1942, Lidia foi trasladada ao 9º rexemento de Cazas de Garda (9 GvIAP), unha unidade de elite.

Cazadora por libre

editar

O 11 de febreiro de 1943, pouco despois da vitoria soviética en Stalingrado, Lidia derrubou outros dous avións alemáns: un Junkers Ju 87 (Stuka) en solitario e un Focke-Wulf Fw 190 xunto con Alexei Solomatin.[5] Así acadou os cinco derrubamentos e converteuse nunha das dúas únicas ases femininas na historia da aviación militar mundial, xunto á súa compañeira Katia Budanova. Só doce días despois recibiu a Orde da Estrela Vermella, foi ascendida a tenente e seleccionada para participar nun grupo de táctica aérea de elite chamado okhotniki, ou cazadores por libre.[5] A táctica consistía en que dous pilotos altamente cualificados elevábanse para buscar inimigos seguindo o seu propio criterio e iniciativa, en lugar de formar parte dunha operación máis grande e controlada.

O 23 de marzo resultou ferida en combate. Tivo que realizar unha aterraxe forzada debido aos danos que sufriu a súa aeronave, pero axiña se recuperou. Entre marzo e maio abateu sen axuda catro cazas Messerschmitt máis e outro bombardeiro Junkers Ju 88. Estas proezas tamén a converteron nunha ás en solitario, o máximo rango na aviación.[5]

 
Peza de artillería antiaérea Flak de 88 mm como as que protexían por ducias os globos de observación alemáns

O 21 de maio o seu compañeiro Alexei Solomatin, tamén ás soviético, morreu ante todo o rexemento mentres instruía un piloto novato nun Po-2. Lidia, moi afectada, escribiulle unha carta a súa nai contándolle que estaba namorada del.[5] A mecánica de Lidia, a sarxento maior Inna Pasportnikova, informou en 1990 que a partir dese momento a moza unicamente quería voar nas misións de combate e que entón xa loitaba con furia e «desesperación».[6]

O 31 de maio ofreceuse voluntaria para derrubar un obxectivo extremadamente difícil e perigoso, un globo de observación de artillaría tripulado por un oficial alemán. Con eses globos, o inimigo podía asignar obxectivos precisos para a artillaría desde grandes distancias, e causar así graves danos. Moitos pilotos xa intentaran destruílo antes, pero todos foran repelidos polos densos cintos de lume antiaéreo que o protexían. No primeiro intento, Lidia tivo tamén que dar media volta, pois resultaba imposible superar aquelas barreiras. Máis tarde propúxolle ao seu comandante un plan diferente: atacaría dende detrás, voando nun amplo círculo de ducias de quilómetros sobre o territorio controlado polas tropas nazis.[7]

O 13 de xuño de 1943 foi nomeada comandante do 296º IAP, que logo pasou a chamarse 3º Escuadrón do 73º Rexemento de Cazas da Garda.[5] O 16 de xullo resultou ferida e tivo que realizar unha aterraxe forzosa. Nesa batalla derrubara un caza Messerschmitt que segundo algunhas fontes levaba pintado un ás de picas, o emblema do JG 53.

 
O mítico caza alemán Messerschmitt Bf 109 (unidade reconstruída actualmente). Lidia derrubou nove ou dez destes perigosos avións, polo menos un deles pilotado por un ás alemán

O 19 de xullo estaba de volta na contenda e a finais de mes conseguiu destruír tres avións Messerschmitt máis. O seu último derrubamento confirmado produciuse o 31 de xullo.[8]

A última misión

editar

O día seguinte, o 1 de agosto de 1943, o sector sur da batalla de Kursk proseguía con toda a intensidade. Lidia saíu combater catro veces ese día e crese que puido conseguir outro derrubamento durante a mañá, aínda que non se puido confirmar.

Finalmente, durante a cuarta misión da xornada, escoltando un voo de avións de ataque Ilyushin Il-2 Sturmovik a través do río Mius e a estrada que controlaba a conca industrial do Donbass, varios combatentes Messerschmitt Bf 109 atacáronos por sorpresa desde o alto. O Iakovlev Iak-1 de Lidia foi alcanzado por disparos de metralla en vertical.[9] Os compañeiros vírona caer, baixando cara ás nubes. O piloto soviético Ivan Borisenko descendeu para tratar de atopala, pero non avistou paracaídas, nin explosión nin fume. Non regresou xamais. Faltábanlle 17 días para cumprir os 22 anos.

Memoria

editar
 
Lidia Litviak tamén derrubou un dos famosos bombardeiros Junkers Ju 87 Stuka como os da imaxe, xa utilizados ao servizo do bando nacional durante a Guerra Civil Española

A súa mecánica, Inna Pasportnikova, emprendeu unha busca durante 36 anos para atopar os restos do Iakovlev Iak-1 onde Lidia fora vista por última vez. Foi apoiada por familiares da aviadora, e tamén polo público e os medios de comunicación soviéticos. Empregaron un detector de metais para localizar lugares onde un avión podería ser derrubado durante a guerra. En 1979, despois de descubrir máis de 90 lugares nos que caeran outros pilotos, souberon que unha aviadora non identificada estaba enterrada nese momento baixo a á da súa aeronave, preto da cidade de Dmitrievka (Donetsk), cunha ferida mortal na cabeza. Unha análise forense determinou que se trataba de Lidia Litviak.[5]

Nos últimos tempos, algunhas fontes levantaron dúbidas sobre o seu destino final, sen achegaren ningunha evidencia ao respecto.[10][11][12]

O 6 de maio de 1990, o Presidente da Unión Soviética, Mikhail Gorbachev, condecorou a tenente primeira coa Estrela de Ouro de Heroína da Unión Soviética, como ás da aviación desaparecida en combate.[13]

Lidia Litviak dá nome a unha rúa de Moscova, ten un museo e un monumento á súa memoria na cidade ucraína de Krasnyi Luch e figura no Libro Guinness dos Récords como a muller con máis derrubamentos conseguidos en toda a historia da aviación. Tamén foi incluída como personaxe en varios animes.

Resumo de vitorias

editar
Data Lugar Inimigo derrubado Pilotando Unidade En solitario Confirmado
13.09.1942 Stalingrado   Bombardeiro Junkers Ju 88
ou Heinkel He 111
  Lavochkin La-5 437 IAP Non Si
 Caza Messerschmitt Bf 109 G pilotado polo ás Erwin Maier (tripla Cruz de Ferro)   Lavochkin La-5 437 IAP Si Si
27.09.1942 Stalingrado   Bombardeiro Junkers Ju 88   Lavochkin La-5 437 IAP Si Si
  Caza Messerschmitt Bf 109   Lavochkin La-5 437 IAP Non Si
01.03.1943 Fronte Oriental   Avión de ataque Junkers Ju 87 Stuka   Iakovlev Iak 1b 9 GvIAP Si Si
  Caza Focke-Wulf Fw 190   Iakovlev Iak 1b 9 GvIAP Non Si
22.03.1943 Rostov do Don   Bombardeiro Junkers Ju 88   Iakovlev Iak 1b 9 GvIAP Si Si
05.05.1943 Fronte Oriental   Caza Messerschmitt Bf 109   Iakovlev Iak 1b 9 GvIAP Si Si
07.05.1943 Fronte Oriental   Caza Messerschmitt Bf 109   Iakovlev Iak 1b 9 GvIAP Si Si
31.05.1943 Fronte Oriental   Globo de observación artilleira protexido por densos cinturones de Flak antiaérea   Iakovlev Iak 1b 9 GvIAP Si Si
16.07.1943 Fronte Oriental   Caza Messerschmitt Bf 109 "cun ás de Picas (♠) pintado na fuselaxe"   Iakovlev Iak 1b 3–73 GvIAP Si Si
19.07.1943 Fronte Oriental   Caza Messerschmitt Bf 109   Iakovlev Iak 1b 3–73 GvIAP Si Si
31.07.1943 Donetsk   Caza Messerschmitt Bf 109   Iakovlev Iak 1b 3–73 GvIAP Si Si
01.08.1943 Donetsk   Caza Messerschmitt Bf 109   Iakovlev Iak 1b 3–73 GvIAP Non Non
01.08.1943 Donetsk   Desaparecida tras ser derrubada por 4 cazas Messerschmitt Bf 109   Iakovlev Iak 1b 3–73 GvIAP
  1. Noggle 1994, pp. 157 e 197.
  2. Bergström 2007, p. 83.
  3. Agranovskii 1979, p. 28.
  4. Goodpaster Strebe 2007, p. 27.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Pennington 1997.
  6. Noggle 1994, pp. 198a.
  7. Noggle 1994, pp. 197 e 198.
  8. Pennington 1994, pp. 157,197.
  9. Noggle 1994, p. 198.
  10. "The Memorial to Soviet Ace Lydia Litvyak". soviet-awards.com (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  11. "Lidya (Lily) Vladimirovna Litvyak (1921)". redarmyonline.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  12. Polunina 2004.
  13. Noggle 1994, pp. 158,194.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
HOME 2
iOS 7
mac 2
multimedia 1
OOP 1
os 125
todo 3