Liga Comunista Revolucionaria

A Liga Comunista Revolucionaria (LCR) foi un partido político comunista e trotskista español fundado en 1971 por militantes do grupo catalán Comunisme[1], que procedía da Frente de Liberación Popular. Constituía a sección española do Secretariado Unificado da IV Internacional e pretendía ser un partido revolucionario que rexeitaba a colaboración entre clases e propugnaba un modelo territorial baseado na confederación de repúblicas.

Liga Comunista Revolucionaria
TipoPartido Comunista e partido político español
IdeoloxíaMarxismo, Trotskismo, revisionismo, socialismo e federalismo
Data de fundación1971
Data de disolución1991
SedeMadrid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Adhesivo contra a Constitución española en Galiza, 1978.

Anos 70

editar

En 1972 escíndese dela un pequeno grupo, a Liga Comunista, que volverá á organización en 1978. En 1973 intégrase nela unha escisión de ETA, a ETA VI Asemblea, co que consegue implantación no País Vasco, denominándose LCR-ETA (VI) ata 1976. Nas eleccións de 1977 patrocina a candidatura da Frente por la Unidad de los Trabajadores, e participa en diversas candidaturas da esquerda comunista ata os anos 80, cando propugna a abstención nas eleccións.

Anos 80

editar

A finais dos 80 comeza a colaborar co Movimiento Comunista, unha organización de orixe maoísta, promovendo mobilizacións contra a OTAN, contra as bases americanas, os GAL e apoiando o movemento feminista e os dereitos dos homosexuais. Nas primeiras eleccións ó Parlamento Europeo apoiou a candidatura de Herri Batasuna, a pesar de ser críticas cos métodos de ETA[2].

Anos 90

editar

En 1991 a LCR unificouse co MC formando a confederación Izquierda Alternativa, pero deseguida xurdiron as tensións ao consideraren a maioría dos militantes da LCR que foran absorbidos polo MC. En 1992 IA dividíase quedando co nome os antigos militantes da LCR, mentres os de MC collían o nome de Liberación. En Galiza, a fusión LCR-MC adoptou o nome de Inzar e no ano 1993 integrouse no BNG.

  1. País, El (1976-09-18). "Liga Comunista Revolucionaria". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-07-17. 
  2. "Historia de la Liga Comunista Revolucionaria (1971-1991)" (PDF). vientosur.info (en castelán). 
  NODES
INTERN 1
todo 2