Liga de Campións da UEFA 2006-07

A Liga de Campións da UEFA 2006-07 foi a edición número 52 na historia desta competición. Disputouse entre xuño de 2006 e maio de 2007, coa participación inicial de 73 equipos, representantes de 49 federacións nacionais diferentes.

Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA 2006-07
Imaxe
Nome na lingua orixinal(en) 2006–07 UEFA Champions League Editar o valor en Wikidata
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnião das Federações Europeias de Futebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes73 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo11 de xullo de 2006 – 23 de maio de 2007 Editar o valor en Wikidata
Número de edición52 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoA.C. Milan (7º) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos125 Editar o valor en Wikidata
Goles309 Editar o valor en Wikidata
GolKakáA.C. Milan (10) Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores5.746.346 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor en Wikidata

A fase final da competición deu inicio en setembro de 2006, con 32 equipos competindo polo trofeo que defendía o FC Barcelona, trala súa vitoria na edición 2005-06. O campión final do torneo foi AC Milan, despois de derrotar ao Liverpool FC na final, disputada o 23 de maio no Estadio Olímpico de Atenas, mercé a dous goles do seu dianteiro Filippo Inzaghi, para acabar cun resultado final de 2-1. Para os italianos supuxo a súa sétima conquista da máxima competición europea, quedando a dous títulos do Real Madrid, que acumulaba un total de nove.

Fase de Grupos

editar

Eliminatorias

editar
Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2006-07
Estadio Estadio Olímpico (Atenas)
Capacidade 64.000
Campión AC Milán
Finalista Liverpool FC
Resultado 2 - 1
 
 
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
 
Finalista


 
Aliñacións titulares dos dous equipos na final.
Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
 20/21 de febreiro - 6/7 de marzo  3/4 de abril - 10/11 de abril  24/25 de abril - 1/2 de maio  23 de maio
Estadio Olímpico, Atenas
                                     
           
   AS Roma  0  2
   Olympique Lyon  0  0  
   AS Roma  2  1
     Manchester U.  1  7  
   Lille OSC  0  0
   Manchester U.  1  1  
   Manchester U.  3  0
     AC Milan  2  3  
   Celtic FC  0  0
   AC Milan (pr)  0  1  
   AC Milan  2  2
     Bayern Múnic  2  0  
   Real Madrid  3  1
   Bayern Múnic (v)  2  2  
   AC Milan  2  
     Liverpool FC  1  
   FC Porto  1  1
   Chelsea FC  1  2  
   Chelsea FC  1  2
     Valencia CF  1  1  
   Inter de Milán  2  0
   Valencia CF (v)  2  0  
   Chelsea FC  1  0 1
     Liverpool FC  0  1 4  
   PSV Eindhoven  1  1
   Arsenal FC  0  1  
   PSV Eindhoven  0  0
     Liverpool FC  3  1  
   FC Barcelona  1  1
   Liverpool FC (v)  2  0  

O partido final disputouse o 23 de maio, no Estadio Olímpico de Atenas, o Spyros Louis. Os dous equipos que a disputaron, Liverpool FC e AC Milán, eran dous dos grandes dominadores da competición ao longo da súa historia. Ámbolos dous eran os equipos máis laureados, por detrás do Real Madrid, con cinco e seis títulos respectivamente, antes da disputa do encontro. O AC Milán xa sabía o que era acadar o título de campión na capital grega, pois trece anos antes vencera no mesmo estadio por 0-4 ao FC Barcelona. Porén, facía só dúas temporadas que perdera outra final xustamente contra o Liverpool FC, caendo na quenda de penaltis despois de empatar a tres goles no tempo regulamentario.

Finalmente o AC Milán, acabou impoñéndose ó Liverpool FC por 2 goles a 1, con 2 goles de Filippo Inzaghi a prol do AC Milán no minutos 45 e 82, e un gol de Dirk Kuyt a prol do Liverpool FC no minuto 89.

Deste xeito o AC Milán acadou por sétima vez na súa historia o título de campión de Europa.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
os 39
todo 1
web 1