Unha lingua auxiliar ou auxilingua é unha lingua, construída ou non, que se empregou ou pretendeu empregar como medio de comunicación entre grupos ou individuos con distintas linguas nais. O inglés é a lingua auxiliar máis espallada na actualidade; o esperanto e a interlingua son os idiomas máis coñecidos entre os que foron xerados como lingua auxiliar.

Cartel en Berlín, Alemaña
en inglés, ruso, francés e alemán

Situación das linguas auxiliares

editar

Debido á necesidade de comunicación humana, as linguas auxiliares existiron e seguirán existindo.

Tipos de linguas auxiliares

editar

Segundo a orixe e pretensión, as linguas auxiliares poden ser de diversas tipoloxías:

Linguas dominantes

editar

O grego clásico, o latín, o árabe, o español, o portugués, o francés e o inglés, entre outros, convertéronse, en diversas épocas, en linguas auxiliares internacionais pola importancia que tiveron os imperios nos que se falaban, importancia que con frecuencia transcendeu á existencia dos mesmos imperios.

Linguas literarias

editar

O chinés clásico, ao igual có latín clásico, son linguas escritas que transcenderon as diferenzas dialectais. Do mesmo xeito, un marroquí e un iraquí, por exemplo, poden ter problemas para entenderse falando nos seus dialectos nacionais, porén, ambos poden recorrer á lingua do Corán para comprenderse.

Linguas nacionais normalizadas

editar

O filipino, baseado principalmente no tagalo, e o bahasa indonesio, baseado á vez no malaio, son exemplos de linguas creadas (malia estaren baseadas en linguas preexistentes) como linguas nacionais para permitir a comunicación en países nos cales existen moitas linguas e dialectos diferentes. Se ben o indonesio é un caso de lingua case totalmente creada, moitas outras linguas nacionais buscan normalizar e impor un "dialecto neutral de prestixio", baseado, en moitas ocasións, na fala da capital, co cal se pretende facer máis sinxela a comunicación entre persoas con dialectos distintos. Destaca como exemplo a lingua italiana.

Linguas francas, sabires e linguas crioulas

editar

Os sabires, tamén coñecidos como pidgins ou linguas de contacto ou de intercambio, son idiomas que xorden de súpeto entre grupos de orixe lingüística diversa que necesitan comunicarse, xeralmente cando non existe unha relación dominante dunha das linguas. Estes medios de comunicación posúen regras gramaticais moi básicas e combinan palabras de ambas as linguas.

As linguas crioulas, adoitan xurdir nas situacións de contacto antes descritas cando se desenvolve unha comunidade no centro de contacto. Crese que estes idiomas preséntanse cando os rapaces medran nestas comunidades e aplican aos sabires regras gramaticais innatas. O paso dun sabir a un crioulo coñécese como crioulización.

Os sabires adoitan ser linguas de curta duración, xa que, despois dunha xeración de contacto, crioulizánse. Existen excepcións, con todo. No Mediterráneo existiu unha comunidade de navegantes de orixes lingüísticas diversas, que mantiveron un sabir chamado lingua franca ata finais do século XIX.

Linguas controladas

editar

Os idiomas controlados xorden ante a dificultade lingüística que representan as linguas naturais para os falantes non nativos. Aínda que haxa un idioma dominante (p.ex. o inglés hoxe en día), non todos os que o empregan entenden as sutilezas gramaticais ou dominan o rico vocabulario do mesmo, en grande medida porque o aprenderon tarde ou mal. Idiomas como o Basic English, Simple English ou o Special English de Voice of America, están todos baseados no inglés pero buscan distintos tipos de simplificacións, tales como vocabularios reducidos (Basic English) ou o uso de estruturas gramaticais sinxelas (Simple English, Special English), e unha pronuncia sinxela (Special English). Estes idiomas adoitan ser "linguas de difusión" que non se empregan para escribires obras literarias ou científicas, pero que poden acadar grandes audiencias.

Linguas planificadas

editar

Dende o século XIX, moitas persoas tentaron resolver o problema da comunicación entre pobos mediante o uso de idiomas artificiais, construídos ou planificados. Algúns destes idiomas pretenden ser neutrais (non provir dun grupo dominante) e sinxelos (sen as complicacións gramaticais dunha lingua natural).

Os exemplos máis coñecidos son o esperanto e a interlingua, pero hai moitos outros máis. A seguinte é unha escolma incompleta de linguas planificadas que foron deseñadas como linguas auxiliares.

Situación das linguas auxiliares

editar

Linguas auxiliares internacionais

editar

Na actualidade o inglés é a lingua auxiliar dominante. Isto débese, principalmente, á importancia económica dos Estados Unidos, que á súa vez sucedeu á do Imperio Británico. Este feito provocou controversias. Moitos oponse ao dominio de facto do inglés por considerar que se trata dunha forma de colonialismo cultural. En Dereito internacional, ningunha lingua é recoñecida como única lingua auxiliar universal, xa que Organismos coma ONU recoñecen outras linguas, ademais do inglés, como linguas oficiais ou de traballo.

Dentro das linguas controladas, hai casos como o do Special English que semellan lograr o seu obxectivo de ser "doadas" para un amplo público que non é falante nativo do idioma e de ser bastante utilizadas.

Doutra banda, as linguas controladas baseadas no inglés derivan o seu éxito da popularidade do inglés como lingua auxiliar internacional. Propostas de utilizar un castelán ou un francés simplificados, por exemplo, non pasan de ser conxecturas do mesmo nivel cás linguas planificadas.

En canto ás linguas planificadas, gozaron de gran popularidade en Europa entre finais do século XIX e comezos do século XX. Esta popularidade non excedeu, con todo, o uso do francés como lingua cultural e diplomática ou do inglés como lingua dos negocios. Os partidarios destas linguas foron perseguidos co auxe do nacionalismo de entre guerras, xa que os movementos e organizacións internacionalistas eran condenados polos nazis, como por exemplo, a relixión católica, os centros de ensino e cultura da Alianza Francesa etc.

Doutra banda, a situación dominante dos Estados Unidos trala segunda guerra mundial afianzou o inglés, ata no bloque soviético.

A percepción de que linguas internacionais poden ser máis útiles varía segundo os países. Así, por exemplo, en América, nos países que non son castelanfalantes, como Brasil ou Estados Unidos, tende a pensarse co español é máis importante có francés, mentres que en África adoita considerarse co árabe, o francés, o inglés, o portugués e ata o suahili poden ser máis útiles para un africano có español. En Europa a tendencia xeral na actualidade é que se estuden polo menos dúas linguas estranxeiras europeas no bacharelato. En Asia moitas persoas pensan que o coñecemento do chinés ou do xaponés pode ser moi útil etc. Tamén pode variar nun país no prazo de non moitos anos. Así, en España, logo da guerra civil, moitas persoas pensaban que a lingua do futuro sería o alemán porque crían que a segunda guerra mundial ía rematar coa vitoria das potencias do Eixo. Cando rematou a segunda guerra mundial a lingua estranxeira máis estudada en España foi o francés ata finais dos anos 60, e comezos dos 70, no que a lingua estranxeira máis estudada pasou a ser o inglés. Coa entrada de España na Unión Europea expúxose a conveniencia de estudar, polo menos, dúas linguas estranxeiras etc. En cambio, noutros países, por exemplo Portugal, o francés e o inglés son tradicionalmente obrigatorios no bacharelato, polo que non houbo practicamente ningún cambio na segunda metade do século XX, agás co latín pasou a ser optativo co alemán, coa entrada de Portugal na Unión Europea.

Linguas nacionais e literarias

editar

Talvez a lingua planificada máis exitosa é o indonesio, que sendo a lingua oficial da cuarta nación máis populosa, é a segunda lingua para a maior parte dunha poboación de 230 millóns de persoas.

O bahasa indonesia, como tamén se lle coñece en forma nativa, é unha forma de malaio que foi normalizada e regulada e tomou préstamos doutras linguas indonesias.

En varios países creáronse idiomas oficiais nacionais baseados nalgún dialecto local. O filipino, baseado no tagalo, e o italiano, baseado na lingua toscana, son exemplos disto. Aínda cando estas linguas son moitas veces normalizadas e controladas por algunha academia, adóitanse considerar linguas naturais e non idiomas artificiais.

As linguas nacionais adoitan converterse en linguas auxiliares entre os pobos dunha nación, ben sexa que utilicen dialectos da lingua nacional, linguas relacionadas ou idiomas pertencentes a outras familias. Deste xeito, o español é a principal lingua auxiliar entre os pobos indíxenas de Hispanoamérica, ou entre un galego e un catalán. Igualmente o italiano "nacional" (toscano) é a lingua de comunicación entre un napolitano e un piemontés.

Entre as linguas literarias, o chinés mandarín na China (tamén lingua nacional) e o árabe clásico ou coránico no mundo árabe, son as máis espalladas.

O futuro das linguas planificadas

editar

Dada a influencia do inglés actualmente como idioma auxiliar, é pouco probable que nun futuro próximo este sexa substituído por unha lingua planificada. Iso non impide que sigan xurdindo diferentes propostas.

Algunhas das principais ameazas son:

Falta de unidade

editar

Existen varias propostas de linguas planificadas destinadas a ser a lingua auxiliar internacional universal. O obxectivo destas linguas cumpriríase se todo o público decidísese por unha soa (universal), é o que se coñece como o efecto Highlander.

A máis coñecida destas linguas é o esperanto.

Corpus

editar

O conxunto de textos orixinais ou traducidos a unha lingua planificada é pequeno comparado co existente en linguas naturais, como o español, o francés, o alemán, o ruso e, sobre todo, o inglés.

Por esta razón, aprender inglés é considerado por moitos como un mellor investimento en coñecemento que aprender calquera outra lingua, e en particular que aprender unha lingua artificial. En áreas específicas do saber hai idiomas con mellor produción có inglés (p. ex. o alemán nalgúns campos da enxeñería, o francés en biblioloxía ou o ruso nalgunhas áreas das matemáticas), pero ningún ten tanta importancia, en conxunto, coma o inglés.

Base de falantes

editar

Do mesmo xeito que co corpus, o número de persoas coas que un viaxeiro pode comunicarse nunha lingua planificada é moi limitado. Aínda que os defensores do esperanto argumentan que é posible atopar un falante desa lingua en case calquera lugar do mundo, tamén é certo que sucede o mesmo co inglés. Nas zonas frecuentadas por un turismo internacional ou no centro de cidades moi cosmopolitas, non é difícil atopar persoas que falen algunha das linguas naturais máis difundidas, principalmente o inglés, e, en particular, en establecementos de hostalería, oficinas de turismo etc.

Os defensores da interlingua aseguran que é moi doado a comunicación dentro do mundo romance, sen necesidade de aprender as linguas específicas do lugar visitado, cunha vantaxe adicional sobre outras linguas auxiliares coma o inglés: en principio pódense comunicar con calquera persoa, ata aquelas monolingües.

Bibliografía

editar

Les Langues internationales - Pierre Burney. Colección Que sais-je?, Presses Universitaires de France, París

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Euyasik Promoción do esperanto e doutras linguas planificadas (en inglés)


  NODES
Intern 10
iOS 8
os 117
text 1
todo 7