Lingua cree das chairas

lingua algonquina

A lingua cree das chairas (cuxo endónimo é: ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ nēhiyawēwin; ou de maneira alternativa: ᐸᐢᑳᐧᐃᐧᓃᒧᐃᐧᐣ paskwâwinîmowin "lingua das persoas das chairas")[4] é unha variedade da lingua cree, da familia algonquina, a cal é a máis falada das linguas indíxenas canadenses. O cree das chairas considérase un dialecto da lingua cree-montagnais ou un dialecto da lingua cree distinto da lingua montagnais. O cree das chairas é un dos cinco principais dialectos do cree neste segundo sentido, xunto co cree dos bosques, cree dos pantanos, cree moose e o atikamekw. Aínda que non se favorece ningún dialecto único do cree sobre outro, o cree das chairas é o que máis se usa. Dos 116.500 falantes da lingua cree, a variedade de cree das chairas é falado por preto de 34.000 persoas principalmente en Saskatchewan e Alberta, mais tamén en Manitoba e Montana.

Cree das chairas
ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ nēhiyawēwin
Falado en: Canadá
Rexións: Manitoba, Saskatchewan, Alberta, Montana
Total de falantes: 3.200 (2001–2016)
Familia: Álxico
 Algonquino
  Cree-montagnais-naskapi[1]
   Cree
    Cree das chairas
Escrita: Alfabeto latino, alfasilabarios nativos canadenses
Status oficial
Lingua oficial de: Territorios do Noroeste (Canadá), como "cree"[2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: crk
Mapa
Status

O cree das chairas está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

O número de persoas que poden falar unha lingua indíxena, como o cree das chairas, aumentou. Por exemplo, no censo de 2016, 263.840 persoas podían falar unha lingua indíxena o suficientemente ben como para manter unha conversación. Entre 1996 e 2016, o número total de persoas que sabían falar unha lingua indíxena aumentou un 8%. O número de falantes de cree das chairas aumentou de xeito semellante xunto co aumento da poboación nos últimos 20 anos.[5]

O cartel de benvida da aldea de Oujé-Bougoumou, no Quebec escrito en inglés, francés e cree.
  1. Hammarström, Harald; Forkel, Robert; Haspelmath, Martin; Bank, Sebastian (2022-05-24). "Cree-Montagnais-Naskapi". Glottolog. Max Planck Institute for Evolutionary Anthropology. Arquivado dende o orixinal o 2022-10-15. Consultado o 2022-10-29. 
  2. "Official Languages of the Northwest Territories" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2013-12-06. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. "Plains Cree language". Plains Cree Dictionary. Algonquin Dictionary Projects. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  5. *Stats Canada

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
iOS 2
languages 2
os 25
text 1
todo 1