Lingua flamenga
O neerlandés flamengo (vlaams-nederlands), ou simplemente flamengo[1] (vlaams),[2][3][4] é o dialecto ou variedade rexional da lingua neerlandesa falada en Flandres polo pobo flamengo, e polo tanto unha das linguas de Bélxica. O neerlandés era falado orixinalmente na zona da desembocadura dos ríos Rin, Escalda e Mosa que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Norte de Bélxica, Norte de Francia (Dunkerque, Calais) e unha pequena parte do noroeste de Alemaña.
Flamengo Vlaams | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Neerlandés flamengo | |
Falado en: | Países Baixos, Bélxica, Francia | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropeo Xermánica Xermánica occidental Baixoxermánica Baixo fráncico Neerlandés Flamengo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Flandres | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
A guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a división das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ó norte e os Países Baixos do Sur ó sur. Esta separación política entre as provincias neerlandófonas provocou que en cada zona a lingua sufrise unha evolución con algunhas singularidades.
A hexemonía das provincias de Flandres no sur e de Holanda no norte deu lugar a que, de maneira algo informal, se usase o termo flamengo para distinguir as peculiaridades do sur e holandés para as do norte, aínda que ambos deben ser considerados dous dos principais dialectos do neerlandés.
Ademais, cada cidade, vila e aldea ten a súa propia fala, case sempre en progresivo declive.[5] O conxunto de todos os dialectos falados na rexión de Flandres sería o que se adoita chamar lingua flamenga.
Distribución dos dialectos
editar- Artigo principal: Lingua neerlandesa.
Existen en realidade moitos dialectos do neerlandés, tanto nos Países Baixos como en Bélxica, se ben as singularidades que se atopan en Flandres son máis rechamantes.
Unha rápida clasificación que adoita facerse é reducir os seus dialectos a dous, holandés no norte e flamengo no sur. Nunha clasificación máis polo miúdo teríamos oito variantes principais que en realidade serían grupos de dialectos locais.
Os mapas amosan a distribución dos dialectos do neerlandés, obviando algunhas peculiaridades que se dan nalgunhas cidades. O baixo saxón neerlandés, o zelandés e o limburgués amósanse tamén como dialectos, se ben é discutible se se trata dun dialecto ou unha lingua diferenciada, pois nas linguas xermánico-occidentais é moi problemático estabelecer unha clara fronteira entre dialecto e lingua.
|
A |
Grupo suroccidental |
B |
Grupo noroccidental (holandés) |
C |
Grupo nororiental (baixo saxón neerlandés) |
D |
Grupo central-setentrional |
E |
Grupo central-meridional |
F |
Grupo suroriental |
G |
Suriname |
H |
Antillas Neerlandesas e Aruba |
Flamengo é como se denomina en xeral ó conxunto de dialectos do sur, marcados cos números 1, 22, 23 e 24*.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para flamengo.
- ↑ "Flemish, Vlaams". BBC. 14 de outubro de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ "Flemish language policy in an era of globalisation by Barbara De Cock" (PDF). Gencat.cat. 2006. Consultado o 3 de maio de 2017.
- ↑ "Flemish language, alphabet and pronunciation". Omniglot. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ Nos últimos anos, as autoridades están interesadas en manter o legado das linguas locais e nalgunhas cidades danse cursos do dialecto local. Este interese é máis salientable en Flandres occidental, a área con máis singularidades.