Lingua grega

lingua indoeuropea de Grecia, Chipre, Albania, outras partes do leste do mar Mediterráneo e o mar Negro

A lingua grega[3] (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, e en grego antigo: Ἑλληνική, hellēnikḗ) é unha lingua indoeuropea pertencente á póla helénica orixinaria de Grecia, Chipre, Albania, outras partes do leste do mar Mediterráneo e o mar Negro. Ten a historia documentada máis longa de calquera lingua indoeuropea, a cal abrangue 3 400 anos de rexistro escrito.[4] O seu sistema de escrita é o alfabeto grego, que foi usado durante 2 000 anos; anteriormente, utilizou sistemas de escrita como o lineal B e o silabario chipriota.[5] O alfabeto grego xurdiu do alfabeto fenicio, e á súa vez foi a base do alfabeto latino, cirílico, armenio, copto e gótico, entre outros sistemas de escrita.

Lingua grega
Ελληνικά
Falado en: Grecia, Chipre
Total de falantes: 13,5 millóns (2012)[1]
Posición: 74
Familia: Indoeuropea
 Helénica
  Ática
   Lingua grega
Escrita: Alfabeto grego
Status oficial
Lingua oficial de: Grecia Grecia
Chipre Chipre
Unión Europea Unión Europea
Regulado por: Academia da Lingua Grega
Códigos de lingua
ISO 639-1: el
ISO 639-2: gre (B)ell (T)
ISO 639-3: ell
SIL: GRK
Mapa
Status

O grego está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua grega ocupa un importante lugar na historia do mundo occidental.[6] Comezando cos poemas épicos de Homero, a literatura grega antiga inclúe moitas obras de importancia para o canon europeo. O grego tamén é a lingua de moitos textos fundacionais da ciencia e da filosofía. O Novo Testamento da Biblia cristiá tamén foi escrito en grego.[7][8] Xunto cos textos en latín e as tradicións do mundo romano, o estudo dos textos e da sociedade grega da antigüidade constitúen a disciplina dos estudos clásicos.

Durante a antigüidade, o grego era falado como lingua franca no mundo Mediterráneo. Posteriormente converteríase na lingua do Imperio Bizantino e evolucionou no grego medieval.[9] Na súa forma moderna, o grego é a lingua oficial de Grecia e Chipre, e é unha das 24 linguas oficiais da Unión Europea. É falado por, cando menos, 13,5 millóns de persoas en Grecia, Chipre, Italia, Albania, Turquía e pola diáspora grega.

As raíces lingüísticas gregas son empregadas a miúdo para crear novas palabras noutras linguas, e o grego e o latín son as fontes predominantes para o vocabulario científico internacional.

Historia

editar
Artigo principal: Histora da lingua grega.
Historia da
lingua grega

(ver tamén: alfabeto grego)
Protogrego (c. –2000)
Micénico (c. -1600-1100)
Grego antigo (c. –800-300)
Dialectos:
Eolio, Arcadochipriota, Ático,
Dórico, Macedonio, Xónico
Koiné (desde c. -300)
Grego bizantino (c. -3301453)
Grego moderno (desde 1453)
Dialectos:
Capadocio, Chipriota,
Demótico, Griko, Katharevousa,
Póntico, Tsakonio, Ievánico

O grego foi falado na península dos Balcáns dende o terceiro milenio a.C.,[10] ou posiblemente mesmo antes.[11] A evidencia escrita máis antiga é unha táboa de barro en lineal B atopada en Mesenia e que data do 1450 ó 1350 a.C.,[12] convertendo o grego na lingua viva co rexistro histórico máis antigo. Entre as linguas indoeuropeas, a súa data do rexistro escrito máis antiga só coincide coas hoxe extintas linguas anatólicas.

Períodos

editar
 
Área do protogrego de acordo do lingüista Vladimir I. Georgiev.

A historia da lingua grega divídese polo xeral nos seguintes períodos:

 
Distribución das variedades do grego en Anatolia, 1910. Demótico en amarelo. Póntico en laranxa. Grego capadocio en verde, cos puntos verdes sinalando as vilas gregas capadocias.[14]
  • Grego medieval, tamén coñecido como grego bizantino: a continuación do grego koiné ata a desaparición do Imperio Bizantino no século XV. O grego medieval é un termo que abrangue un continuo lingüístico de diferentes falas e estilos de escrita, as cales van dende as continuacións vernáculas do koiné falado que xa se estaban ahegando ó grego moderno en moitos aspectos, a formas moi aprendidas que imitan o ático clásico. Gran parte do grego escrito que se utilizou como lingua oficial do Imperio Bizantino era unha variedade ecléctica de termo medio baseada na tradición do koiné escrito.
  • Grego moderno (neohelénico):[15] A partir do grego medieval, os usos do grego moderno remóntanse ó período bizantino, xa no século XI. É o idioma empregado polos gregos modernos e, ademais do grego moderno estándar, conta con varios dialectos.
Grego moderno Grego antigo
1 Στην αρχή ήταν ο Λόγος, και ο Λόγος ήταν μαζί με τον Θεό, και ο Λόγος ήταν Θεός. 1 Ἐν ἀρχῇ ἦν ὁ Λόγος, καὶ ὁ Λόγος ἦν πρὸς τὸν Θεόν, καὶ Θεὸς ἦν ὁ Λόγος.
/stin ar'çi 'itan o 'loɣos ke o 'loɣos 'itan ma'zi me ton θe'o ke o 'loɣos 'itan θe'os/ /en arkʰέì έὲn ho lógos kaí ho lógos έὲn prós tón tʰeón kaí tʰeón έὲn ho lógos/
2 Αυτός ήταν στην αρχή μαζί με τον Θεό. 2 Οὗτος ἦν ἐν ἀρχῇ πρὸς τὸν Θεόν.
/af'tos 'itan stin ar'çi me ton θe'o/ /hóòtos έὲn en arkʰέì prós tón tʰeon/
1 Ao principio era o Verbo e o Verbo era Deus.
2 Estaba ao principio con Deus.

Diglosia

editar
Artigo principal: Cuestión lingüística grega.

Na era moderna, a lingua grega entrou nun estado de diglosia: a coexistencia de formas escritas vernáculas e arcaizantes da lingua. O que chegou a coñecerse como a cuestión lingüística grega foi unha polarización entre dúas variedades competidoras do grego moderno: o demótico, a forma vernácula do grego moderno, e o katharevousa, que quere dicir 'purificado', unha variedade a medio camiño entre o demótico e o grego antigo que foi desenvolvida no século XIX e que foi usado na literatura e con motivos oficiais polo novo estado grego. En 1976, o demótico foi declarado a lingua oficial de Grecia, logo de ter incorporado trazos do katharevousa e de crearse o grego moderno estándar, o cal é o usado de maneira oficial polo estado e na educación.[16]

Unidade histórica

editar
 
Distribución das principais áreas dialectais do grego moderno.

A unidade histórica e a continuidade da identidade lingüística entre os diferentes períodos da lingua grega son unha das súas principais características. Malia que o grego sufriu transformacións morfolóxicas e fonolóxicas comparables ás doutras linguas, dende a antigüidade clásica, a súa tradición cultural, literaria e ortográfica nunca se viu interrompida, até o punto de que se poida falar dunha nova lingua emerxente. Os falantes de grego hoxe en día aínda tenden a considerar as obras literarias do grego antigo como parte da súa propia lingua e non como unha lingua allea.[17] Tamén se adoita afirmar que os cambios históricos foron relativamente leves en comparanza con outras linguas. Segundo unha estimación, "grego homérico está probablemente máis achegado ó demótico que o inglés medio do século XII respecto do inglés moderno falado".[18]

Escritura e pronunciación

editar

O grego moderno escríbese cun alfabeto de vinte e catro letras, herdado do inicio do período arcaico (século VIII antes da nosa era). Cada letra correspondía ao principio a un son diferente (con ambigüidades, principalmente no caso das vogais), pero en grego moderno a pronunciación evolucionou, e varias letras ou grupos de letras se pronuncian da mesma maneira, cousa que fai que a súa ortografía sexa tan complexa como a do francés, por exemplo (oír unha palabra non é a miúdo suficiente para poder escribila: por exemplo, existen cinco grafías para o son «i», en razón do iotacismo). A táboa inferior dá a pronunciación das letras. O acento agudo (ou recto, segundo os tipos de letra) marca o acento tónico, en letra grosa na transcrición.

O grego moderno segue regras de sandhi tanto internes como externas. Por exemplo, un /n/ final adapta o seu punto de articulación á consoante inicial da palabra que segue (ante unha velar, pasa a [ŋ]; en posición final dalgunhas palabras gramaticais como την, τον, δεν, desaparece ante unha fricativa; sonoriza unha oclusiva xorda que o segue e pode impedir que unha sonora se espirantice, as asimilacións poden ser progresivas: τον πατέρα [tɔm ba'tεɾa]).

Letra Nome Pronunciación
Α α άλφα (alpha) /a/
Β β βήτα (vita) /v/ do francés “voiture”
Γ γ γάμμα (ghama) ante os sons /a/, /o/ e /u/ (), /ɣ/ próxima do r francés de rien pero velar e non uvular; ante os sons /i/ e /ɛ/, iode /j/ como o i de Noia.
Δ δ δέλτα (dhelta) /ð/ th inglés de «this»
Ε ε έψιλον (epsilon) /ɛ/de apertura intermedia
Ζ ζ ζήτα (zita) /z/
Η η ήτα (ita) /i/
Θ θ θήτα (thita) /θ/, th inglés de «to think»
Ι ι γιώτα (iota) /i/
Κ κ κάππα (kapa) /k/
Λ λ λάμδα (lamdha) /l/
Μ μ μυ (mi) /m/
Ν ν νυ (ni) /n/
Ξ ξ ξι (ksi) /ks/ como o x de sexo (en xeral: ξέρω /'ksɛrɔ/ «eu sei») ou /gz/ como o x de exame (tras n: δεν ξέρω = /ðɛŋg'zɛrɔ/ podendo chegar ata /ðɛg-/ = «eu non sei»)
Ο ο όμικρον (omicron) /ɔ/
Π π πι (pi) /p/
Ρ ρ ρω (ro) /ɾ/ (mono)vibrante (italiano Roma, galego cara)
Σ σ/ς σίγμα (sighma) /s/ alveolar (/z/ ante consoante sonora: σβέλτος, σμάλτο /sv-, sm-/ «esvelto, esmalte»)
Τ τ ταυ (taf) /t/
Υ υ ύψιλον (ipsilon) /i/, agás como segundo elemento de ditongo: ου pronúnciase /u/ como en “música”, αυ e ευ pronúncianse respectivamente /af/ e /ɛf/ ou /av/ e /ɛv/ (segundo que o son que siga sexa sonoro ou non: αυτό = /af'tɔ/ = «iso», αύριο = /'avriɔ/ = «mañá»)
Φ φ φι (fi) /f/
Χ χ χι (chi) /ç/: ch alemán de ich ante os sons /i/ e /ɛ/ (un iode /j/ non sonoro); /x/: ch alemán de ach ante os sons /a/ e /u/ (versión non sonora do /ɣ/)
Ψ ψ ψι (psi) /ps/ como en psicoloxía
Ω ω ωμέγα (omegha) /ɔ/

Ademais, algúns grupos de letras que forman dígrafos teñen unha pronunciación especial:

Letras Pronunciación
αι como ε: /ɛ/
γγ e γκ /g-/ en inicial, /-ng-/ [-ŋɡ-] noutras posicións
ει, οι, υι como ι, υ, η: /i/
μπ /b-, -mb-/ como en bar (que en grego se escribe μπαρ…)
ντ /d-, -nd-/ como en demo
ου /u/ como en cu
τσ /ʦ/ (africada) pero alveolar
τζ /ʣ/ (africada) pero alveolar
λι + V /ʎ/ como en galego solla

Exemplos

Palabra Transcrición Significado
αίμα èma ‘sangue’ (pensar en «hematoma», «hematoloxía»)
καλοριφέρ kalorifèr ‘radiador’  :-)
είναι i ‘el/ela é’ ou ‘eles/elas son’
μπαρμπάς barbas ‘tío’
εντάξη èndaksi 'de acordo'

Gramática

editar

O grego moderno é unha lingua con declinacións (como o alemán, por exemplo): a terminación das palabras cambia segundo a función da palabra na frase. Mesmo os nomes propios se declinan: por exemplo, dirase ο Φίλιππος έφυγε (o Phílippos éfiye: «Filipe marchou»), βλέπω τον Φίλιππο (vlépo ton Phílippo: «Vexo a Filipe»), είναι το σπίτι του Φίλιππου (íne to spíti tou Phílippou: «é a casa de Filipe»).

Ademais, o grego distingue dous aspectos para cada verbo, marcados cada un por unha forma distinta: unha forma continua (calcada sobre o presente) e unha forma instantánea (calcada sobre o pasado, chamado aoristo). Esta diferenza é moi viva e vólvese atopar no futuro e no subxuntivo. Un Grego non ha confundir θα τον δω (tha ton dho) e θα τον βλέπω (tha ton vlépo): os dous significan «eu vereino», pero o primeiro sobreentende «unha vez» mentres que o segundo significa «continuamente».

Léxico

editar

O grego moderno conserva moito léxico herdado do grego antigo, pero tomou prestadas tamén moitas palabras do latín, do turco, e, máis modernamente do francés e do inglés.

  1. ethnologue.com (ed.). "O grego en Ethnologue". Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grego.
  4. "Greek language". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 29 de abril de 2014. 
  5. 1922-, Adrados, Francisco Rodríguez (2005). A history of the Greek language : from its origins to the present. Leiden: Brill. ISBN 978-90-04-12835-4. OCLC 59712402. 
  6. A history of ancient Greek por Maria Chritē, Maria Arapopoulou, Centre for the Greek Language (Thessalonikē, Grecia) páx 436 ISBN 0-521-83307-8
  7. Kurt Aland, Barbara Aland The text of the New Testament: an introduction to the critical 1995 p52
  8. Archibald Macbride Hunter Introducing the New Testament 1972 p9
  9. Manuel, Germaine Catherine (1989). A study of the preservation of the classical tradition in the education, language, and literature of the Byzantine Empire. HVD ALEPH. 
  10. Renfrew 2003, p. 35; Georgiev 1981, p. 192.
  11. Gray & Atkinson 2003, pp. 437–438; Atkinson & Gray 2006, p. 102.
  12. "Ancient Tablet Found: Oldest Readable Writing in Europe". National Geographic Society. 30 de marzo de 2011. Consultado o 22 de novembro de 2013. 
  13. A comprehensive overview in J.T. Hooker's Mycenaean Greece (Hooker 1976, Chapter 2: "Before the Mycenaean Age", pp. 11–33 and passim); for a different hypothesis excluding massive migrations and favoring an autochthonous scenario, see Colin Renfrew's "Problems in the General Correlation of Archaeological and Linguistic Strata in Prehistoric Greece: The Model of Autochthonous Origin" (Renfrew 1973, pp. 263–276, especially p. 267) in Bronze Age Migrations by R.A. Crossland and A. Birchall, eds. (1973).
  14. Dawkins & Halliday 1916.
  15. "Greek". Ethnologue (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2020. 
  16. Peter, Mackridge (1985). The modern Greek language : a descriptive analysis of standard modern Greek. Oxford [Oxfordshire]: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-815770-0. OCLC 11134463. 
  17. Browning 1983.
  18. Alexiou 1982, p. 161.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  NODES
chat 1
HOME 1
innovation 1
Intern 3
iOS 5
languages 9
mac 9
multimedia 1
os 125
text 5
todo 1