O punjabi[2] (nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Punjab) e no Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.

Punjabi
ਪੰਜਾਬੀ ou پنجابی
Pronuncia:pañjābī, panjābī
Falado en: Paquistán, India, e noutros países con inmigrantes punjabis.
Rexións: Punjab
Total de falantes: 104 millóns (aprox.)
Posición: 10
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Punjabi
Escrita: Gurmukhi, Shahmukhi
Status oficial
Lingua oficial de: Punjab, Haryana, Chandigarh e Delhi.
Regulado por: sen regulador oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: pa
ISO 639-2: pan
ISO 639-3: varios:
pan — Punjabi (xenérico)
pnb — Punjabi (oeste)
pmu — Punjabi (Mirpuri)
lah — Landés
Mapa
Status

O punjabi está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanágari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.

Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O panjabiano é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.

O punjabi actual

editar

Na India, o punjabi é unha das 22 linguas con estatuto oficial da India. É a primeira lingua oficial do Punjab e do Estado do Territorio da Unión (Union Territory State) Chandigar (Chandigarh)) e a segunda lingua oficial de Hariana (Haryana), Estado de Himachal (mal chamado Himachal Pradesh, xa que pradesh quere dicir estado, país) e Delhi. no Paquistán, o punjabi é a lingua provincial do Punjab (Paquistán), a principal provincia paquistaniana.

Entre os escritores modernos en lingua punjabi de nacionalidade paquistaniana, destacan:

Algúns coñecidos poetas modernos do Punjab indio son:

Fonoloxía

editar
Vogais
Anterior Case anterior Central Case posterior Posterior
pechada
semipechada ɪ ʊ
media ə
semiaberta ɛː ɔː
aberta

A lingua punjabi tamén conta con vogais nasalizadas.

Consoantes
Bilabial Labiodental Dental/
Alveolar
Retroflexa Palatal Velar Glotal
Nasal m n ɳ ɲ ŋ
Oclusiva e
africada
xorda p ʈ ʧ k
aspirada xorda t̪ʰ ʈʰ ʧʰ
sonora b ɖ ʤ g
Fricativa (f) s (z) (ʃ) ɦ
Vibrante ɾ ɽ
Aproximante ʋ l ɭ j

Gramática punjabi

editar

Morfoloxía

editar

Substantivos

editar

O punjabi distingue dous xéneros, dous números, e cinco casos que son o directo, oblicuo, vocativo, ablativo e locativo/instrumental. Os dous últimos casos son basicamente vestixios na lingua actual: o ablativo só aparece no singular, en variación libre co caso oblicuo máis ablativo posposición, e o locativo/instrumental déixase só para expresións adverbiais. É posible facer unha subdivisión entre os substantivos, dividíndoos entre subclases declinables extensibles e inextensibles, cuxo remate característico é para os masculinos en átono e para os femininos .

Adxectivos

editar

Os adxectivos divídense en categorías declinables e indeclinables. As declinables márcanse na súa terminación, para o xénero, número e caso do substantivo que define. En comparación, o número de terminacións dos adxectivos declinables é similar a dos substantivos aínda que máis simplificado

Pl. Sg.
Declin. Masc. Dir. -ā -e
Obl. -e -e, -iā̃
Fem. -ī -īā̃
Indeclin.

Os adxectivos indeclinables son totalmente invariables e poden rematar tanto en consoantes coma vogais (incluíndo ā e ī ). Dir. masc. sing. () é a forma que aparece nos dicionarios.

Adxectivo declinable caṅgā "bo" en caso atributivo
Dir. Obl. Voc. Abl. Loc./
Instr.
Masc. Sg. caṅgā kòṛā caṅge kòṛe caṅge kòṛiā caṅge kòṛiõ (caṅge kòṛe)
Pl. caṅge kòṛe caṅgiā̃ kòṛiā̃ caṅgiā̃ kòṛio
Fem. Sg. caṅgī sakhī caṅgī sakhīe
Pl. caṅgīā̃ sakhīā̃ caṅgīā̃ sakhīo
Dir. Obl. Voc. Abl. Loc./
Instr.
Masc. Sg. caṅgā kàr caṅge kàr caṅge kàrā caṅge kàrõ caṅge kàre
Pl. caṅge kàr caṅgiā̃ kàrā̃ caṅgiā̃ kàro caṅgiā̃ kàrī̃
Fem. Sg. caṅgī gall (caṅgī galle) caṅgī gallõ caṅgī galle
Pl. caṅgīā̃ gallā̃ caṅgīā̃ gallo caṅgīā̃ gallī̃
Adxectivo indeclinable xarāb "malo" en uso atributivo (o son "x" equivale ao "j" castelán)
Dir. Obl. Voc. Abl. Loc./
Instr.
Masc. Sg. xarāb kòṛā xarāb kòṛe xarāb kòṛiā xarāb kòṛiõ (xarāb kòṛe)
Pl. xarāb kòṛe xarāb kòṛiā̃ xarāb kòṛio
Fem. Sg. xarāb sakhī xarāb sakhīe
Pl. xarāb sakhīā̃ xarāb sakhīo
Dir. Obl. Voc. Abl. Loc./
Instr.
Masc. Sg. xarāb kàr xarāb kàrā xarāb kàrõ xarāb kàre
Pl. xarāb kàr xarāb kàrā̃ xarāb kàro xarāb kàrī̃
Fem. Sg. xarāb gall (xarāb galle) xarāb gallõ xarāb galle
Pl. xarāb gallā̃ xarāb gallo xarāb gallī̃
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada punjabi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 2