Lingua susu
A lingua susu (cuxo endónimo é Sosoxi) é a lingua do pobo susu falada en Guinea e Serra Leoa, en África occidental. Forma parte da familia lingüística mandé.
Susu Sosoxi | ||
---|---|---|
Falado en: | Guinea, Serra Leoa, Senegal e Guinea-Bissau | |
Total de falantes: | 1,06 millóns (2001-2006) | |
Familia: | Níxer-congo Mandé Mandé occidental Mandé central Soso–Yalunka Susu | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Guinea (lingua nacional) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | sus | |
ISO 639-3: | sus
| |
Mapa | ||
Status | ||
É unhas das linguas nacionais de Guinea e é falada principalmente na rexión litoral do país.
Historia
editarA lingua foi usada historicamente polos pobos costeiros de Guinea e Serra Leoa como lingua franca. A primeira mostra de literatura en lingua susu foi unha tradución dos sete primeiros capítulos do Evanxeo de Mateu, traducidos por John Godfrey Wilhelm da Church Mission Society. Foi publicada en Londres como "Lingjili Matthew" no ano 1816. J.G. Wilhelm traduciu tamén unha parte considerable do Novo Testamento, mais semella que só unha poucas partes foron finalmente publicadas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Portions of the Book of Common Prayer in Susu and English 1861 translation (en inglés)
- PanAfrican L10n page on Susu (en inglés)
- Susu alphabet and phonology Arquivado 07 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Peace Corps Susu language manual (en inglés)