A lingua tumbuka é unha lingua bantú que se fala na Rexión Norte de Malaui e tamén no distrito Lundazi de Zambia.[2] Tamén é coñecida como chiTumbuka ou ciTumbuka — o prefixo chi- diante de Tumbuka significa "a lingua de", e enténdese que se refire á lingua do pobo tumbuka. O tumbuka pertence ó mesmo grupo de linguas que o chewa e o sena.[3]

Tumbuka
chiTumbuka
Falado en: Tanzania Zambia e Malaui
Total de falantes: 2 600 000 (2006-2010)
Familia:
 Atlántico-congolesa
  Benue–congolesa
   Bantoide meridional
    Bantú
     Tumbuka
Códigos de lingua
ISO 639-1: tum
ISO 639-2: tum
ISO 639-3: tum
Mapa
Status

O tumbuka está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O World Almanac (1998) estima que hai arredor de 2 000 000 de falantes de tumbuka, malia que outras fontes suxiren un número máis cativo. A maioría dos falantes de tumbuka concéntranse en Malaui.[2] O tumbuka é a lingua máis amplamente falada do Norte de Malaui, destacando os distritos Rumphi, Mzuzu e Mzimba.[4]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Michigan State University African Studies Center information page Arquivado 23 de novembro de 2015 en Wayback Machine..
  3. Kiso (2012), pp.21ff.
  4. University of Malawi (2006) Language Mapping Survey for Northern Malawi.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Chase, Robert (2004). "A Comparison of Demonstratives in the Karonga and Henga Dialects of Tumbuka". Undergraduate paper. Amherst: Dept. of Linguistics, Univ. of Massachusetts.
  • Downing, Laura J. (2006). "The Prosody and Syntax of Focus in Chitumbuka". ZAS Papers in Linguistics 43, 55-79.
  • Downing, Laura J. (2008). "Focus and prominence in Chichewa, Chitumbuka and Durban Zulu". ZAS Papers in Linguistics 49, 47-65.
  NODES
todo 1