Lingua tupí
O tupí antigo ou tupí clásico[1][2] é unha lingua da familia tupí que foi falada polos nativos tupís do Brasil, maioritariamente os que vivían preto do mar. Pertence á familia tupí–guaraní, e ten unha historia escrita que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. No período colonial o tupí foi empregado como lingua franca polos europeos así como polos amerindios e tivo uso literario, mais foi posteriormente suprimido até a extinción, deixando só unha lingua moderna descendente cun significativo número de falantes, o nheengatu.
Tupí Tupinambá | ||
---|---|---|
Falado en: | Brasil | |
Extinción: | Século XVIII (sobrevive como nheengatu) | |
Familia: | Americana Tupí Tupí-guaraní Tupí | |
Escrita: | latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | varios:tpw — Lingua tupítpn — Lingua tupinambáyrl — Lingua nheengatutpk — Lingua tupiniquim
| |
Mapa | ||
Status | ||
Os nomes tupí antigo ou tupí clásico son termos empregados polos estudosos modernos, mais os falantes nativos chamárono ñeengatú "a lingua boa", ñeendyba "lingua común", abáñeenga "lingua humana", ou "lingua xeral" e "lingua brasileira".
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tupí.
- ↑ Definición de tupí no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.