Lisboa

capital e maior cidade de Portugal

Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.

Modelo:Xeografía políticaLisboa
Imaxe

Localización
Mapa
 38°42′29″N 9°08′20″O / 38.708042, -9.139016
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Ajuda (pt) Traducir
Alcântara
Alvalade Editar o valor en Wikidata../... 24+
Poboación
Poboación545.923 (2021) Editar o valor en Wikidata (5.456,5 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie100,05 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Texo Editar o valor en Wikidata
Altitude100 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
25 de outubro de 1147Toma de Lisboa
3 de setembro de 1384 (Gregoriano)Cerco de Lisboa (1384) (pt) Traducir
26 de xaneiro de 1531Sismo de Lisboa de 1531 (pt) Traducir
1 de novembro de 1755Terremoto de Lisboa de 1755
31 de marzo de 1761Sismo de Lisboa de 1761 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónAntón de Padua Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataCarlos Moedas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCâmara Municipal de Lisboa (pt) Traducir , (Escano: 17) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal1000–1900 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
San Francisco
Dili
Zagreb (1977–) Editar o valor en Wikidata../... 27+

Páxina webcm-lisboa.pt Editar o valor en Wikidata
Facebook: camaradelisboa Twitter: CamaraLisboa Instagram: camara_municipal_lisboa BNE: XX451184 Editar o valor en Wikidata

A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.

Monumentos

editar

Como monumentos e temas de interese turístico destacan, na Lisboa medieval:

Da cidade da época dos descubrimentos podemos ver hoxe na zona de Belém, dúas construcións clasificadas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade:

Do comezo do século XVIII o monumento máis significativo é o Acueduto das Augas Livres. Despois do terremoto de 1755, no plano en grella aprobado polo Marqués de Pombal (Baixa Pombalina) para a zona central da cidade, construíronse as prazas do Comercio, xunto ao Texo, e maila praza do Rossio.

Nas proximidades e con interese histórico ou artístico están aínda a Praza dos Restauradores e o Elevador de Santa Justa, proxectado a fins do século XIX por Mesnier du Ponsard, un discípulo de Eiffel.

Tamén destacan os pazos reais das Necesidades e da Axuda, na parte Oeste da cidade.

A fins do século XIX os planos urbanísticos permitiron estender a cidade alén da Baixa para o val da actual Avenida da Liberdade. En 1934 é construída a Praza Marqués de Pombal, remate superior da avenida. Do século XX sobresaen os extensos planos urbanísticos das Avenidas Novas, da envolvente da Universidade de Lisboa, e da zona dos Olivais, e os máis recentes do Parque das Nacións e da Alta de Lisboa, aínda en construción. Os edificios do fin do século XX máis notábeis en termos de arquitectura inclúen, entre outros, as Torres das Amoreiras (1985, do arquitecto Tomás Taveira, o Centro Cultural de Belém (inaugurado en 1991), a Estación do Oriente (de Santiago Calatrava), a Torre Vasco da Gama e o Oceanario de Lisboa (de Peter Chermayeff), todos de 1998.

Historia

editar

Artigo principal Historia de Lisboa

Foi fundada polos gregos e foille dado o nome de Olissipo (nome supostamente derivado de Ulises). Co paso do tempo o nome foi derivando en Olissipona, Lissapona e finalmente Lisboa. Lisboa foi tomada no século VIII polos árabes provenientes do norte de África, e reconquistada polo primeiro rei de Portugal, Afonso Henriques no século XII. De Lisboa partiron numerosas expedicións na época dos Descubrimentos (ss. XV-XVII). Foi destruída o 1 de novembro de 1755 por un gran terremoto, e reconstruída segundo os planos trazados polo Marqués de Pombal (de aí que a parte central se coñeza como Baixa Pombalina).

Como monumentos e tópicos de interese turístico destacan o Castelo de San Xurxo, no outeiro máis alto do centro da cidade, a Praça do Comércio, o Mosteiro dos Jerónimos e Torre de Belém e o barrio que sobreviviu ó terremoto, chamado Alfama. A música tradicional de Lisboa é o fado, canción nostálxica acompañada pola guitarra portuguesa.

En Lisboa ocorreron a revolta republicana do 4 e 5 de novembro de 1910 e a Revolución dos cravos do 25 de abril de 1974.

Xeografía

editar
  Datos climáticos de Lisboa
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 22,6 24,8 29,4 32,2 34,8 41,5 40,6 41,8 37,3 32,6 25,3 23,2
41,8
Temperatura máxima media (°C) 14,8 16,2 18,8 19,8 22,1 25,7 27,9 28,3 26,5 22,5 18,2 15,3
21,5
Temperatura media diaria (°C) 11,6 12,7 14,9 15,9 18,0 21,2 23,1 23,5 22,1 18,8 15,0 12,4
17,5
Temperatura mínima media (°C) 8,3 9,1 11,0 11,9 13,9 16,6 18,2 18,6 17,6 15,1 11,8 9,4
13,5
Temperatura mínima absoluta (°C) 1,0 1,2 0,2 5,5 6,8 10,4 14,1 14,7 12,1 9,2 4,3 2,1
0,2
Precipitacións (mm) 99,9 84,9 53,2 68,1 53,6 15,9 4,2 6,2 32,9 100,8 127,6 126,7
774,0
Días de choiva medios (≥ 0.1 mm) 15 15 13 12 8 5 2 2 6 11 14 14
117
Horas de sol 142,6 156,5 207,7 234,0 291.4 303,0 353,4 344,1 261,0 213,9 156,0 142,6
2806,3
Fonte: Instituto de Meteorologia (1981-2010) e Hong Kong observatory

Economía

editar

Transportes

editar

Está ligada á outra beira do Texo por dúas pontes: a ponte 25 de Abril, no sur, inaugurada o 6 de agosto de 1966, que liga Lisboa e Almada e a ponte Vasco da Gama, inaugurada en maio de 1998, que liga o nordeste da capital (zona do Oriente e Sacavém) coa cidade de Montijo.

O aeroporto de Lisboa (aeroporto da Portela) localízase a 7 km do centro, na zona nordeste da cidade. Aprobouse no 2005 a construción dun novo aeroporto na zona da Ota, a 40 km ao norte da cidade.

O porto de Lisboa é destino de numerosos cruceiros e un dos principais portos turísticos europeos.

 
Vista panorámica de Lisboa e ponte 25 de Abril dende Cristo-Rei.
 
Vista da Ponte Vasco da Gama.
 
Vista do río Texo.

Galería de imaxes

editar


  1. Instituto Nacional de Estatística, ed. (2011). "Estatísticas oficiais". 
  2. Censo 2011 do Instituto Nacional de Estatística[1]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
  Anveres
 
Capital Europea da cultura

1994
Sucesor:
  Luxemburgo
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
orte 6
see 1
Todos 1