Liv Ullmann
Liv Johanne Ullmann, nada o 16 de decembro de 1938, é unha actriz e directora de cine norueguesa, actuou en nove filmes de Ingmar Bergman, con quen tivo unha filla, a escritora norueguesa Linn Ullmann.
Traxectoria
editarNaceu en Toquio, onde o seu pai traballaba como enxeñeiro, e medrou en Trondheim. Comezou actuando en Noruega no teatro. O seu traballo con Bergman, en especial Scener ur ett äktenskap, convertérona nunha icona cultural e do feminismo e nunha das actrices máis recoñecidas do seu tempo.
Filmografía parcial
editar- 1957 - Fjols til fjells de Edith Carlmar
- 1959 - Ung flukt de Edith Carlmar
- 1966 - Persona
- 1971 - Utvandrarna
- 1972 - Nybyggarna
- 1973 – Scener ur ett äktenskap (TV)
- 1973 - Viskningar och rop
- 1974 - Abdicación
- 1976 - Cara a cara
- 1978 - Höstsonaten
- 1988 - La amiga
- 1992 - Sofie (directora)
- 1995 - Kristin Lavransdatter (directora)
- 1994 - Drömspel
- 1994 - Zorn
- 1996 – Enskilda samtal (TV) (directora)
- 1999 - Trolösa
- 2003 – Saraband (TV)
- 2012 - Zwei Leben
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liv Ullmann |