Lois IV de Francia

rei de Francia

Lois IV[1] ou Luís IV, chamado de Ultramar (en francés: d'Outremer ; en latín: Transmarinus), nado en Laon o 10 de setembro de 921 e finado en Reims o 10 de setembro de 954, foi rei de Francia (Francia Occidentalis) do 936 ao 954. Membro da dinastía carolinxia, era fillo de Carlos III o Simple e de Eadgifu de Wessex, filla de Eduardo o Vello, rei dos anglosaxóns (Wessex).

Modelo:BiografíaLois IV de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis IV d'Outremer Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementosetembro de 920 Editar o valor en Wikidata
Laon, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 954 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Reims, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Saint-Remi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca da Francia Occidental
19 de xuño de 936 – 10 de setembro de 954
← Raúl I de FranciaLotario I de Francia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos francos (936–954) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Carolinxia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGerberga da Saxônia (939 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosLotario I de Francia, Matilde de Francia, Prince Charles des Francs, Carlos da Baixa Lorena Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos III de Francia Editar o valor en Wikidata  e Eadgifu de Wessex Editar o valor en Wikidata
IrmánsGisela de Francia
Hildegarde of France Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
24 de xuño de 936coroación Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Carolingian-92 Find a Grave: 6240881 Editar o valor en Wikidata
Luís IV de Francia

Traxectoria

editar

Tiña só dous anos cando os nobres derrocaron ao seu pai para instaurar a Roberto I. Cando tiña tres anos, Roberto morreu e foi substituído por Raúl, duque de Borgoña. Un aliado de Raúl, tamén carolinxio, o conde Heriberto II de Vermandois, secuestrou a Carlos con traizón e a nai do neno Luís levouno a Ultramar, á Gran Bretaña, onde estaría seguro por un tempo.

Carlos morreu en 929, pero Raúl I reinou ata o 936, cando morreu sen descendencia[2], cando Luís, regresado a Francia, foi aclamado polos nobres, especialmente Hugo o Grande, que probabelmente organizou o seu regreso para evitar que Heriberto II ou o irmán de Rodolfo, Hugo o Negro, ocupasen o trono. Foi coroado en Laon por Artaldo, arcebispo de Reims, o domingo 19 de xuño de 936. Aínda que a súa soberanía se limitaba, na práctica, á cidade de Laon e a algunhas localidades do norte de Francia, Luís demostrou unha agudeza superior á súa idade cando logrou o recoñecemento da súa autoridade por parte dos nobres. Porén, o seu reinado estivo marcado por conflitos, especialmente con Hugo o Grande, o conde de París.

En 939 Luís estivo involucrado na loita contra o emperador Otón o Grande sobre o Ducado de Lorena. Pouco despois, con todo, había casar coa irmá de Otón, Xerberga de Saxonia (914-984). Tiveron dous fillos e unha filla: Lotario, que o sucedeu; Carlos, duque de Baixa Lorena, e Matilda, que casou con Conrado, rei de Borgoña.

O restablecemento da lexitimidade carolinxia que significou o seu acceso ao trono levou a refacer algúns vínculos entre a monarquía franca e a maioría dos condados cataláns e, dun xeito moi especial, cos mosteiros emerxentes, que buscaban consolidarse cos seus preceptos. Así, o conde Wilfredo II de Besalú debía renderlle homenaxe en 952, e o abade Hildesindo de Sant Pere de Rodes obtivo o último dos preceptos que ditou para Cataluña, no 953.

Luís IV morreu ao caer do seu cabalo en 954 en Reims e está enterrado na basílica de Saint Rémi desta cidade.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 
  2. Bien connaître les généalogies des rois de France (en francès). Editions Jean-paul Gisserot. 1996. ISBN 2877472086. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
HOME 1
multimedia 1
os 35
todo 2