Los Angeles Memorial Coliseum
O Los Angeles Memorial Coliseum é un estadio deportivo situado na veciñanza de Exposition Park da cidade dos Ánxeles (California). O recinto serve como estadio local do equipo de fútbol americano da Universidade de Southern California (USC), os Trojans, e temporalmente dos Los Angeles Rams da National Football League (NFL). O estadio xa fora sede dos Rams entre 1946 e 1979, antes da marcha do equipo a Anaheim. O recinto conta capacidade para 93.607 espectadores, facéndoo o estadio que pode albergar un maior número de espectadores da Pac-12 Conference da NCAA.
Los Angeles Memorial Coliseum | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 34°00′51″N 118°17′16″O / 34.014167, -118.287778 |
Localización | Os Ánxeles (Estados Unidos) |
Alcume | The Grand Old Lady |
Construción | |
Construción | 21 de decembro de 1921 |
Inauguración | 1 de maio de 1923 |
Renovación | 1930, 1964, 1977-78, 1983, 1993, 1995, 2011, 2017-2019 |
Arquitecto | John e Donald Parkinson |
Custo | $954.872,98 |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 115 × 75 yd / 105 × 69 |
Capacidade | 77.500 |
Propietario | Estado de California Condado dos Ánxeles Cidade dos Ánxeles |
Operadora | University of Southern California |
Localía | USC Trojans (NCAA) |
Web | https://www.lacoliseum.com/ |
Eventos | |
Xogos Olímpicos de 1932 Super Bowl I (1967) Super Bowl VII (1973) Xogos Olímpicos de 1984 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO Memorial Coliseum, comezado a construír o 21 de decembro de 1921 e inaugurado o 1 de maio de 1923, foi o primeiro estadio en albergar dúas edicións dos Xogos Olímpicos, os de 1932 e 1984 celebrados nos Ánxeles, acollendo as cerimonias de apertura e clausura e as probas de atletismo.[1] Ademais, é candidato a albergar os xogos de 2024.[2] Tamén foi o escenario de dúas Super Bowls, a primeira da historia en 1967, gañada polos Green Bay Packers aos Kansas City Chiefs (35−10), e a sétima en 1973, onde gañaron os Miami Dolphins aos Washington Redskins (14−7).[3]
O Coliseum tamén foi o fogar de varios equipos profesionais de fútbol americano e béisbol: Os Dodgers entre 1958 e 1961 (campións da MLB en 1959), os Rams entre 1946 e 1979 e a partir de 2016 (campións da NFL en 1951), os Chargers en 1960, e os Raiders entre 1982 e 1994 (campións da NFL en 1984). En 2016 os Rams volverán a xogar no Coliseum mentrés se constrúe o novo estadio da franquía. Dende 1923 até a actualidade no estadio xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol americano da Universidade do Sur de California, o USC Trojans, once veces campión nacional da NCAA. Entre 1933 e 1981 tamén foi o fogar do máximo rival do USC Trojans, o UCLA Bruins, que dende 1982 xoga no Rose Bowl de Pasadena.
Notas
editar- ↑ [1]
- ↑ "Los Angeles 2024 Olympic Bid". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2017.
- ↑ NFL History - Super Bowl Winners