Luís Aguirre del Río
Luís Aguirre del Río, nado en Lestrobe (Dodro) o 3 de febreiro de 1839[1] e finado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1866,[2] foi un poeta en castelán[3] e compositor de zarzuela galego.[4][5]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1839 Lestrobe, España |
Morte | 1 de febreiro de 1866 (26 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, compositor |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parentes | Sixto Aguirre, sobriño |
Traxectoria
editarA súa etapa escolar desenvolveuse en Rianxo, residencia dos seus avós paternos, ata o ano 1853, momento no que se traslada a Santiago para inicia-los estudos secundarios.[7] No ano 1860 graduouse como bacharel en artes e matriculouse en Filosofía e en Dereito.[4] Enfermou durante a súa estadía en Madrid e morreu en Santiago no ano 1866.
Escribiu o Diccionario del dialecto gallego, o primeiro dicionario bilingüe galego-castelán.[8][9][10] Suponse que o escribiu mentres estudaba en Santiago de Compostela e sábese que está datado en 1858. En 1862 foi a Madrid, onde contou coa protección de Nicomedes Pastor Díaz e entregou o orixinal do seu dicionario no xornal El Alba Católica, que nunca chegou a publicalo, aínda que no ano seguinte se anunciase nun xornal galego a intención do prelo do xornal de publicalo por entregas. O dicionario, que inclúe unhas 8 000 palabras, non foi publicado até o ano 2007, cando foi editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, baixo a preparación da filóloga e profesora Carme Hermida.[8][11][12]
Como poeta publicou a peza Himno escolar (1859) e mais o poema "Ámame" no Álbum de la Caridad (1862).[13]
Notas
editar- ↑ Abuín de Tembra & Cortizo Sóñora 2007, p. 18
- ↑ Abuín de Tembra & Cortizo Sóñora 2007, p. 26
- ↑ "Recuperan a figura do poeta lestrobeño do XIX Luis Aguirre del Río". El Correo Gallego. 11 de outubro de 2007. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 Hermida Gulías, Carme (2008). "Un novo dicionario. A contribución de Aguirre del Río á lexicografía galega do século XIX" (PDF). Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Universidade de Santiago de Compostela. pp. 123–138. ISBN 978-84-9750-910-7. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ "O primeiro dicionario galego". El Correo Gallego. 1 de abril de 2008. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos. Galiciana. Biblioteca de Galicia. pp. 351–354. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Abuín de Tembra & Cortizo Sóñora 2007, p. 19
- ↑ 8,0 8,1 Dopico, M. (2 de abril de 2008). "A historia reescrita". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Fraga, Xesús (21 de febreiro de 2003). "A Real Academia recupera o primeiro diccionario coñecido galego-castelán". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Lorenzo Baleirón, Manuel (2008). Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga (PDF). Concello de Dodro. pp. 169–170.
- ↑ "Editan 'O Diccionario del Dialecto Gallego de Luis Aguirre del Río'". El Correo Gallego. 23 de febreiro de 2008. Consultado o 3 de setembro de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ Pino, Concha (2 de abril de 2008). "Publicado o primeiro dicionario de lingua galega, inédito dende 1858". La Voz de Galicia. Consultado o 6 de setembro de 2024.
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "AGUIRRE DEL RÍO, Luis". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 18.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hermida Gulías, Carmen, ed. (2007). O Diccionario del dialecto gallego de Luís Aguirre del Río. Madrid: CSIC e IEGPS. ISBN 978-84-00-08609-1.
- Abuín de Tembra, Avelino; Cortizo Sóñora, Justo, eds. (2007). Luís Aguirre. Poesía completa. Vilarnovo de Ideas e Realidades. Santa Comba: TresCtres. ISBN 978-84-935562-6-6.