Luciana Aymar
Luciana Paula Aymar, nada en Rosario o 10 de agosto de 1977 é unha ex xogadora arxentina de hóckey sobre herba.[1]
(2018) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Luciana Paula Aymar 10 de agosto de 1977 (47 anos) Rosario, Arxentina | ||||||||||||||||
Altura | 172 cm | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de hóckey, modelo | ||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre herba | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | hóckey sobre herba | ||||||||||||||||
Posición de xogo | Atacante | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 | ||||||||||||||||
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 | ||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||||||||||||
É a única xogadora da historia que recibiu oito veces o premio da FIH á mellor xogadora do ano,[2] e está considerada a mellor xogadora de hóckey de todos os tempos.[3][4][5]
Aymar é coñecida pola súa capacidade de superar as rivais empregando mediante cambios e releos. Por este motivo recibiu os alcumes de "La Maga" ("A maga") e "A Maradona do hóckey sobre herba". Foi a abandeirada da Arxentina nos Xogos Olímpicos de 2012, sendo a segunda xogadora deste deporte que o fai, despois de Marcelo Garraffo.
Traxectoria
editarAymar comezou a xogar aos sete anos no Club Atlético Fisherton de Rosario. Seis anos despois cambiouse ao Jockey Club de Rosario. Gradualmente comezou a adestrar coa selección nacional júnior, para o que viaxaba todos os días a Buenos Aires. Na súa carreira internacional xogou no Rot Weiss Köln de Alemaña e no Real Club de Polo de España. No seu país, xogou no Quilmes Atlético Club e no GEBA, co que gañou a Liga Nacional e o Torneo Metropolitano. En 1997 formou parte da selección júnior da Arxentina que gañou o campionato júnior dos Xogos Panamericanos e a medalla de bronce na Copa do Mundo de Hóckey júnior. O ano seguinte debutou coa selección absoluta, acabando cuartas na Copa do Mundo.
Aymar pertence á xeración de xogadoras arxentinas que gañou varios torneos internacionais a partir dos Xogos Panamericanos de 1999, incluíndo catro medallas olímpicas e seis Trofeos de Campioas. Foi membro dos equipos que gañaron as Copas do Mundo de 2002 e 2010, a última delas na súa cidade natal de Rosario.
En 2008 foi declarada "Lenda do Hóckey" pola International Hockey Federation.
Xogou o seu último partido internacional coa Arxentina o 7 de decembro de 2014 en Mendoza, onde gañou o seu sexto Trofeo de Campioas.
Clubs
editarClub | País | Anos |
---|---|---|
Rot-Weiss Köln | Alemaña | 1998 |
Real Club de Polo | España | 1999 |
Quilmes | Arxentina | 2000 - 2007 |
Gimnasia y Esgrima | Arxentina | 2007 - 2011 |
Notas
editar- ↑ "Lucha Aymar Bio, Stats, and Results - Olympics at Sports-Reference.com". Arquivado dende o orixinal o 17-04-2020. Consultado o 5-12-2014.
- ↑ "Amazing Aymar lands eighth FIH Player of the Year crown". 8-12-2013. Consultado o 8-12-2013.
- ↑ Redacción (14 de novembro de 2010). "Luciana Aymar, otra vez la reina del planeta". canchallena.com (en castelán). Archived from the original on 14 de novembro de 2010. Consultado o 18 de novembro de 2010.
- ↑ "Top 10 greatest fild hockey players". The Telegraph (en inglés).
- ↑ "Luciana Aymar, the all time greatest hockey player..." (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luciana Aymar |